Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
LETRAS GALEGAS 2024
Susana Rego
Created on April 22, 2024
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
LETRAS GALEGAS 2024
As cores desta fita son as da bandeira de Galicia. O 17 de Maio celébrase o día das Letras Galegas en homenaxe ás escritoras e escritores galegos . Lembrades como é a bandeira galega ?
Volver
FITA
A autora homenaxeada este ano é LUISA VILLALTA.Podedes ordear as letras para formar o seu nome.
Volver
LUISA VILLALTA
Volver
A Torre de Hércules é o monumento máis importante da Coruña, cidade na que naceu Luisa no ano 1957, e na que viviu durante 46 anos . Alguén de vós sabe que tipo de construción é a Torre de Hércules?
TORRE DE HÉRCULES
Este lapis representa a obra de Luisa Villalta como escritora. Ela escolleu a lingua galega como a súa lingua, tanto na fala coma na escrita, a lingua que dende nena escoitaba no mercado. no mercado adoitamos ver froitas e verduras. cales coñecedes en galego?
Volver
LAPIS
luisa villalta escribiu 30 libros, a maior parte deles foron de poesía.aquí tedes un libriño cun conto escrito en forma de poesía para ler en clase. a ver se vos gusta!
Volver
LIBROS
Luisa tamén escribía en galego para o periódico A NOSA TERRA no que falaba de inxustizas, educación, ecoloxía, etc. Vós tamén podedes escribir un pequeno artigo para a nosa revista AS NOVAS DE PEPA contándonos o que queirades sobre a vosa escola ou contorna. Publicaremos os vosos artigos na sección PEQUENOVAS, creada especialmente para vós.
Volver
Prensa
Volver
Era tal o amor de Luisa pola lingua galega que decidiu facerse mestra para poder ensinar galego á rapazada. E vós… aprendedes galego na escola ?
PIZARRA
Unha das cousas que lle apaixoaban a Luisa de pequena era a música. Dende moi nova aprendeu a tocar o violino e xa de maior sacou a titulación superior, formando parte de varias osquestras. A música facíaa sentir feliz. Escoitade esta peza musical de Caamaño e Ameixeiras na que soa o violino xunto co acordeón Que emoción sentistes ao escoitar esta música?
Volver
VIOLINO
Volver
Luisa Villalta viviu un acontecemento terrible para Galicia que lle causou unha mágoa moi grande e unha profunda dor. Esa desgraza ecolóxica acontecida no ano 2002 ten que ver cun barco chamado PRESTIGE. investigade un pouco e descubriredes que foi o que pasou.
PRESTIGE
Volver
edlg curso 2023-2024