CALENDARIO LITERARIO DE ADVENTO
Alba Monteagudo Gómez
Created on September 28, 2024
Over 30 million people create interactive content in Genially
Check out what others have designed:
ONE MINUTE ON THE INTERNET
Horizontal infographics
SITTING BULL
Horizontal infographics
RUGBY WORLD CUP 2019
Horizontal infographics
GRETA THUNBERG
Horizontal infographics
FIRE FIGHTER
Horizontal infographics
VIOLA DAVIS
Horizontal infographics
LOGOS
Horizontal infographics
Transcript
A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, gústenos ou non, só existe o hoxe e o agora. E por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel -coñecer ao seu escritor favorito-, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxo, tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que talvez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme quebracabezas do que forman parte...
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas.
A través destas cinco historias rocambolescas, descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da aventura. Dirixirse á Lúa nun foguete, descender ao máis profundo da Terra, capitanear dun modo arrebatado o Nautilus ou carreiras a fume de carozo en plena sabana... Con elas Jules Verne dá mostra do seu imaxinario grandioso e vangardista posto ao servizo do lector. Abride este libro e partide de viaxe cos seus heroes! 5 semanas en globo. A volta ao mundo en 80 días. Viaxe á Lúa. Viaxe ao centro da Terra. 20.000 leguas baixo dos mares.
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.
«12 de xuño de 1942. Espero poder confiarcho todo como aínda non o puiden facer con ninguén, e espero que sexas para min un gran apoio.» Tras a invasión de Holanda, a familia Frank ocultouse da Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Anne tiña as súas oficinas. Alí permaneceu recluída desde xuño do 1942 ata agosto de 1944, data en que os seus membros foron detidos e enviados a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o seu aterrador Diario: un testemuño único sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Anne e os seus acompañantes. O presente volume recolle este aterrador relato bela e delicadamente para envorcalo á novela gráfica. Unha nova oportunidade de achegarse a unha historia que xa forma parte de todos nós. «A riqueza, a fama, todo se pode perder, pero a ledicia no corazón como máximo pode velarse, e sempre, mentres vivas, volverá facerte feliz.»
Persépolis cóntanos a revolución islámica iraniana vista desde os ollos dunha nena que asiste atónita ao cambio profundo que experimentan o seu país e a súa familia, mentres ela debe aprender a levar o veo. Intensamente persoal e profundamente político, o relato autobiográfico de Marjane Satrapi examina que significa crecer nun ambiente de guerra e represión política.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Calpurnia, Callie Vee, es una niña que vive en un pueblo de Texas. A pesar de que su madre insiste en que aprenda a tocar el piano, coser y cocinar, ella está más interesada en lo que ocurre tras la puerta cerrada de la biblioteca, o en el laboratorio de su abuelo. Poco a poco irá ganándose a este señor un tanto huraño y empezará a colaborar con el en sus observaciones del medio natural, aprenderá quien es Darwin, que son las especies y las subespecies y tambien lo idiotas que se vuelven los hermanos mayores cuando se enamoran.
O Londres pacífico pero grotesco do rei Jorge III e o París clamoroso e ensanguentado da Revolución Francesa son as dúas cidades sobre cuxo fondo se escribe esta inesquecible historia de intriga apaixonante. Violentas escenas de masas, estalidos de fame e vinganza, espías e conspiradores, heroes fracasados e heroes ao seu pesar mestúranse nunha trama artística e perfecta, chea de sorpresas e maxistralmente elaborada por un Dickens nun dos seus mellores momentos creativos.
O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio. Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente?
Adaptación da obra de H. G. Wells. O século XIX chega ao seu fin e os marcianos prepáranse para invadir e conquistar a Terra. Os temibles extraterrestres teñen unha intelixencia superior á humana, pero por fortuna son tan mortais como nós. Nunha devastadora batalla onde os marcianos demostrarán a súa incrible potencia destrutora, os homes, presenciarán perplexos a fraxilidade da súa existencia na Terra. Mentres, un home tratará de sobrevivir no medio do caos. Esta é a súa historia. Agarrádevos forte e non quitedes ollo ao ceo… Os marcianos poden chegar mañá!
A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren aos habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos. Eva descubre con abraio que o cadáver resulta ser un antropólogo inglés chegado co pretexto de estudar unha antiga seita priscilianista. Vestio condúcenos de sorpresa en abraio polos labirintos máis inextricables da alma humana e das crenzas máis insospeitadas e terribles. Nin das sombras nin dos homes (como con dor e espanto descubre a doutora) pode fiarse o lector. Unha novela de intriga, suspense, pánico e misterio. Unha narración claustrofóbica, labiríntica, aterradora.
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano...
No Pandemonium, a discoteca de moda de Nova York, Clary segue a un atractivo mozo de pelo azul ata que presencia a súa morte a mans de tres novos cubertos de estrañas tatuaxes. Desde esa noite, o seu destino únese ao deses tres cazadores de sombras, guerreiros dedicados a liberar a terra de demos e, sobre todo, ao de Jace, un mozo con aspecto de anxo e tendencia a actuar como un idiota…
Blue Shiva é unha adolescente e influencer nas redes sociais, onde gaña milleiros de seguidores sorteando retos perigosos que ela mesma se impón. Nun deses desafíos, Blue Shiva falece. Fada Escura, a irmá xemelga de Lúa, está namorada de Blue Shiva e, desde hai tempo, sofre unha depresión severa e outros trastornos que a levan á autolesión. Os pais de Fada Escura están desesperados, e Lúa trata de axudar a súa irmá coa colaboración de Gabriel, ex-mozo de Blue Shiva, moi afectado tamén pola morte da adolescente. Pouco a pouco, Gabriel e Lúa namorarán. Para saír do círculo infernal da atención e os likes Gabriel solicita entrar nun misterioso pacto que comandan Minina Bastet e Lady Idunn, dúas antigas compañeiras de Blue Shiva, de personalidade sinistra. Minina Bastet e Lady Idunn someten a Gabriel a dolorosas probas para verificar se vai en serio, xa que desconfían del. Lúa, en colaboración con Fada Escura, asume o reto que levou á morte a Blue Shiva ao tempo que Gabriel fala publicamente sobre a auténtica e desgraciada vida de Blue Shiva e sobre como non paga a pena dedicar a vida ao mundo virtual. Finalmente, Fada Escura recupérase da súa crise e Gabriel e Lúa reinician as súas vidas en universidades próximas.
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.
A nova raíña Marla é a soberana dunha nación resplandeciente. Ahriel, un anxo feminino, está ao seu lado desde que naceu, coa misión de guiala e protexela, e de gardar o equilibrio nos reinos humanos. Pero cando descobre unha conspiración para iniciar unha sanguenta guerra, Ahriel é traizoada e encerrada, coas ás inutilizadas, na espantosa prisión de Gorlian, un mundo primitivo e brutal do que ninguén logrou escapar xamais. Ahriel deberá aprender non só a sobrevivir en Gorlian, senón tamén a ver as cousas desde o punto de vista humano… a nivel de chan.
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión, por mor dunha aposta, os nosos heroes deben percorrer a Galia e regresar cunha especialidade culinaria de cada rexión. Conseguirano?
A enfermidade índigo é unha rara doenza que tingue o corpo humano de cor añil. Esta enfermidade afecta negativamente os ósos dos pacientes e convérteos en zafiro mariño, un mineral cun brillo tan belo que parece conter as profundidades do mar.
Giles e Mollie Ralston están moi ocupados tratando de ultimar os preparativos para os primeiros hóspedes. Acaban de abrir unha pensión nunha mansión antiga que Mollie herdou e só desexan que as primeiras persoas que acollen teñan unha estancia plácida. Pero unha nevada intensa deixa a mansión Monkswell incomunicada e a noticia que lles dá o sarxento Trotter non resulta moi tranquilizadora: os hóspedes da pensión atópanse baixo a ameaza dun asasino.
Nicolau Arís, un rapaz con problemas, un día decide deixar os estudos no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos os dous. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ao remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.
Un cómic que explora a controvertida e contraditoria relación entre humanos e animais. Son mascotas ou gando producido e sacrificado en masa para o noso consumo diario? Onde reside realmente a diferenza? Desde a antigüidade, os humanos tentamos establecer unha distinción que nos diferencie e sitúe nun rango máis elevado con respecto ás demais especies. Con todo, con que podemos xustificar esta relación cos demais animais? Con que criterios categorizamos e distinguimos os diferentes grupos de seres vivos? Onde trazamos a liña divisoria entre os privilexios das persoas e os privilexios dun animal? Que opinións e correntes hai respecto diso, e como evolucionou a ética animal ata hoxe?
Onde empeza a lenda. Na Barcelona de 1980 Óscar Drai soña esperto, cegado polos palacetes modernistas próximos ao internado no que estuda. Nunha das súas escapadas coñece a Marina, que comparte con Óscar a aventura de penetrarse nun enigma doloroso do pasado da cidade. Un misterioso personaxe da posguerra propúxose o maior desafío imaxinable, pero a súa ambición arrastrouno por senllas sinistras cuxas consecuencias debe pagar alguén aínda hoxe. «Quince anos máis tarde, a memoria daquel día volveu a min. Vin a aquel raparigo vagando entre as brumas da estación de Francia e o nome de Marina acendeuse de novo como unha ferida fresca. Todos temos un secreto encerrado baixo chave no ático da alma. Este é o meu.»
Fai miles de anos, un neno chamado Torak vive feliz no bosque, ata o día en que un oso xigante ataca e fere o seu pai. Moribundo, este ordénalle que se dirixa ao Norte para atopar a Montaña do Espírito do Mundo, antes de que apareza no ceo a Lúa do Salgueiro Rojo. Pero Torak só ten doce anos, descoñece que camiño tomar e non pode acudir a ninguén en busca de axuda. Con todo, perseguido polo enorme oso, o neno emprende a viaxe acompañada dun lobezno que atopou á beira dun río. Pronto se unirá a eles Renn, unha nena pertencente ao Clan do Cuervo, e xuntos vivirán emocionantes e perigosas aventuras que poñerán a proba o seu valor, a súa habilidade como cazadores, a súa intelixencia e a súa nacente amizade.