Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

MEMORIA 2ª FASE OBSERVA_ACCIÓN

romonpico

Created on May 24, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

CEIP Plurilingüe A Laxe
CEIP Emilia Pardo Bazán

2ª FASE: Intercentros

Liña do tempo.

25/05/23: CEIP Plurilingüe A Laxe- CEIP Emilia Pardo Bazán

24/05/23: CEIP Emilia Pardo Bazán- CEIP Plurilingüe A Laxe

Proposta de colaboración

Valoración das sesións de reflexión

Descrición da visita

Índice

LIÑA DO TEMPO

DESCRICIÓN DA VISITA

O centro é de liña un e está rodeado dun patio grande no cal aproveitan cada espazo para levar a cabo os patios amigos, tendo en conta toda a diversidade do alumnado. Coidan cada detalle en cada rincón. Puidemos ver un dragón feito con neumáticos pintados, unha mesa de madeira feita a man que o alumnado usa para resolver conflictos, as paredes pintadas de flores sendo a parte do medio de pizarra negra para poder escribir ou debuxar, un rocódromo do máis atractivo, o invernadoiro protexido por botellas de plástico elaborado polas familias, entre outros espazos. Ademais, ao redor do patio, hai moitas árbores e vexetacións, o que outorga un ambiente rural moi acolledor ao colexio. A entrada ao colexio invita a visitar cada espazo e fai respirar inclusión por todas partes. Repartense entre os dous pisos as aulas de infantil, primaria, aula de calma, aula STEAM, sala de profesorado, dirección e conserxaría, así como a aula de AL, inglés, biblioteca...

ASPECTOS GLOBAIS DO CENTRO CEIP PL. A LAXE

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

CEIP PLURILINGUE A LAXE

A xestión e a coordinación polo que nos contan as compañeiras é moi doada xa que o centro so é de liña 1 e comentan que todo o profesorado está involucrado en cada un dos proxectos e programas. Aínda que hai alguén que coordina cada proxecto, cando se reúnen semanalmente poñen na orde do día os aspectos dos que hai que falar e todos e todas colaboran. Nas aulas, vemos que tanto os especialistas como a AL ou a encargada dos polos creativos acompaña ao alumnado e ás titoras nas aulas. Patricia realiza as funcións de dirección, xefatura de estudos e secretaría. Así como algunha que outra coordinación. Cando hai actividades especiais ou saídas, o profesorado que queda no centro imparte as materias nos grupos que lle toca, aínda que non sexa a súa propia, como fai por exemplo, o mestre de relixión. Aproveitan así moi ben os recursos humanos.

XESTIÓN E COORDINACIÓN

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe
Este centro coida cada rincón das súas instalacións tanto exteriores como interiores. Non so os espazos adicados ao alumnado como as aulas están preparadas para atender a diversidade, se non que tamén o están os espazos comúns como escaleiras, paredes, patio... Na entrada, podemos ver as escaleiras motivadoras, cheas de cores, fóra está a árbore da amizade, o dragón para potenciar a motricidade, as paredes pintadas da pista de xogo con flores nas que poder pintar con tiza, un rocódromo para os máis áxiles.. No interior, o centro dispón dunha aula de calma con mesa de proxectos, hamaca, luces que brillan na oscuridade, unha cama de auga relaxante e outros recursos. Nas propias aulas vemos recursos á vista do alumnado que son moi motivadores, con frases como: "o futuro do mundo está nesta aula", un quebracabezas de "somos un equipo", normas de aula a modo de reforzo positivo "prepárate para aprender, soña en grande, arríscate, aprende dos erros, cre en ti mesmo...".

MEDIDAS DE INCLUSIÓN, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E CONVIVENCIA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

MEDIDAS DE INCLUSIÓN, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E CONVIVENCIA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

MEDIDAS DE INCLUSIÓN, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E CONVIVENCIA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe
Na nosa visita puidemos observar catro sesións: - Na aula de infantil puidemos ver como traballan por rincóns de xeito autónomo. Un destes rincóns é o de letras, onde está a mestra de AL con ese grupo de nenos que ten máis dificultades. A mestra titora pasea polos outros rincóns, axudando ao alumnado. No laboratorio, o alumnado practicaba con froitas e cables para producir música. Mentres, outros xogaban a xogos simbólicos ou construían con pezas e resolvían algunha tarefa de lóxico-matemática. Apreciamos moito a maneira na que traballan as dúas mestras na aula, situándose a mestra de AL no rincón onde máis pode aportar e axudar ao alumnado. E tamén nos fixamos en que hai un neno en cadeira de rodas que está perfectamente incluído na aula. - Na segunda observación, estivemos co alumnado de 5º e 6º na aula de Polos Creativos onde de forma guiada e moi pautada ían elaborar un dispensador de auga por equipos. Estaban presentes a titora do grupo e a mestra encargada dos Polos Creativos. Chamounos a atención a maneira na que estruturan as sesións, pautan cada directriz e organizan ao detalle os pasos a seguir para os equipos, o que faverece o traballo do alumnado.

OBSERVACIÓN DE AULA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

OBSERVACIÓN DE AULA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

OBSERVACIÓN DE AULA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe
- Na observación da aula de 1º e 2º de primaria, vimos como comezan a sesión cunha asamblea de números cunha encargada. Logo, compretan un panel de números onde vemos descomposición de números, ABN, menor e maior que... Logo, a sesión desenvólvese en estacións de aprendizaxe e o alumnado está repartido nas estacións por niveis, de xeito que cada estudante desenvolve tarefas que é capaz de realizar. Traballan de xeito autónomo e con distintos recursos, como panel xigante de descomposición de números, tabla numérica ata o 100, xogo de mesa... O mestre de relixión estaba na aula xogando e atendendo a un grupo determinado de alumnado. Isto nos parece unha boa forma de aproveitar os recursos humanos. - Na última observación, visitamos o alumnado de 6º de primaria que ía practicar na materia de lengua castelá unha grabación na que o alumnado por equipos explica as normas e como se xoga a diferentes xogos de mesa. Esta grabación a ensaiaron cun fondo verde CROMA na biblioteca. Gustounos moito a maneira na que o alumnado traballou, estando en silencio e totalmente habituado a respetar os compañeiros/as cando graban.

OBSERVACIÓN DE AULA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

OBSERVACIÓN DE AULA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

OBSERVACIÓN DE AULA

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe
Chamounos a atención que o centro leva a cabo e ten presente algún recursos ou mural das súas visitas a outros centros de Europa. Desenvolven prácticas e utilizan recursos que aprenderon doutros centros, como o de ter percheiros fóra das aulas onde o alumnado deixa os abrigos e as cartucheiras, e tamén onde gardan as botas de goma para os días de choiva. Gustounos tamén a maneira na que se coordinan xa que ao ser un centro de liña 1, todos os docentes están ao tanto dos proxectos e actividades que se levan a cabo e todos e todas participan e se implican por igual. Non é un centro moi grande, e pola contra como aproveitan moi ben os espazos e dispoñen de moitos recursos, demostran que ás veces o máis importante é como distribuir e facer uso dos coñecementos e recursos.

OUTROS ASPECTOS

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe

OUTROS ASPECTOS

24/05/23: O CEIP Emilia Pardo Bazán visita o CEIP Plurilingüe A Laxe
O colexio atópase no centro da Coruña, contando con multitude de zonas verdes e incluso un invernadoiro. A ubicación frente ao mar aporta ao espazo moita luz natural, amplitude e calma. Desde o centro pódense ver dous emblemas da cidade de A Coruña, a Torre de Hércules e o Monte de San Pedro, dos cales están moi orgullosos/as, tanto alumnado como profesorado; formando parte do seu logo. O centro é de liña 3 e está composto por tres edificios: un antigo que empregan para actividades extraescolares, o de infantil e o de primaria. Dentro das súas instalacións destacamos a biblioteca, onde levan a cabo clubs de lectura; a biblioLab, onde está a radio ademais de estar dotado de moitos materiais; e a aula específica de Educación Especial para pode dar resposta ás necesidades do alumnado dunha forma inclusiva. Teñen moi presente o teatro contando cunha aula chea de recursos que aporta toda a Comunidade Educativa.

ASPECTOS GLOBAIS DO CENTRO EMILIA PARDO BAZÁN

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

Ao ser un centro moi grande a xestión dos recursos humanos pode parecer un pouco máis complicada, en comparación con nós, pero todo o contrario. De todos os xeitos, comentáronnos que están organizados en equipos de traballo para dar respostas a todos os proxectos nos que están inmersos. Trasladan a información de equipo en equipo e de ciclo a ciclo, así todos e todas están enterados/as e se comunican e coordinan entre eles. O que cambia é que as comunicacións son diversos canais e ás veces non poden ser tan inmediatas como as nosas.

XESTIÓN E COORDINACIÓN

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán
O centro conta cunha aula específica e unha profesora para poder levar a cabo unha escolarización combinada dentro do propio centro, o cal nos parece moi interesante. Tamén dan resposta á chegada de alumnado procedente do conflito ucraniano, cunha integración total destes nenos/as. O edificio de infantil é de nova construcción e conta entre as súas instalacións cun espazo de AL para dar respostas ás necesidades neste senso. Destacamos que non ten barreiras arquitectónicas, estando adaptado para dar resposta a todas as necesidades.

MEDIDAS DE INCLUSIÓN, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E CONVIVENCIA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

MEDIDAS DE INCLUSIÓN, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E CONVIVENCIA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

MEDIDAS DE INCLUSIÓN, ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E CONVIVENCIA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán
25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán
Na nosa visita puidemos observar tres sesións: - Na aula de educación infantil vimos como levaron a cabo unha actividade do programa de Educación Responsable, no que nós tamén estamos inmersos. Puidemos ver que había un traballo previo que favorecía a conversas sobre as emocións propias e alleas. - Na aula de 1º de primaria puidemos ver cómo funcionan as estacións de aprendizaxe, concretamente 5, para traballar neste caso a lectoescritura. Estaba a titora co seu grupo de alumnos/as, observando cada unha das estacións e marcando a cambio cun silbato. Esta estratexia nos pareceu dinámica e lúdica e os nenos/as dominaban esta forma de traballo, pasando de estar sentandos nunha cadeira cun libro, a empregar libros da biblioteca de aula para buscar palabras... Chamounos especialmente a atenciónde forma positiva o emprego dunha canción de escoita consciente para marcar o cambio de sesión. - Nos tiñan preparada unha entrevista na radio, para a cal os nenos/as de forma previa tiveron que preparar a escaleta. Desfrutamos moito desta experiencia e vímolos moi profesionais, tomando nota de ideas para crear a nosa radio nun futuro.

OBSERVACIÓN DE AULA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

OBSERVACIÓN DE AULA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

OBSERVACIÓN DE AULA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

OBSERVACIÓN DE AULA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

OBSERVACIÓN DE AULA

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán
O centro estaba a piques de levar a cabo dúas actividades nas que levaban traballando moito tempo: unha exposición de patrimonio galego e a obra de teatro. A temática de ambos estaba presente no centro de forma directa cun recuncho con multitude de obxectos galegos e carteis anunciando o estreo da obra. As familias están implicadas nas diversas actividades realizadas. Cabe destacar a organización e dinamización da biblioteca, con clubs de lectura en horario extraescolares.

OUTROS ASPECTOS

25/05/23: O CEIP Plurilingüe A Laxe visita o CEIP Emilia Pardo Bazán

OUTROS ASPECTOS

VALORACIÓN DAS SESIÓNS DE REFLEXIÓN

Da sesión de reflexión sacáronse as seguintes conclusións e propostas (punto 3). - A pesares de seren dous centros bastante diferentes en canto a alumnado, espazos e organización, podemos nutrirnos respectivamente para dar resposta ás necesidades do alumnado. - A xestión da radio e a organización da biblioteca do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN permítenos ter un idea de cómo enfocar ese proxecto, posto que nun futuro o CEIP PLURILINGÜE A LAXE quere embarcarse nese proxecto e continuar coa mellora da biblioteca para seguir levando a cabo actividades que favorezan a inclusión de todo o alumnado. - No CEIP EMILIA PARDO BAZÁN gustaríanos converter os nosos patios e as zonas recreativas de recreo en patios dinámicos con diferentes zonas e recursos arquitectónicos. - Consideramos enriquecedoras as actividades colaborativas entres os dous centros, tanto para o alumnado como para o profesorado e gustaríanos seguir no futuro.

SESIÓNS DE REFLEXIÓN

proposta de colaboración

O curso 23/24 o alumnado de 5º de primaria realizará unha visita ao outro centro nunha xornada de conviencia intercentros.
Escritura creativa: o vindeiro curso levaremos a cabo a creación dun conto colaborativo entre varias aulas, na que os debuxos serán elaborados polo alumnado de infantil.
Vídeochamada O alumnado de 5º de primaria realizou unha videochamada para conversar e intercambiar información dos respectivos centros.
Envío de cartas manuscritas tanto por correo ordinario como electrónico do alumnado de 3º de primaria.

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

CEIP PL. A LAXE