Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A Enerxía (Formas. Fontes. Luz - calor - son)

ivan pola

Created on March 20, 2024

6ºEP

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

A enerxía

6ºEducación Primaria

Índice

CALOR

ENERXÍA

SON

LUZ

FORMAS

CORPOS E LUZ

ESCALAS

TRANSMISIÓN

CALIDADES

TRANSFORMACIÓNS

EFECTOS

PROPIEDADES

FENÓMENOS

SENSACIÓN

FONTES

LENTES

EQUILIBRIO

rutina de pensamento

GraZas

rutina de pensamento

Despois do visionado do vídeo crea os teus titulares con esta rutina de pensamento.

enerxía

É todo aquilo que pode producir un traballo. Un corpo ten enerxía cando pode producir cambios nel mesmo e noutros corpos.

FORMAS DE ENERXÍA

Maniféstastase en forma...

Enerxía cinética (mecánica)Está en todo aquilo que estea a se mover. Canto máis ás présas se mova o obxecto máis enerxía cinética.

Enerxía lumínicaA que emiten os obxectos luminosos. Transmítese a través da luz.

Enerxía térmica (calorífica)É a que producen os corpos que desprenden calor. Canto máis quente maior enerxía térmica.

Enerxía eléctricaProporciona corrente eléctrica, transmítese por cables eléctricos.

FORMAS DE ENERXÍA

Maniféstastase en forma...

Enerxía nuclearEstá presente en materiais e maniféstase cando estes se desintegran.

Enerxía químicaÉ a que contén a materia na súa composición.

Enerxía sonoraÉ aquela que transmite sons.

“A enerxía non se crea nin se destrúe, so se transforma ou se transfire entre diferentes obxectos”

Antoine Lavoisier

TRANSFORMACIÓNS DE ENERXÍA

A enerxía pode transformarse dunha forma a outra

Fontes DE ENERXÍA

non renovábeis

renovábeis

vs

Son as que non se esgotan. Xéranse de forma continua e natural e non contaminan.

Atópanse na natureza en cantidades limitadas. Non se poden formar outra vez e poden esgotarse. Son contaminantes.

A calor

É unha forma de enerxía que se transmite dos corpos quentes aos fríos. A cantidade de calor dun corpo é a temperatura.

A CALOR

Escalas de temperatura

Para pasar ºF a ºC aplicar a seguinte fórmula

(ºF – 32º)

= ºC

ºF

ºC

ºK

Practica

SENSACIÓN DE CALOR

CALOR!

Os corpos non teñen frío nin calor se non que teñen temperatura, así que: - Cando sentimos que un corpo está frío é que está a menos temperatura que nós. - Cando sentimos que un corpo está quente é que está a máis temperatura que nós.

EQUILIBRIO TÉRMICO

Cando xuntamos dous corpos de distinta temperatura ao cabo dun tempo acadan a mesma temperatura.

Ex. Un ovo cocido a 80ºC nun cazo de auga a 15ºC. Que ocorre? Que o ovo arrefría e a auga quece. Baixa a temperatura do ovo e aumenta a da auga até equilibrarse.

+ Info

TRANSMISIÓN DA CALOR

condutores

illantes

Son corpos que non transmiten a calor.

Son corpos que transmiten a calor.

CONDUTORES

A calor transmítese por

Codución

Convección

Radiación

ILLANTES

Son corpos que non transmiten a calor.Ex. A roupa íllanos do exterior e axúdanos a manter a temperatura corporal, é dicir, abríganos, pero non dá calor.

Efectos da calor

Dilatación

Cambios de temperatura

Aumento de volume dun corpo polo aumento da temperatura. Ex. vías do tren, xuntas dunha ponte, madeira...

Ao transmitir calor a unha substancia incrementamos a súa temperatura.

Contracción

Cambios de estado

diminución do volume dun corpo pola diminución da temperatura. Ex. madeira, metal, mercurio...

Podemos cambiar os estados da materia.

A luz

É unha forma de enerxía que emiten algúns corpos e que percibimos a través da vista. Os corpos que emiten luz chámanse fontes luminosas.

Os corpos e a luz

Segundo deixen pasar a luz os corpos poden ser:

Transparentes

Translúcidos

Opacos

Propiedades da luz

A luz propágase en liña recta e en todas as direccións a unha velocidade de 300.000 km/s. Os raios de luz, ao contactar cunha superficie, varían a súa dirección e dan lugar a os seguintes fenómenos:

REFRACCIÓN

REFLEXIÓN

As lentes

Son obxectos transparentes, xeralmente de vidro, que se utilizan nos instrumentos ópticos para desviar a traxectoria dos raios luminosos e formar imaxes.

o son

Forma de enerxía que emiten os corpos cando vibran. Propágase en liña recta e en todas as direccións. Calquera substancia en estado sólido, líquido ou gasoso (aire) pode transmitir o son.A velocidade do son no aire é de 340 m/s e na auga de 1.500 m/s

Calidades do son

Altura ou ton

Duración

Timbre

Intensidade

Permite distinguir entre longos e curtos. Ex. figuras musicais.

Permite diferenciar dous sons coa mesma altura, duración e intensidade. Ex. instrumentos musicais.

Permite distinguir entre graves e agudos. Ex. notas musicais.

Permite distinguir entre fortes e febles. Ex. matices de intensidade.

Fenómenos relacionados co son

O son pode reflectirse cando se atopa cun obstáculo, así oímos a repetición dun son. Pode ser:

Reberveración

Eco

Moitas grazas!

INICIO

Cantos ºC son 80ºF?

(80º – 32º) : 2 =

48º : 2 =

24ºC

REFRACCIÓN

É o cambio de dirección que experimenta un raio de luz cando pasa dun medio a outro. Así, cando una raio de luz pasa do aire á auga refráctase e desvíase. Ex. lapis nun vaso de auga parece quebrado, os lentes son obxectos transparentes que refractan a luz.

Ten enerxía mecánica que se transforma en enerxía eléctrica nos encoros.

Auga

Vento

Ten enerxía mecánica que aproveitan os aeroxeradores para transformala en enerxía eléctrica.

Dáse en sólidos, líquidos e gases. A calor propágase sen contacto ningún entre a fonte de calor e o material que se quenta. Tamén se propaga no baleiro. Ex. O Sol.

Non deixan pasar a luz. Non permiten ver o que hai detrás. Ex. Mármore, madeira...

Gas natural

Petróleo

Líquido moi viscoso procedente da descomposición baixo terra de restos de seres vivos durante millóns de anos. Del obtense a gasolina e o gasóleo.

É unha mestura de gases que se producen durante a formación do petróleo. Ex. Gas butano.

Familias de instrumentos

Corda

Vento

Percusión

VS

Xeo sobre cortiza

Xeo sobre metal

A cortiza conduce mal a calor, por iso o equilibrio térmico tarda en acadarse. Ao tacto os malos condutores parecen quentes.

O ferro conduce ben a calor, por iso o equilibrio térmico acadase rapidamente. Ao tacto os bos condutores parecen fríos.

Debuxa no teu caderno estes cadros para enchelos cos teus titulares.

Reverberación

Cando entre o obxecto que produce o son e o obstáculo hai unha distancia inferior a 17 m. Ex. se berramos nun cuarto baleiro o son do berro emitido e o reflectido chegan mesturados e confúndense.

Obxectos fríos e quentes

Dependendo do noso corpo parécenos frío ou quente un corpo. Cando o tocamos perdemos enerxía, canto máis rápido sexa a perda de enerxía, máis frío parecerá o obxecto. Ex. Pisar cos pés descalzos o piso. A enerxía calorífica do noso corpo perdese respecto á temperatura do piso polo que sentimos frío. Pero, unha alfombra conduce mal a calor polo que non perdemos enerxía nin sentimos frío.

VS

Diverxentes

Converxentes

Separan os raios e fan unha imaxe máis pequena. Ex. anteollos.

Fan que os raios se xunten, forman unha imaxe máis grande. Ex. lupa

Minerais radioactivos

Carbón

É unha rocha procedente da descomposición baixo terra de restos vexetais durante millóns de anos.

Son elementos dos que se aproveita a súa enerxía nuclear en centrais de produción eléctrica. Ex. Uranio, plutonio.

Deixan pasar a luz parcialmente. Non permiten ver con claridade o que hai detrás deles. Ex. Vidro esmerilado, papel de seda...

REFLEXIÓN

Cambio de dirección que experimenta un raio de luz cando incide nunha superficie sen atravesala. A maioría dos corpos só reflicten unha parte da luz que reciben. As superficies moi lisas como os espellos reflíctena toda.

Deixan pasar a luz totalmente. Podemos ver con claridade a través deles. Ex. Vidro, auga...

Dáse nos sólidos, a calor propágase rapidamente a través do metal. Ao achegar un extremo dun obxecto a unha fonte de calor , esta transmítese, partícula a partícula ao longo de todo o sólido. Ex. radiador,culler...

Eco

Cando entre o obxecto que produce o son e o obstáculo hai unha distancia superior a 17 m. Ex. cando berramos fronte a unha montaña.

VS

Artificiais

Naturais

Lámpada, candeas...

Sol, estrelas, vagalume, raio...

Como medimos a temperatura?

A temperatura mídese cun termómetro.

Temos: - Termómetros clínicos: miden a temperatura do corpo (35ºC a 42ºC) - Termómetros ambientais: miden a temperatura da contorna (-15ºC a 45ºC) - Termómetros químicos: serven para medir no laboratorio temperaturas extremas.

Dáse en líquidos e gases. O aumento de temperatura fai que o fluído se faga máis lixeiro e, por tanto, ascenda. Simultaneamente as partículas máis frías descenden e ocupan o lugar que deixaron as outras ao quentarse. Ex. A auga cando a quentamos nun recipiente de auga fría vai ao fondo até que quece. Prodúcese a circulación da auga até que quece toda. O aire cando o quentamos cun radiador, o aire frío é máis pesado e o aire quente máis lixeiro e así por convección quéntase o aire.

Sol

Materia orgánica

Contén enerxía química e pode empregarse para a combustión. Ex. Residuos vexetais, madeira, pellets (biomasa).

Proporciona enerxía térmica e luminosa.

Exercios de propagación do sonido

No aire. Multiplicamos a velocidade polo tempo empregado: 340 m/s x 5 s = 1700 m Na auga. Multiplicamos a velocidade polo tempo empregado: 1500 m/s x 5 s = 7500 m

1. Calcula o tempo que emprega o sonido en percorrer 1,5 km no aire e na auga. 2. Durante a tormenta escoitase un trono 8 s despois de ver o relampo. A que distancia esta a tormenta? 3. Un barco emite simultaneamente un son dentro da auga e outro polo aire. Se outros barcos detectan os sonidos cunha diferencia de 3 s. A que distancia están os eses barcos?

Copia o debuxo no caderno e explica como é a transferencia de calor