Tema 8 (Parte 1): Mesoportamia [1ºESO, Galego]
Mateo Martínez Torres
Created on March 8, 2022
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
PROMOTING ACADEMIC INTEGRITY
Presentation
HISTORY OF THE CIRCUS
Presentation
AGRICULTURE DATA
Presentation
LAS ESPECIES ANIMALES MÁS AMENAZADAS
Presentation
WATER PRESERVATION
Presentation
BIDEN’S CABINET
Presentation
YURI GAGARIN IN DENMARK
Presentation
Transcript
tema 5
MESOPOTAMIA
Canción: Mirage Theme. Assassin's Creed Mirage. 2023
3. ARTE de MESOPOTAMIA
2. Os pobos que dominaron mesopotamia
índice
1. Xeografía e economía en mesopotamia
Mesopotamia era un territorio árido e desértico pero estaba bañado por dous ríos moi caudalosos: Tigris e Éufrates. Estos ríos eran de caudal irregular, provocaban riadas e inundacións e formaban zonas pantanosas moi fértiles.
índice
O Crecente Fértil é unha parte da rexión de Oriente Próximo que ocupa un espazo en forma de lúa crecente entre Mesopotamia e Exipto.
O Crecente fértil
índice
A INVENCIÓN DA ESCRITURA
A invención da escritura supuxo a aparición dun novo elemento de comunicación. Permitía que os documentos permanecesen no tempo. A súa aparición é fundamental, pois marca a división entre a Prehistoria e a Historia.A invención da escritura supuxo a aparición dun novo elemento de comunicación. Permitía que os documentos permanecesen no tempo. A súa aparición é fundamental, pois marca a división entre a Prehistoria e a Historia.
1. Xeografía e economía en mesopotamia
índice
A A palabra Mesopotamia significa "terra entre ríos": meso (entre) e potamos (ríos). O seu nome provén da súa ubicación. Atópase entre os ríos Tigris e Éufrates, en Oriente Medio, a zona que na actualidade ocupan países como Irán ou Irak. Nesta zona tamén comezara o Neolítico xa que a fertilidade da terra permitira o desenvolvemento da agricultura.
mesopotamia
LIÑA TEMPORAL DE MESOPOTAMIA
mapa
A fertilidade do espazo mesopotámico explica que fosen numerosos os pobos que nel se asentaron. Nunhas épocas, pequenas cidades-estado controlaban o territorio. Noutras, estas foron dominadas e integradas nos grandes imperios que conquistaban a zona.
Imperio Persa
Imperio Asirio
Imperio Babilónico
Imperio Acadio
Sumerios
330 a.C.
1300 a.C.
540 a.C.
1.800 a.C.
índice
2.300 a.C.
3.500 a.C.
Vista do Río Éufrates (Iraq). Rodeado de territorio desértico, a ribeira do río contrasta pola súa enorme fertilidade, permitindo unha intensa explotación agrícola.
índice
a construción de canais de auga
Os diferentes pobos mesopotámicos construiron canais de auga no territorio. Estas obras permitían o control das fortes crecidas dos ríos e impulsaban a agricultura de regadío, con elevados rendementos que permitiron o aumento da poboación
Artesanía
Comercio
Gandaría
Agricultura
índice
aS BASES DA ECONOMÍA MESOPOTÁMICA
O crecemento das culturas de Mesopotamia foi posible grazas ao desenvolvemento dunha economía en crecemento baseada na agricultura. As actividades económicas principais eran:
UR
índice
URUK
Unha sociedade urbana
Con todas esas condicións, en Mesopotamia desenvolveuse unha sociedade urbana caracterizada polo aumento do número de cidades. Nalgunhas delas, como Ur ou Uruk, desenvolveuse unha nova cultura urbana na que naceu a escritura.
Nos vales fértiles de Mesopotamia asentáronse unha serie de comunidades que desenvolveron unha intensa agricultura. Pouco a pouco, as pequenas aldeas viron como aumentaba a poboación e se transformaban en cidades. As persoas especializábanse en oficios e aparecían as primeiras desigualdades. Así, Mesopotamia foi ocupada por diversos pobos que se sucederonno tempo
A zona comprendida entre os ríos Tigris e Éufrates recibe o nome de Mesopotamia. Do grego meso (en medio de) e pótamos (río): é dicir, terra entre ríos. Desde o IV Milenio a.C., o territorio foi dominado por varios reinos que deron lugar a culturas diferentes, pero con características comúns.
Estado: Territorio habitado por unha comunidade humana, delimitado por unhas fronteiras que o diferencian das comunidades veciñas, e gobernado por unhas autoridades políticas que exercen a súa función entodo o territorio.
Os grupos sociais que lograran facerse co control da sociedade nos tempos do Neolítico, impuxeron as súas normas a través da organización do Estado. Este estaba presidio por un poder forte, o monarca, que controla o territorio e a poboación. En moitas ocasións, a forma de goberno era unha teocracia. Unha palabra que deriva do grego: theos (deus) e cracia (goberno). Así, o monarca exercía un poder absoluto por considerarse representante da divinidade na terra.
A aparición do estado
Polo xeral, os monarcas dirixían persoalmente os exércitos e gardaban para si boa parte do botín de guerra. Entre os funcionarios destacan os escribas, encargados de fixar por escrito todo tipo de documentación pública e privada.
Imperio: Estado rexido por un monarca con titulo de emperador (rei de reis). É un estado que domina territorios e estados veciños.
Para poder gobernar, o monarca precisaba contar con funcionarios para a administración e un exército para defender como para expandir as fronteiras do seu reino.
A administración do estado
2. os pobos que dominaron mesopotamia
Escravos
Artesáns, mercaderes e campesiños
Nobres e sacerdotes
Reis
Unha socidade xerarquizada
índice
A sociedade mesopotámica era extremadamente desigual. Os reis e sacerdotes acaparaban todo o poder mentres a maioría da poboación (campesiños, artesáns e escravos) vivía na miseria. Así, podemos falar dunha sociedade xerarquizada cunha estrutura piramidal.
Asurbanipal (Asirio)
Naram-Sin (Acadio)
Gudea de Lagash (Sumerio)
O poder dos reis mesopotámicos
índice
Os gobernantes de Mesopotamia foron reis poderosos. Os monarcas eran representantes dos deuses na terra pero, a diferencia de Exipto, non eran considerados deuses en si mesmos. Ademais, estas monarquías eran herditarias, é dicir, pasaban de pais a fillos.
Dentro deste grupo cabe resaltar a importancia dos escribas. Eran das poucas persoas non analfabetas, é dicir, sabían ler e escribir polo que estaban encargados de levar as contas do Estado.
Nobres e sacerdotes
Os nobres e sacerdotes tiñan unha grande influencia sobre a política do estado. Moitos pertencían á familia real e ocupaban cargos importantes no exército, na administración e no sacerdocio.
índice
Artesáns, mercaderes e campesiños
Os artesáns, mercaderes e campesiños acostumaban a vivir nas cidades, arredor dos palacios e dos templos.1) Os artesáns traballaban nas cidades elaborando produtos de luxo mentres que os mercaderes tiñan unha boa posición na sociedade.2) Os campesiños, en cambio, vivían no mundo rural traballando a terra. Ademais, participaban nas grandes construcións impulsadas polo Estado como templos, palacios ou canais de auga.
índice
Os escravos
Como na maioría de civilizacións do mundo antigo, a escravitude era un dos piares da sociedade mesopotámica. Os escravos adoitaban ser prisioneiros de guerra ou persoas que se vían obrigadas a escravizarse para saldar as súas débedas.
índice
O Estandarte de Ur é un dos mellores exemplos da arte mesopotámica. É unha caixa de madeira que, segundo se cre, parece celebrar unha vitoria militar. As súas figuras amosan moitos dos grupos da xerarquizada sociedade mesopotámica. Se pulsas aquí podes velo con maior detalle.
Cara ao IV Milenio a.C., as aldeas agrícolas de Mesopotamia comezaron a medrar ata converterse nas primeiras cidades-estado do mundo. Estas, en pouco tempo, pasaron a ser extensos imperios
5. Imperio Persa
4. Imperio Babilónico
3. Imperio Asirio
2. Imperio Acadio
1. Cidades-estado sumerias
índice
DE CIDADES A IMPERIOS
A escritura e as leis
A administración das cidades-estado xerou a necesidade de anotar as contas (producción agrícola, impostos) e deixar constancia das leis. Estos dous motivos explican en Sumeria apereceran por primeira vez a escritura.
O poder dos caudillos militares
O poder político estado estaba en mans de caudillos que controlaban as cidades. Estas figuras, que acutaban como auténticos reis, dispoñían dun exército para controlar o territorio e dun corpo de funcionarios que se ocupaba das tarefas administrativas.
Algunhas destas cidades-estado enfrontáronse entre si, conquistando territorios ata formar auténticos imperios que controlaban amplos dominios.
As primeiras cidades-estado de Mesopotamia xurdiron en Sumeria. Así, non podemos falar dun imperio ou reino sumerio, senón que cada cidade contaría con gobernantes e deuses propios. As características destas cidades estados eran:
índice
As cidades estado de sumeria
Durante o Imperio Babilónico, o rei Hammurabi ordenou recompilar as leis existentes e fixalas por escrito no que se considera a primeira compilación de leis da Historia. É o chamado Código de Hammurabi, redactado arredor do 1750 a.C., está baseado na denominada lei do talión.- Se un señor rebenta un ollo a outro señor, rebentaráselle o seu ollo.- Se un fillo pega ao seu pai, cortaráselle a man.- Se un señor golpea a outro e desprende un dente, este recibirá un golpe e perderá un dos seus dentes.
As leis divinas por escrito
índice
A aparición da escritura facilitou a fixación de leis por escrito. As leis eran consideradas de orixe divina, é dicir, reveladas polos deuses e aplicadas polos caudillos e sacerdotes. Con esta xustificación relixiosa, os grupos poderosos aseguraban o control da sociedade.
Responde ás seguintes preguntas sobre o código de Hammurabi:1) Como se coñecen todas aquelas leis incluídas no código? Que teñen en común?2) Lee o fragmento sobre o código. Por que golpear a outro señor, a un subalterno ou a un escravo recibe diferentes castigos?3) Paréceche xusto o Código de Hammurabi? Que consecuencias pode ter aplicar este tipo de leis?
3. arte e cultura en mesopotamia
Ciencia e coñecemento
Relixión politeísta
Arte mesopotámica
A cultura mesopotámica
Aparición da escritura
índice
A civilización mesopotámica foi unha das máis avanzadas do mundo grazas ao seu desenvolvemento cultural. Entre as súas achegas á cultura universal destacan:
Paso 2
Paso 1
Evolución da escritura
Na escritura cuneiforme escribíanse caracteres cunha cana cortada sobre táboas de arxila. Os símbolos cuneiformes son máis avanzados e aseméllanse a un alfabeto.
A escritura pictográfica componse de debuxos. Por exemplo, para escribir "vaca" debuxaríase a figura dunha vaca. Aos poucos, foi evolucionando e cada debuxo podía representar tamén unha idea. Por exemplo, o debuxo dunha vaca significaría tamén "comida".
Escritura pictográfica
A escritura de Mesopotamia
Escritura cuneiforme
índice
As primeiras formas de escritura xurdiron nas cidades dos sumerios en torno ao ano 3.500 a.C. A súa función inicial era levar as contas do Estado (colleitas, cobro de impostos). Diferenciamos dous tipos de escritura:
No ámbito da literatura, os diferentes poemas que compoñen a Epopea de Gilgamesh son a obra época máis antiga da Historia.
Ciencia e coñecemento
índice
As matemáticas e a astronomía tiveron un gran desenvolvemento na cultura de Mesopotamia. Coñecían o sistema sexadecimal para os seus cálculos e elaboraran un calendario de 12 meses para predecir os crecementos do Tigris e do Éufrates.
Ninhusarg
índice
An / Anu
Shamash
Ishtar
A relixión mesopotámica
A relixión mesopotámica era politeísta, é dicir, con gran número deuses e deusas. Estaban relacionados maioritariamente coa agricultura, por exemplo: a auga, os astros, a terra, a fertilidade, etc. Tiñan apariencia antropomórfica polo que o seu aspecto era humano. A diferenza das relixións actuais, a relixión de Mesopotamia non cría na vida despois da morte senón que as divinidades convivían no mundo terreal.
Relevos
Esculturas
Palacios
índice
Cigurats
A arte mesopotámica
As civilizacións mesopotámicas eran moi complexas, por iso as súas manifestacións artísticas foron moi avanzadas. Diferenciamos catro tipos de manifestacións artísticas:
Unha grande achega da arquitectura mesopotámica foi a invención do arco e da bóveda. Dous deseños que permitiron construir edificios elevados.
Como a zona de Mesopotamia carecía de pedra natural, os cigurats eran construídos en adobe e ladrillo. Non obstante, para embelecer o edificios os muros eran cubertos de láminas de vidro de cores e relevos escultóricos.
índice
Os cigurats
Os cigurats son o tipo de edificio máis coñecido e importante da cultura mesopotámica. Funcionaban como templo para os deuses e como lugares onde realizar rituais relacionados coa bóveda celeste e o firmamento. Eran torres elevadas e graduadas en varios niveis.
Pirámides e cigurats
De todos os edificos mesopotámicos, ao ser a maioría de ladrillo e adobe, os restos conservados son moi escasos. Na imaxe, por exemplo, podes ver os poucos restos do Cigurat de Ur.
índice
Pero, de onde xorde este mito? O historiador grego Herodoto deixou escrito que en Babilonia existira unha torre maciza sobre a que se levantaba outra, e sobre esta oito torres máis. Esta torre era un cigurat. Polo tanto, é moi probable que o mito de Babel se inspirase nos cigurats de Mesopotamia.
¿Era a torre de babel un cigurat?
No Antigo Testamento afírmase que Deus castigou a soberbia da humanidade por querer construir unha torre que alcanzase o ceo: a Torre de Babel. En teoría, o castigo consistiu en impedir que os construtores se entendesen entre eles e abandonasen a idea, xurdindo así as diferentes linguas do mundo.
índice
Os palacios
Os palacios mesopotámicos eran inmensos. Servían como residencia do rei e da súa familia e destacaban polo seu luxo e grandiosidade.
Esculturas de deuses
Esculturas votivas
índice
Estatua de Gudea, rei da cidade de Lagash
A escultura
A escultura de Mesopotamia adoitaba representar figuras de deuses ou gobernantes poderosos. Caracterizábanse por ser hieráticas, é dicir, non amosaban sentimentos. Tamén pola súa rixidez e a súa frontalidade.
Escultura dun Lammasu, unha divinidade protectora típica de Mesopotamia, no Museo Británico
índice
Detalle da Porta de Ishtar. 560 a.C.
Leoa ferida. Relevo do palacio de Nínive
o relevo
Chamamos relevos a aquelas esculturas adosadas a unha parede. Os máis coñecidos eran os relevos asirios, que amosan a figuras moi naturais e escenas bélicas ou de caza.
índice
O Cigurat era o edificio principal dos templos. Unha torre graduada en varios niveis e rematada nun santuario que podía servir como observatorio do firmamento.
Cigurat
Os templos non estaban formados por un só edificio, senón por un conxunto de prazas, habitacións e plataformas ás que se accedía mediante ramplas.
Templos
Os palacios mesopotámicos eran inmensos e organizábanse en torno a un patio. Destacamos o palacio de Persépole e a súa Porta das Nacións
Palacios
Principais edificacións
Nas cidades mesopotámicas destacamos unha serie de tipoloxías construtivas:
Porta de Ishtar (Museo de Pérgamo, Berlín)
índice
O relevo alcanzou un gran desenvolvemento. Pode estar realizado en pedra ou ladrillo, e empregábase para decorar templos e palacios. Os temas máis representados son as batallas, cacerías reais e incluso os Lamasu: touros con ás e cabeza humana que se colocaban nas portas dos palacios a modo de guardiáns.
As esculturas acostuman a reprensetar a reis e a deuses. Están realizadas para ser vistas de fronte, cos brazos pegados ao corpo, moi ríxidos. Prestan escasa atención á anatomía
Escultura e relevo
En segundo lugar, a arte mesopotámica tamén destaca no terreo da escultura e do relevo.
A Estela de Naram-Sin
Inimigos derrotados: Suplican clemencia e piedade a Naram-Sin, quen os pisotea.
Montaña: Representa o punto de unión entre os humanos e os deuses. É o lugar cara onde se dirixe Naram-Sin.
Soldados: Son de menor tamaño e están seguindo ao rei, o seu líder. Portan armas e estandartes.
Naram-Sin: Aparece xerarquizado, é dicir, de maior tamaño que o resto das figuras. Aparece representado con símbolos de poder: coroa e bastón
Soles: Representan aos deuses que miran a victoria do rei.
A Estela de Naram-Sin
Escultura votiva dun home orante. 2700 a.C.
Retratos sumerios do rei Gudea, gobernante da cidade-estado de Lagash.
Nos obradoiros de artesáns elaborábanse produtos de uso básico, como roupa ou manufacturas en madeira, así como outros de luxo como xoias, cerámica ou perfumes.
Artesanía
A cría de animais domésticos como ovellas, carneiros e vacas complementaba á agricultura. Os gandeiros tamén debían entregar parte da súa producións aos reis.
Gandaría
Escultura da deusa Ishtar. 1700 a.C.
Palacio das 100 Columnas en Persépole (Irán)
Un deus, sentado, entrega ao rei Hammurabi o código de leis.
O rei asirio Asurnasirpal cazando leons. 850 a.C. Museo Británico (Londres)
O cultivo da terra era a principal actividade en Mesopotamia. Cereais e verduras eran cultivadas en terras propiedade do Estado, polo que os agricultores estaban obrigados a ceder parte dos produtos cultivados ao rei.
Agricultura
Reconstrucción dun palacio sumerio en Girsu (Iraq)
Os excedentes agrícolas provocados polas boas colleitas empregáronse como intercambio con outras rexións. O Estado controlaba o comercio e recibía impostos a cambio de tramitar a venda dos produtos.
Comercio
Restos arqueolóxicos da cidade de Ur na actualidade