Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ROSCO ADULTOS LETRAS GALEGAS
ALBERTO BLANCO PENEL
Created on May 10, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Comezar
Actualización 1406/22
Canto sabes de...?
LuísaVillalta
Día dasLETRAS GALEGAS
de Maio
17
O Día das Letras Galegas 2024 está dedicado á escritora coruñesa Luísa Villalta. A familia máis próxima lémbraa de nena xogando xunto á Torre de Hércules e outros espazos típicos da cidade, que despois veremos reflectidos na súa poesía.
Día das Letras Galegas
Pero o compromiso de Villalta traspasou as fronteiras da cultura literaria e na súa faceta de columnista vémola defender as causas feministas e sociais, a liberdade creativa e mesmo a nosa natureza. Tras o desastre natural provocado polo petroleiro Prestige nas nosas costas en novembro de 2002, moitos lémbrana á fronte das manifestacións do Nunca Máis.
Dise que escribía a cidade en tinta de mar. É coñecida sobre todo pola súa poesía, pero tivo outras moitas facetas: foi mestra, escribiu teatro, ensaios, novelas, artigos en revistas... e, ademais, tamén foi unha gran música.Con oito anos entrou no conservatorio de música. Alí aprendeu a tocar o violín, algo que lle cambiaría a vida por completo, e é que Villalta pasou á historia coma unha autora que entende a música e a poesía no seu conxunto. Era unha muller moi comprometida e estudosa. Na USC estudou Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa. E xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega viaxou por lugares coma Lisboa ou Viena, tomando como bandeira a súa lingua.
Quen é Luísa Villalta?
Quen é Luísa Villalta?
O seu primeiro poemario, Música reservada, foi publicado por Ediciós Do Castro, unha das principais editoriais da súa época. Este traballo é o inicio dunha longa traxectoria como poeta que culmina con En concreto. Deixou obras coma o ensaio O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral ou As certezas de Ofelia, nas que fai referencia a personaxes das obras de Shakespeare e nas que homenaxea grandes da nosa escrita coma Cunqueiro. Tamén veremos títulos como Papagaio, que denuncia a hipocrisía social ou a novela Teoría de xogos, entre outros.
Luísa Villalta, profesora de Literatura e Lingua, falaba de que a música e a poesía eran dúas partes dun todo. Desde a literatura galega máis antiga, Cantigas de Amigo de Martín Códax, a música estivo unida á poesía. E poñía como exemplo desta fusión, música e poesía, os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro onde, segundo ela, soaban muiñeiras vellas. O 6 de marzo de 2004, mentres durmía, con só 46 anos, morreu Luísa Villalta por unha meninxite fulminante, deixando atrás unha brillante traxectoria que a converteu na protagonista das Letras Galegas 2024.
Xogamos?
Xa coñeces un pouquiño mellor a Luísa Villalta. Comprobamos o aprendido? Preme na frecha seguinte e tenta responder as preguntas deste rosco tan especial dedicado a Luísa Villalta. Cantas respostas acertarás?
audioON
- A
- Cidade na que naceu Luísa Villalta?
- A Coruña, Arcade
- B
- Luísa Villata é moi activa cultural e políticamente, forma parte da Mesa pola Normalización Lingüística e de que partido político galeguista?
- BNG,FRENTE OBRERO
- C
- Como se chaman os poemas visuais, xénero que chegou a practicar Luísa Villata?
- caligramas,calionímidos
- D
- Que outro traballo compatibilizaba coa escrita Luísa Villalta?
- docencia, dramaturxia
- E
- Nome do primeiro grupo musical ao que pertenceu, poñendo voz e instrumento?
- escaino,escolma
- F
- Que carreira estudou na Universidade de Santiago de Compostela?
- Filoloxía,Filosofía
- G
- Que especialidade cursou Luísa Villalta na facultade de Filoloxía?
- Galego-portuguesa, Galego
- H
- Un dos espazos da Coruña arredor do que xogaba é o mesmo que sae decote na súa escrita e que está dedicado a un deus, cal?
- Hércules, Hermes
- I
- Cal é o nome do IES de Sada en que foi docente Luísa Villalta?
- Isaac Díaz Pardo, Isidro Parga Pondal
- L
- Cal é o apelido da fotógrafa coa que fixo un proxecto poético sobre a derrubado barrio do Papagaio?
- Longueira, Lamas
- M
- Cal foi o primeiro libro de poemas publicado por Luísa Villalta?
- Música Reservada, Música Reservábel
- N
- Cal é o nome da antoloxía na que colabora como relatora, en defensa do papel da muller na escrita?
- Narradoras, Narrativas
- Ñ
- Contén o Ñ. Entende o mundo da literatura indivisible da música. Que música di que se escoita na obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro?
- Muiñeira, Moliñeira
- O
- Contén a O. A nai e o pai de Villalta foron quen lle traspasaron o seu amor pola música. Aos espectáculos de que xénero musical asistía desde moi pequena?
- Ópera, Soul
- P
- Villalta viviu unha guerra que hai pouco volveu rexurdir en Oriente Próximo. Xunto con outras autorías creou a "Ofrenda dos poetas galegos a" que estado?
- Palestina, Pakistán
- Q
- Contén o Q. Que escritor galego aparece no título dunha obra dedicada a Don Hamlet?
- Cunqueiro, Quiroga
- R
- Contén o R. Villalta ao longo de toda a súa carreira como escritora fixo referencias á cidade da Coruña, por algo a chamaban a poeta que escribía con tinta de?
- Mar, Lura
- S
- Que escritor ou escritora do século XVI influíu na obra de Villalta?
- Shakespeare, Shelley
- T
- Contén o T. É coñecida sobre todo pola súa poesía, mais escribiu outros xéneros: entre eles novela, ensaio, artigo, e que outro?
- Teatro, Didáctico
- U
- Contén o U. No seu derradeiro libro aposta por falar da unicidade entre poesía e que outro campo artístico?
- Música, Debuxo
- V
- Que instrumento tocaba Luísa Villalta?
- Violín, Viola
- X
- Contn o X. Nome doutra muller homenaxeada polas Letras Galegas e que ten unha traxectoria similar á de Villalta?
- Xela Arias, María Xosé Queizán
- Z
- Contén o Z. Que palabra falta neste título da obra teatral de Luísa Villalta "As __________ de Ofelia"?
- Certezas, Zocas
Ver respostas
Agrupa audioOFF para deshabilitar sonidos. Si escribes un número separado por una coma, podrás ofrecer un número de errores permitidos para darlo por correcto y obtener feedback de éxito.
$OPT1
$OPT2
$TXT QUIZ$ Este texto se reemplazará por la pregunta que haremos en cada letra
Rematar
Folla de respostas do A o Z
Ñ - Contén o Ñ. Luísa Villalta entende o mundo da literatura indivisible da música. Que música di que se escoita na obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro? MUIÑEIRA O - A nai e o pai de Luísa Villalta foron quen lle traspasaron o seu amor pola música. Aos espectáculos de que xénero musical asistía desde moi pequena? ÓPERA P - Villalta viviu unha guerra que hai pouco volveu rexurdir en Oriente Próximo. Xunto con outras autorías creou a Ofrenda dos poetas galegos a que estado? PALESTINA Q - Contén o Q. Que escritor galego aparece no título dunha obra dedicada a Don Hamlet? CUNQUEIRO R - Contén o R. Luísa Villalta ao longo de toda a súa carreira como escritora fixo múltiples referencias á cidade da Coruña, por algo a chamaban a poeta que escribía con tinta de? MAR S - Que escritor inglés do século XVI influíu na obra de Villalta? SHAKESPEARE T -Luísa Villalta é coñecida sobre todo pola súa poesía, mais escribiu outros xéneros: entre eles novela, ensaio, artigo, e que outro? TEATRO U - No seu derradeiro libro aposta por falar da unicidade entre poesía e que outro campo artístico? MÚSICA V - Que instrumento tocaba Luísa Villalta? VIOLÍN X - Nome doutra muller homenaxeada polas Letras Galegas e que ten unha traxectoria similar á de Villalta? XELA ARIAS Z - Contén o Z. Que palabra falta neste título da obra teatral de Luísa Villalta As ______________ de Ofelia? CERTEZAS
A – Cidade na que naceu Luísa Villalta? A CORUÑAB – Formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e de que partido político galeguista? BNG C - Como se chaman os poemas visuais, xénero que chegou a practicar Luísa Villalta? CALIGRAMAS D - Que outro traballo compatibilizaba coa escrita Luísa Villalta? DOCENCIA E - Nome do primeiro grupo musical ao que pertenceu, poñendo voz e instrumento? ESCAINO F - Que carreira estudou na Universidade de Santiago de Compostela? FILOLOXÍA G - Que especialidade cursou Luísa Villalta na facultade de Filoloxía? GALEGO-PORTUGUESA H - Un dos espazos da Coruña arredor do que xogaba a Luísa Villalta nena é o mesmo que sae decote na súa escrita e que está dedicado a un deus clásico, cal? HÉRCULES I - Cal é o nome do IES de Sada en que foi docente Luísa Villalta? ISAAC DÍAZ PARDO L - Cal é o apelido da fotógrafa coa que fixo un proxecto poético sobre a derruba do barrio do Papagaio? LONGUEIRA M - Cal foi o primeiro libro de poemas publicado por Luísa Villalta? MÚSICA RESERVADA N - Cal é o nome da antoloxía na que colabora como relatora, en defensa do papel da muller na escrita? NARRADORAS
Comezar de novo
Ben xogado!