Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
BIBLIOTECA DIGITAL
EOI OURENSE
Created on September 15, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Genial Calendar 2026
View
School Calendar 2026
View
January Higher Education Academic Calendar
View
School Year Calendar January
View
Academic Calendar January
View
Choice Board Flipcards
View
Comic Flipcards
Transcript
novidades en galego na biblioteca da eoi
Aquela praia dos Hamptons
Un encontro inesperado ofrécelle ao protagonista desta historia a oportunidade de revitalizar a súa carreira profesional. Unha novela que reflicte, cunha divertida prosa e un humor mordaz, unha realidade marcada por delirantes e cómicas obsesións.
o perfume
PATRICK SÜSKIND
Sinopse
No século XVIII, durante o reinado do Rei Sol, nace en París Jean-Baptiste Grenouille, o nariz máis prodixioso da historia. Grenouille non descansará ata converterse, en primeiro lugar, no mellor perfumista da súa época; e máis adiante, na procura do Gran Perfume, do Perfume Absoluto, non dubidará en recorrer ao asasinato en serie das máis fermosas rapazas para tirarlles o segredo do seu atractivo, aquilo que as volve irresistibles: o seu recendo persoal.
Como lágrimas na chuvía
Jordi Sierra i Fabra
Grace é unha adolescente que coida da tumba do seu pai, Leo Calvert, unha lenda da música falecido nun estraño accidente uns anos antes, e á que acoden en peregrinación fans de todo tipo. Un deles, Norman, crúzase no camiño da moza e desata nela un remuíño de preguntas sen resposta ao redor da morte do pai e das cancións que deixou gravadas, gardadas no soto da súa casa, e que a súa nai, Rebecca, se nega a publicar. Pero a solución a estes enigmas tena unha única e insospeitada persoa.
Eu son Suleiman
A historia de calquera dos miles de rapaces que desafían a morte para chegar a Europa fuxindo da guerra e da miseria no continente africano. Un drama que traspasa o frío factor da actualidade para achegarse á dimensión humana do fenómeno migratorio.
o neno do pixama de raias
john boyne
Efactoria k de libros
SINOPSE
A pedimento do autor, non podemos contarche o miolo deste libro. Porén, queremos avisarte de que lerás a historia dun neno de 9 anos, que se atopará cun aramado. No mundo hai milleiros de aramados coma este. Agardamos que ti nunca te atopes con ningún e que, se o fas, teñas as forzas para librarte del. (ler)
Diario de Ana Frank
Edición enriquecida dun testemuño fundamental da memoria histórica do Holocausto. Sensible, contraditoria e ante todo vital, a protagonista comparte os seus segredos e vivencias, o medo e a esperanza, mentres o mundo colapsa fóra da 'casa de atrás'.
Un monstro vén a verme
A grave doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a distancia que o separa do pai, os problemas na escola... Conor ten que asumir a verdade. Emocionante, divertida e conmovedora, unha novela sobre o amor, a perda e a esperanza.