Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Guía interactiva LEMBRA MOAÑA
Nerea Otero
Created on September 6, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Comezamos!
Guía interactiva que complementa o xogo de parellas para coñecer a vila de Moaña.
Se atopas esta icona significa que debes cumprir unha misión. Lograrás completalas todas? Podes compartilas en redes sociais usando a etiqueta:
#LembraMoaña
Que sinxelo...
Instrucións
Interactúa con todos os elementos de cada ficha para coñecer unha chea de curiosidades moañesas.
Elixe por onde queres comezar:
Elementos da cultura mariñeira
Elementos de patrimonio
Elementos naturais
ELEMENTOS DA cultura MARIÑEIRA
As bateas son importantes para Moaña porque moitas persoas da vila traballan no mar.Hai máis de 100 bateas entre os portos de Meira, Domaio e Moaña.
Batea
Para a cría de mexillóns ponse no mar unha plataforma cadrada chamada…
É famosa pola súa gran vela. Crese que ten orixe na cultura viquinga. Parécese moito ao “drakar”utilizado polo pobo viquingo que invadiu as costas galegas na Idade Media.
Dorna
Este é o tipo de barco máis típico das Rías Baixas. Utilízase para a pesca e o transporte e chámase…
Chalana
Coa axuda das chalanas péscanse moitos polbos e xibas en zonas pouco profundas. Manéxase con remos e algunhas veces pónselle unha vela.
Este é un dos tipos de barcos máis pequenos. Axuda os barcos máis grandes nas súas tarefas. Chámase…
Traiñeira
Usábanse para a pesca da sardiña e do xurelo. Evolucionou como embarcación deportiva debido á súa axilidade no mar. Son moi populares na nosa zona.
Coa forza de 13 persoas que reman e unha que dirixe pódese mover esta longa embarcación chamada…
Guindastre
É un elemento moi caractetístico da paisaxe moañesa cando accedemos desde Rande. Son fundamentais para o traballo industrial nos portos.
Para mover cousas moi pesadas, utilízase unha máquina cun gran brazo xiratorio chamada…
Elementos de patrimonio
Esta é unha construción moi, moi antiga, da prehistoria. Servía para enterrar a quen morría. Chámase…
Mámoa
A mámoa máis famosa do Morrazo é A Chan da Arquiña. Está entre Monte Gagán e Monte Faro. Cando se atopou, había nela unha morea de tesouros: xoias, cerámicas e machadas de gran calidade.
Muíño
O tipo de muíños máis populares na nosa zona son os muíños de auga. O sendeiro da Fraga percorre os muíños de auga de Moaña e Meira. Comeza na praia da Xunqueira, onde desemboca o río da Fraga. Alí hai parrulos e gansos.
A fariña conséguese moendo os cereais grazas a este edificio.Pode ser de vento, auga ou manual. Chámase…
Aínda que se coñeza coma o deus Neptuno, en realidade representa un mariñeiro dedicado a un tipo de pesca coñecido como fisga, típico da localidade. Fisga é a palabra que se utiliza nesta zona para referirnos ao tridente.
Preto do palco da música atópase esta famosa escultura e símbolo da vila de Moaña. Esculpiuna Manuel Varela e chámase…
O Fisgón
Fíxose en honra da visita da balea, chamada Anduriña, que apareceu tras o afundimento do Prestige.Esta escultura de Juan Rivas e Antón Salgueiro é como un quebracabezas de 30.000 pezas de azulexo con moitas tonalidades de azul e mide 15 metros.
Este mamífero acuático que conta cun monumento no paseo do Con chámase…
Balea
Esta estatua, chamada Bufón, atopámola no paseo do Con. Tamén se coñece como a...
Representa a mestura dunha lura e dun choco simulando a facultade mimética dos cefalópodos. A súa cabeza está feita de pequenas pezas de azulexo, igual que a Balea. O resto do corpo é de cerámica. Foi deseñada por Juan Rivas e realizada por Antón Salgueiro.
Lura
Na portada das igrexas atopamos este elemento arquitectónico chamado...
O máis famoso de Moaña vai dedicado a san Martiño, quen dá nome a un dos nosos festivos locais por excelencia. Celébrase o 11 de novembro.O tímpano orixinal do século XIII atópase no edificio Castelao do Museo de Pontevedra e podes ver unha réplica nos xardíns da antiga reitoral de San Martiño.
Tímpano
elementos naturais
Mexillón
Ás moañesas e aos moañeses gústanos moito comer mexillóns. Están moi ricos e teñen un montón de nutrientes. Viven nas rochas e poden chegar a ter setenta anos.
Este animal é un molusco. Ten dúas cunchas negras. No interior ten unha carne laranxa moi rica. Chámase…
É un molusco moi típico de Moaña, xunto co mexillón e a ameixa. Parecese á ameixa pero é máis pequeno e redondeado. Algúns chámanlle berberecho pero aquí dicímoslle...
Croque
As súas cunchas son simetricamente redondas, polo que se as vemos dende os extemos parecen ter forma de corazón. Que ricos están dentro da empanada!
Este molusco de dúas cunchas vive soterrado nas areas das praias. Chámase...
Ameixa
Un dos pratos máis característicos da nosa zona son as ameixas á mariñeira. Fanse cun rustrido de cebola e pementos con viño branco. Moitas vecés engádeselle tomate triturado para darlle un toque de cor e sabor!
Nas nosas costas vive un pequeno peixe azul ao que todo o mundo chama…
Sardiña
En Moaña despedimos o noso Entroido co coñecido Enterro da Sardiña. Este é un aloucado desfile no cal tras pasear pola vila cunha enorme sardiña ás costas finalmente faise ao mar nun espectáculo de luz e lume.
Este animal é do máis común que podemos atopar nas nosas costas. Adoita ser de cor gris ou branca. Chámase…
Gaivota
Hai un refrán que di:Gaivotas á terra, mariñeiros á merda. Isto quere dicir que se vemos ás gaivotas nas nosas terrazas debemos preparar o paraugas porque venta chuvia.
Mariño
Corvo
Esta ave negra vive na nosa ría. Podemos ver moitos destes exemplares na travesía do barco a Vigo. Responden ao nome de canilonga ou…
Na praia do Niño do Corvo, en Tirán, a veciñanza colocou unha estatua dun gran corvo mariño de máis de metro e medio. Mergúllanse baixo a auga para capturar peixes e así alimentárense.
Os desniveis do terreo provocan que o curso dos ríos se vexan transformados nestas preciosas caídas de auga chamadas…
Fervenza
As máis famosas da vila están en Domaio no curso do río da Miñouba, onde podemos atopar A Poza da Moura. Sobre este lugar existe unha lenda:Na Noite de San Xoán aparece unha fermosa moza que peitea os seus longos cabelos cun peite dourado. Se te aproximas, podes oír os seus queixumes.
Xunqueira
Nunha praia pertencente á parroquia de Meira hai moitos xuncos que lle dan nome. Ao conxunto de xuncos chamámoslle…
A praia da Xunqueira está no núcleo urbano da vila. Aquí antes habían grandes dunas que hoxe en día están a recuperarse.
En Tirán hai unha praia con moitas canas, plantas altas e con curiosas flores.O nome da praia e do conxunto de canas é…
A praia do Canaval goza de moita vexetación, é todo un paraíso natural. Coñécese tamén como a praia dos Alemáns porque serviu de refuxio a un grupo de soldados alemáns durante a Segunda Guerra Mundial.
Canaval
Comezamos!
Guía interactiva elaborada por:NEREA OTERO PILLADO