Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ENIGMA 3- comunidades

alba.senande.fernand

Created on December 5, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

https://www.campingarmanello.com/mapa-de-espana-para-imprimir/

...e o centro de conservación é...

A solución de onde se pode atopar o lince ibérico é: - EXTREMADURA - CASTELA A MANCHA - ANDALUCÍA

Queres coñecer máis sobre este centro de cría?

Queres saber máis sobre o lince ibérico?

Centro de cría do lince ibérico de El Acebuche

Para máis información sobre este animal

Que lle pasa ao lince ibérico?

LINCE IBÉRICO

Este animal carnívoro é endémico da Península Ibérica. É un félido de tamaño medio (en torno aos 10 kg) de patas longas e rabo curto. Ten a cara redondeada con grandes orellas rematadas por pinceis de pelo negros e longas patillas. O seu HÁBITAT típico é o monte mediterráneo, agás na rexión de Doñana, onde vive ao nivel do mar. A súa ALIMENTACIÓN basease case exclusivamente no coello.

Que outros animais hai en perigo de extinción na península Ibérica?

https://www.elconfidencial.com/medioambiente/naturaleza/2021-05-28/lince-iberico-supera-millar-primera-vez-20-anos_3103655/

Aínda que a especie pasou de "En perigo crítico de extinción" a "En perigo de extinción" grazas ao apoio de administracións e particulares e a sensibilización da poboación en xeral, aínda persisten algunhas ameazas a este animal como é: - Destrución e fragmentación do seu hábitat. - Diminución da poboación de coellos. - Atropelos en carretera.

SITUACIÓN ACTUAL DO LINCE IBÉRICO

Este centro está ubicado no Parque Nacional de Doñana en Matalascañas (Huelva) e inaugurouse en 1992. As súas instalacións construironse anexas ao antigo Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Parque Nacional. Non obstante, non foi ata o 2003, cando o programa de conservación comezou a rodar. A finais dese ano, iniciáronse as capturas de machos silvestres para a súa incorporación como fundadores á poboación cautiva, que, nese momento, estaba formada por catro femias. O 28 de marzo de 2005, en torno ás 8 da noite, Saliega, femia de lince ibérico procedente da poboación de Sierra Morena, deu a luz á primeira camada de lince ibérico nacida en cautividade.

CENTRO DE CRÍA EL ACEBUCHE

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O LINCE IBÉRICO

QUE OUTROS ANIMAIS ESTÁN EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA PENÍNSULA IBÉRICA?