Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Rosco NIVEL 1 (EP)
ALBERTO BLANCO PENEL
Created on April 23, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
LuísaVillalta
Canto sabes de...?
Comezar
Un día mooooi especial
O Día das Letras Galegas 2024 está dedicado á escritora coruñesa Luísa Villalta. A familia máis próxima lémbraa de nena xogando xunto á Torre de Hércules e outros espazos típicos da cidade, que despois veremos reflectidos na súa poesía.
Día dasLETRAS GALEGAS
17
de Maio
Quen é Luísa Villalta?
Dise que escribía a cidade en tinta de mar. É coñecida sobre todo pola súa poesía, pero tivo outras moitas facetas: foi mestra, escribiu teatro, ensaios, novelas, artigos en revistas... e, ademais, tamén foi unha gran música. Con oito anos entrou no conservatorio de música. Alí aprendeu a tocar o violín, algo que lle cambiaría a vida por completo, e é que Villalta pasou á historia coma unha autora que entende a música e a poesía no seu conxunto. Era unha muller moi comprometida e estudosa. Na USC estudou Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa. E xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega viaxou por lugares coma Lisboa ou Viena, tomando como bandeira a súa lingua.
Pero o compromiso de Villalta traspasou as fronteiras da cultura literaria e na súa faceta de columnista vémola defender as causas feministas e sociais, a liberdade creativa e mesmo a nosa natureza. Tras o desastre natural provocado polo petroleiro Prestige nas nosas costas en novembro de 2002, moitos lémbrana á fronte das manifestacións do Nunca Máis.
Quen é Luísa Villalta?
Luísa Villalta, profesora de Literatura e Lingua, falaba de que a música e a poesía eran dúas partes dun todo. Desde a literatura galega máis antiga, Cantigas de Amigo de Martín Códax, a música estivo unida á poesía. E poñía como exemplo desta fusión, música e poesía, os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro onde, segundo ela, soaban muiñeiras vellas. O 6 de marzo de 2004, mentres durmía, con só 46 anos, morreu Luísa Villalta por unha meninxite fulminante, deixando atrás unha brillante traxectoria que a converteu na protagonista das Letras Galegas 2024.
O seu primeiro poemario, Música reservada, foi publicado por Ediciós Do Castro, unha das principais editoriais da súa época. Este traballo é o inicio dunha longa traxectoria como poeta que culmina con En concreto.Deixou obras coma o ensaio O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral ou As certezas de Ofelia, nas que fai referencia a personaxes das obras de Shakespeare e nas que homenaxea a grandes da nosa escrita como Cunqueiro. Tamén veremos títulos como Papagaio, que denuncia a hipocrisía social ou a novela Teoría de xogos, entre outros.
Xogamos?
Xa coñeces un pouquiño mellor a Luísa Villalta. Comprobamos o aprendido? Preme na frecha seguinte e tenta responder as preguntas deste rosco tan especial dedicado a Luísa Villalta. Cantas respostas acertarás?
Comeza por A
Cidade na que naceu
ARCADE
A CORUÑA
Comeza por B
Aprobou os exames da oposición de
BACHARELATO
BIBLIOTECONOMÍA
Comeza por C
Aos oito anos ingresa en
COMPOSTELA,NA UNIVERSIDADE
CONSERVATORIO
Comeza por D
Traballou no IES Isaac Díaz Pardo de Sada como
DEBUXANTE
DOCENTE
Comeza por E
O seu primeiro libro de poemas , Música reservada, editouse en
EDICIÓNSGALAXIA
EDICIÓSDO CASTRO
EDITORIAL GALAXIA
Ediciós
O Castro
Comeza por F
Estudou a carreira de
FILOLOXÍA
FILOSOFÍA
Comeza por G
Luísa Villalta, sobre todo, traballou polo seu país
GALLAECIA
GALICIA
Comeza por H
Espazo da Coruña no que xogaba de nena, que sae na súa escrita, adicado a un deus
HÉRCULES
HERMES
Contén o I
A que entidade en favor da lingua pertencía Luísa Villalta?
ASOC. ESCRITORES EN LINGUA GALEGA
IRMANDADES DA FALA
Comeza por L
Foi unha defensora da lingua e das causas relacionadas con
LIBERDADE CREATIVA E FEMININA
LATÍNCLÁSICO
feminina
liberdade
creativa
Comeza por M
Enfermidade da que morreu
MENINXITE
MELANOMA
Comeza por N
No ano 2002, un petroleiro afundiu fronte ás costas galegas. A raíz deste desastre, formouse o movemento
NUNCA MÁIS
NON AO FUEL
Contén o Ñ
Que música di Luísa que se escoita en Cantares Gallegos de Rosalía de Castro?
MOÑEIRA
MUIÑEIRA
Comeza por O
Utilizou unha dos personaxes do Hamlet de Shakespeare, unha muller que trata de romper co que se espera das mulleres
OFELIA
OLYMPIA
Comeza por P
Aínda que escribiu en moitos e variados formatos, é coñecida pola súa faceta de
POETA
POLÍTICA
Contén o Q
Dedicou unha obra de teatro a un dos grandes das letras galegas: O Don Hamlet de _____________
CUNQUEIRO
ENRIQUE
Contén o R
Escribiu Cidade de A Coruña, por algo lle chaman a poeta que escribía con tinta de
LURA
MAR
Comeza por S
Hamlet e Ofelia son dous personaxes que aparecen na súa obra, ambos son dun escritor do século XVI
SÓFOCLES
SHAKESPEARE
Comeza por T
Coñecida máis como poeta, Luísa Villalta tamén escribiu
TELEGRAMAS
TEATRO
Comeza por U
No seu derradeiro libro de poemas, aposta por falar de
UNICIDADE, POESÍAE MÚSICA
ULTRATUMBA
Comeza por V
Que instrumento tocaba Luísa Villalta?
VIOLA
VIOLÍN
Comeza por X
A través da súa escrita, denunciou situacións actuais grazas a súa faceta como
XOGADORA DE TENIS
XORNALISTA
Contén o Z
Escribiu unha obra teatral titulada As ______________ de Ofelia
PROEZAS
CERTEZAS
Ben xogado!
Comezar de novo