Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ENIGMA 10
alba.senande.fernand
Created on May 4, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Estás preparado/a para descubrir a solución?
Queres saber máis sobre os accidentes xeográficos costeiros (como son as rías)?
Para máis información
Queres saber máis sobre esta ría?
Queres saber máis sobre a súa localización? Pincha na imaxe para entrar no mapa
A SOLUCIÓN É A RÍA DE AROUSA, pois conta cunha superficie de 230 km2.
RÍA DE AROUSA
A ría de Arousa, non é só a ría máis grande de Galicia, senón que tamén de España. A súa lonxitude é de 33 quilómetros e a súa anchura de 4,5 qm na boca sur e de 3.5 qm na norte. A súa profundidade máxima é de 69 metros e o seu principal achega fluvial procede do río Ulla, sen desmerecer o papel do Umia. A entrada da ría está caracterizada pola illa de Sálvora e distintos illotes que actúan como rompeondas para defender as augas da ría do mar aberto. As costas que rodean esta ría son accidentas e con alturas destacables, as cales rematan en numerosas praias. Na súa beira, encóntranse numerosas poboacións de marcado carácter mariñeiro.
http://www.geohistoarteducativa.net/archivos/geografia/relieveespana/relievepeninsulaIberica/los_relieves_costeros_e_insulares.html
ACCIDENTES XEOGRÁFICOS COSTEIROS
- RÍA. Val fluvial que, na súa desembocadura, é inundado polo mar debido ao fundimento da liña de costa.
- CABO. Saínte profundo da costa ao mar.
- GOLFO. Entrante profundo do mar na costa.
- BAHÍA. Golfo de pequeno tamaño.
- CANTIL. Escarpe de pedra cunha forte pendente.
- PRAIA. Extensión lisa e de pouca pendente de area ou grava a nivel da costa.
- MARISMA. Terreo baixo e pantanoso que inundan as augas do mar.
ACCIDENTES XEOGRÁFICOS COSTEIROS
- DELTA. Zona de acumulación de sedimentos que traen os ríos ata a súa desembocadura.
- DUNA. Montículo de area típico das costas areosas.
- PENÍNSULA. Porción de terra rodeada de auga excepto por unha parte que conecta coa costa.
- ISTMO. Franxa alongada e estreita de terreo que une dúas porcións de terra (dous continentes, unha península e un continente,...).
- ILLA. Porción de terra rodeada toda ela por auga.
- ARQUIPÉLAGO. Conxunto de illas.
ACCIDENTES XEOGRÁFICOS COSTEIROS
PARA MÁIS INFORMACIÓN: