Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Rosco NIVEL 2 (ESO e BAC)

ALBERTO BLANCO PENEL

Created on April 30, 2024

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

LuísaVillalta

Canto sabes de...?

Comezar

Un día mooooi especial

O Día das Letras Galegas 2024 está dedicado á escritora coruñesa Luísa Villalta. A familia máis próxima lémbraa de nena xogando xunto á Torre de Hércules e outros espazos típicos da cidade, que despois veremos reflectidos na súa poesía.

Día dasLETRAS GALEGAS

17

de Maio

Quen é Luísa Villalta?

Dise que escribía a cidade en tinta de mar. É coñecida sobre todo pola súa poesía, pero tivo outras moitas facetas: foi mestra, escribiu teatro, ensaios, novelas, artigos en revistas... e, ademais, tamén foi unha gran música. Con oito anos entrou no conservatorio de música. Alí aprendeu a tocar o violín, algo que lle cambiaría a vida por completo, e é que Villalta pasou á historia coma unha autora que entende a música e a poesía no seu conxunto. Era unha muller moi com prometida e estudosa. Na USC estudou Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa. E xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega viaxou por lugares coma Lisboa ou Viena, tomando como bandeira a súa lingua.

Pero o compromiso de Villalta traspasou as fronteiras da cultura literaria e na súa faceta de columnista vémola defender as causas feministas e sociais, a liberdade creativa e mesmo a nosa natureza. Tras o desastre natural provocado polo petroleiro Prestige nas nosas costas en novembro de 2002, moitos lémbrana á fronte das manifestacións do Nunca Máis.

Quen é Luísa Villalta?

Luísa Villalta, profesora de Literatura e Lingua, falaba de que a música e a poesía eran dúas partes dun todo. Desde a literatura galega máis antiga, Cantigas de Amigo de Martín Códax, a música estivo unida á poesía. E poñía como exemplo desta fusión, música e poesía, os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro onde, segundo ela, soaban muiñeiras vellas. O 6 de marzo de 2004, mentres durmía, con só 46 anos, morreu Luísa Villalta por unha meninxite fulminante, deixando atrás unha brillante traxectoria que a converteu na protagonista das Letras Galegas 2024.

O seu primeiro poemario, Música reservada, foi publicado por Ediciós Do Castro, unha das principais editoriais da súa época. Este traballo é o inicio dunha longa traxectoria como poeta que culmina con En concreto. Deixou obras coma o ensaio O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral ou As certezas de Ofelia, nas que fai referencia a personaxes das obras de Shakespeare e nas que homenaxea grandes da nosa escrita coma Cunqueiro. Tamén veremos títulos como Papagaio, que denuncia a hipocrisía social ou a novela Teoría de xogos, entre outros.

Xogamos?

Xa coñeces un pouquiño mellor a Luísa Villalta. Comprobamos o aprendido? Preme na frecha seguinte e tenta responder as preguntas deste rosco tan especial dedicado a Luísa Villalta. Cantas respostas acertarás?

Comeza por A

Cidade na que naceu Luísa Villalta?

ARCADE

A CORUÑA

Contén o B

Formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e de que partido político?

FRENTE OBRERO

BNG

Comeza por C

Como se chaman os poemas visuais, xénero que chegou a practicar Villalta?

CALIONÍMIDOS

CALIGRAMAS

Comeza por D

Que outro traballo compatibilizaba coa escrita Luísa Villalta?

DOCENCIA

DRAMATURXIA

Comeza por E

Nome do primeiro grupo musical ao que pertenceu, poñendo voz e instrumento?

ESCAINO

ESCOLMA

Comeza por F

Que carreira estudou na Universidade de Santiago de Compostela?

FILOLOXÍA

FILOSOFÍA

Comeza por G

Que especialidade cursou Luísa Villalta na facultade de Filoloxía?

GALEGO

GALEGO-PORTUGUESA

Comeza por H

Un dos espazos da Coruña arredor do que xogaba é o mesmo que sae decote na súa escrita e que está dedicado a un deus, cal?

HÉRCULES

HERMES

Comeza por I

Cal é o nome do IES de Sada en que foi docente Luísa Villalta?

ISAAC DÍAZ PARDO

ISIDRO PARGA PONDAL

Comeza por L

Cal é o apelido da fotógrafa coa que fixo un proxecto poético sobre a derruba do barrio do Papagaio?

LONGUEIRA

LAMAS

Comeza por M

Cal foi o primeiro libro de poemas publicado por Luísa Villalta?

MÚSICA RESERVADA

MÚSICA RESERVÁBEL

Ediciós

O Castro

Comeza por N

Cal é o nome da antoloxía na que colabora, en defensa do papel da muller na escrita?

NARRADORAS

NARRATIVAS

Contén o Ñ

Entende o mundo da literatura indivisible da música. Que música di que se escoita na obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro?

MUIÑEIRA

MOLIÑEIRA

Contén o O

Os pais de Villalta foron quen lle traspasaron o seu amor pola música. Aos espectáculos de que xénero musical asistía desde pequena?

ÓPERA

SOUL

Comeza por P

Viviu unha guerra que hai pouco volveu rexurdir en Oriente Próximo. Xunto con outras autorías creou a Ofrenda dos poetas galegos a que estado?

PALESTINA

PAKISTÁN

Contén o Q

Que escritor galego aparece no título dunha obra dedicada a Don Hamlet?

QUIROGA

CUNQUEIRO

Contén o R

Ao longo de toda a súa carreira fixo referencias á cidade da Coruña, por algo a chamaban a poeta que escribía con tinta de?

MAR

LURA

Comeza por S

Que escritor ou escritora do século XVI influíu na obra de Villalta?

SHELLEY

SHAKESPEARE

Contén o T

É coñecida sobre todo pola súa poesía, mais escribiu outros xéneros: entre eles novela, ensaio, artigo, e que outro?

DIDÁCTICO

TEATRO

Contén o U

No seu derradeiro libro fala da unicidade entre poesía e que outro campo artístico?

DEBUXO

MÚSICA

Comeza por V

Que instrumento tocaba Luísa Villalta?

VIOLA

VIOLÍN

Contén o X

Nome doutra muller homenaxeada polas Letras Galegas e que ten unha traxectoria similar á de Villalta?

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

XELA ARIAS

Contén o Z

Que palabra falta neste título da obra teatral de Luísa Villalta As ______________ de Ofelia?

ZOCAS

CERTEZAS

Ben xogado!

Comezar de novo