Introducción
 Memoria proceso de observación
 Introducción
 O Proxecto                            do IES de Vilamarín , está conformado por 11   docentes de diferentes especialidades dos cales 4 son da directiva do centro . Basamos o noso proxecto na liña de innovación e investigación                  .     As observacción fixéronse  en aulas  teóricas e de taller práctico   con diversas metodoloxías. O noso principal  obxectivo é mellorar a nosa  práctica  docente diaria ,focalizando en plantexamentos dixitais , uso de  novas ferramentas e recursos que fagan dinámica e actual a ensinanza.  Os obxetivos das observacións directivas é a de mellorar os espazos, mellorar a equipación, de maneira que se leven a cabo os cambios de recursos, para os cambios das dinámicas.
 Organización das observacións holísticas
 Para a organización das observaciones , diseñouse un padlet  colaborativo no que se iban colgando os horarios,  os grupos (Parellas)e obxectivos. A posteriori  foronse colgando os documentos cubertos durante as actividades de observación, polo que ademáis serviu de método de arquivo. Tamén é unha boa ferramenta de presentación de todo o profesorado implicado no proxecto. Nesta fase participou todo o profesorado, a algunhas parellas non lles dou tempo a facer as dúas observación e deuse  de baixa un profesor participante por mor da falta de tempo.
 Entrevista previa
 Unha vez ubicadas as observacions , se fixeron pequenas reunións para plantexar cuestións que fagan máis cómodas as entradas de alguén externo na clase .  Por outro lado plantexáronse necesidades e inquedanzas por ambas partes;  e como a hora de facer unha observación holística , abrángase moito , decidiuse marcar uns pequenos obxectivos de observación que cubriran as necesidades dos observados.
 Como resultado modificaronse e adaptaronse parte dos documentos, para que reflexasen os obxectivos ( pequenos focos) dentro dunha observación tan aberta
 Non todos os docuemntos cubertos foron os axeitados ao IES de Vilamarín, porque non daba tempo a reflictir, sen experiencia previa , os aspectos máis relevantes que atañen ao noso centro
 Reflexións
 Unha vez rematada a observación , facíase unha reunión , na que se reflexaban dúbidas e plantexamentos para mellorar a nosa práctica diaria, atopamos a dificultade de plantexar aspectos que non gustaban , polo que se decidiu facer un decálogo para comunicar as reflexións das observacións , por outra banda chegáronse a aspectos que melloraron a nosa práctica docente  Non todas as observacións fixeron cambios , aínda que as pequenas suxerencias, suporán reflexións a longo prazo e mellorará a práctica docente.
 Exemplos de reflexións
 Decálogo de asertividade
 Comprendín que nunca tiven en conta as necesidades ergonómicas profesionais na miña clase
 Vixiar a ergonomía
 O tempo de exposición ás proxeccións
 Dinme conta que o exceso de tempo cunha proxección, é proclive ao sono e falta de atención
 En que cambiou a miña clase ?
 Aminoro o tempo de exposición do proxector e incorporo exercicios físicos na miña clase, ademáis de
 Organizar unha charla para todo o alumnado, cun fisioterapeuta , para que nos facilite exercicios que preveñan lesións nas especialidades que impartimos
 Este é o resultado de  que  o profesorado de FOL , faga observacións nunha aula taller
 Segunda parte  da fase 1 do proceso
 Observación  focalizada
 Liña de innovación
 Nesta observación focalizada , seguimos o mesmo proceso ; fixemos un padlet colaborativo , de maneira que cambiaran os grupos e puxeran os horarios que máis lle conviñan e adaptamos os documentos a tódala tipoloxías de aulas das que dispomos , aínda que non lle dou tempo a todos a rematar os circuitos de observacións.
 Novos documentos
 Resultados da 2ª parte da observación
 Centramos a segunda parte da observación, por unha banda no deseño dun plan estratéxico de arquitectura pedagóxica, no que basamos a observación dos espazos
 Por outro lado, como somos un IES que ademáis dos módulos transversais , temos módulos profesionais de cociña e servizos , fai que teñamos en conta aspectos a observar como a  xestión de residuos, APPCC, hixiene alimentaria  e consumo saudable.
 Tanto para os espazos que deben favorecer a dixitalización dos contidos , atopamos moitas dificultades a hora de implantar TIC e dixitalización nos espazos prácticos polo que xurdiron novas reflexións e solucións como plan estratéxico para darlle  continuidade ao proxecto de observación.
 Problemas que atopamos na observación da linea de innovación
 Poucos recursos dixitais nos talleres
 Ideas e solucións
 Dixitalizar inventarios
 Dixitalizar manuais e videos de uso da maquinaria con QR
 Instalar pantallas nos talleres prácticos para diversificar os recursos
 Difusión
 O proceso e o resultado do proxecto Observa- acción , foi exposto no claustro con data do 20 de marzo de 2023; asemade todos membros da comunidade educativa estaban informados, xa que para a solicitude do mesmo, fíxose a proposta no claustro do 7 de novembro de 2022 Unha vez presentado no claustro as propostas nacidas do proxecto Observa_acción, o profesorado expresou o interés en ser observados para mellorar a súa práctica docente.
 Tamén sinalar que a presentación está colgada na aula virtual do centro e nun apartado                        na web do IES de vilamarín
 Adaptación de documentos
 A raíz dos procesos de observación na segunda fase , e tendo en conta a liña de innovación , démonos conta que tiñamos que adaptar os documentos ás nosas casuísticas profesionais , atendendo aos obxetivos que queremos acadar.
 Fixemos algún documento , aínda que ca premura das observación non poidemos facer uso del en tódos os casos.