Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

7 CONTINENTS

Horizontal infographics

A2 - ABENTEUER AUTOBAHN

Horizontal infographics

STEVE JOBS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

Transcript

1

SAÚDO INICIAL Comezamos unha viaxe moi especial, a un lugar seguro, a un lugar no que te atoparás tranquilo/a e a gusto. A emoción da calma hai que adestrala xa que ao longo do día sucédennos moitas situacións que nos alteran... Ti e só ti tes que darte conta cando estás "revolto" , en caos e usar as ferramentas que tes ao teu alcance para tomar boas decisións e comunicarte mellor. Practica PROA (para, respira, observa e actúa) e serás moito máis feliz. Coloca o teu corpo en posición axeitada e goza deste saúdo inicial cos teus compañeiros/as: Saúdo inicial Bosque tranquilo Boa viaxe!!

2

ÁLBUMES EN FAMILIA Ver un álbum de fotos en familia axuda a recrear momentos especiais e coñecer parte da nosa historia. Comentar as fotos familiares axuda a crear o sentido de unidade e pertenza á familia. Estas fotos capturan momentos únicos da nosa vida : familia, amizades lugares e mascotas que formaron ou forman parte da nosa vida.. Axúdannos a lembrar os bos momentos e a manter nos nosos corazóns experiencias que doutro xeito poderiamos esquecer. Compartide cos vosos fillos e fillas páxinas da vosa vida e fortaleceredes a ligazón con eles/as.

3

MANDALAS CON CALMA Colorear mandalas prestando atención plena é unha actividade moi útil para equilibrar o teu sistema nervioso. Como te sintes neste momento en que tes que colorear .Apetéceche? Fíxate na postura do teu corpo; Observa os teus pensamentos: respira e elixe coidadosamente as cores que vas usar . Comeza a colorear cunha actitud amable. Tamen podes aproveitar este momento para explorar a diferencia entre colorear a distinto ritmo : colorea moi despacio durante uns segundos: despois faino todo o rápido que poidas. Fíxate nos pensamentos e emocións que xorden ao facer este experimento e acepta o ritmo no que te sintas máis cómodo/a. Mentres esteas coloreando, podes pulsar o botón “pausa”, e apreciar os tons, os matices, a posición do teu corpo, o espazo que te rodea, valorar o teu traballo e felicitarte polo ben que o estás facendo. Mandalas

7

Que vos parece se hoxe dedicades un tempo para facer algunha manualidade en familia? Podedes crear alguns adornos para a árbore con materiais de refugallo e unha grande dose de imaxinación. Ou tamen podedes elaborar tarxetas de Nadal para agasallar á familia ou amizades. Beneficios de realizar manualidades en familia. Sorprenderanche! Estimulan a creatividade e a imaxinación Fomentan a comunicación e a socialización. Potencian a capacidade de concentración. Fomentan a participación e o traballo en equipo. . Reducen o estrés e a ansiedade.

8

SOMOS UNHA GRAN FAMILIA Imos compartir un momento de diversión e conexión coa familia, con esas persoas que nos coidan e nos axudan a medrar e a superar os nosos medos. Que ben nos sentimos cando compartimos un tempo de calidade coas personas que queremos! Acompaña a canción facendo percusión co teu corpo. Somos unha gran familia

9

EU SON MOI INTELIXENTE Colle un lapis ou bolígrafo entre as mans e frégaas. Podes sentir esa calor como un lume que ti creaches? O lapis é agora o teu "aliado", o teu amigo e vaite axudar a non distraerte mentres fas as tarefas. Se te decatas que a túa mente voa lonxe, volve fregalo e lembra que ti es moi especial e un alumno/a excelente. Eu son moi intelixente Afirmacións positivas

5

BOCEXO COMO UNHA BALEA Vou compartir contigo un segredo: Sabías que bocexar deliberadamente mellora a túa memoria, axúdate a recuperar enerxía e soltar todas as tensións do teu corpo e mente? Bocexar é unha das mellores cousas que podes facer cando precisas concentrarte e volver á calma. Pon a xema dos dedos nas túas meixelas e simula un gran bocexo mentres fas presión cos teus dedos. Goza dun gran e longo bocexo Bocexa como unha balea

13

DUCHA DE ENERXÍA Imos agasallarnos cunha ducha que nos vai encher de enerxía positiva. Mentres soa a canción "Agua" comezamos a "ducharnos" dende os pes á cabeza, De cando en vez botamos "Xabón Xabón" mentres fregamos as mans para levalas a parte do corpo que vai indicando o mestre/a ou libremente á que ti decidas. Goza desta ducha e lembra secarte ao sol enchéndote de luz e enerxía. Agua

14

SON UN SUPERHEROE Se ti foses un Superheroe/superheroína ...Quen serías? Visualiza a túa metamorfose nesta personaxe. Intenta contestar no silencio da túa mente estas preguntas: Como es físicamente? Onde vives? Que comes? Quen son os teus amigos/as? Que fas no teu tempo libre? Cal é o teu Superpoder? Cal foi a túa fazaña máis complicada? Que te fai enfadar? Escoita esta canción Vouche contar un segredo. Se eu fose una Superheroína , encantariame ter o Superpoder da "amabilidade"... Un simple xesto amable pode transformar positivamente o mundo. É maxia! Cadena de favores Propóñoche un reto: Inicia unha cadea de amabilidade infinita

17

XOGA EN FAMILIA Xogar en familia é divertido e relaxante. Fainos sentir ben, rirnos, gozar dun ambiente distendido e mellorar o noso estado de ánimo. Se te paras un momento e lembras momentos divertidos e entrañables da túa infancia, é moi probable que che veñan á mente situacións nas que estas xogando coa túa familia e amizades: xogando ao Parchís co teu avó ou avoa, ao balón, montando en bicicleta, xogando á goma ou a corda, ao vexo vexo no coche nas viaxes máis longas... É fundamental buscar espazos dentro das rutinas familiares nos que compartamos espazos lúdico recreativos cos nosos fillos/as . É moito máis importante do que ás veces pensamos, pois nos achega unha gran cantidade de beneficios na harmonía da casa.

18

SONS CON CONEXIÓN Hai cancións, sons, melodías (que teñen palabras máxicas) que acompañadas de xestos e/ou movementos son moi axeitadas para explorar o que sucede na túa mente ,no teu corpo e no teu corazón. Cando escoitas estes sons con atención plena daste conta de que podes soltar pensamentos e sensacións molestas e que podes voltar á tranquilidade. Ra-Ma-Da-Sa¡ Sa-Ta-Na-Ma .

19

CARIÑOGRAMA Pensa nunha persoa especial paar ti e que che apeteza escribirlle algo bonito. Trae esa persoa a túa mente. Es quen de....? Imaxinar a súa cara? De recoñecer os seus xestos? De identificar a cor dos seus ollos? De escoitar a súa voz na túa mente? De lembrar momentos especiais cando estás con ela? Mentres escoitas a "canción do corazón" pensa en todas estas cousas e imaxina unha pequena luz que comeza a medrar no teu corazón. Cando sintas que o teu corazón está grande, forte e tranquilo repite na túa mente: "espero ter un día maravilloso, tranquilo e sereo". Canción do corazón Agora vas agasallala con mensaxes dicíndolle cousas bonitas, demostrándolle canto a queres. Podes imprimir estes corazóns e agochalos entre as sáus cousas para que se leve unha grande sorpresa ao atopalos. Corazóns para imprimir Ou podes enviarlle o teu agarimo virtualmente. Se prefires corazóns virtuais preme aqui

15

DESEXOS CON CORAZÓN Tómate un tempo para sentir a túa amiga "respiración". Observa como entra o aire polo teu naris, e acompáñaa na viaxe que fai polo teu corpo. Poderás percibior as partes que se elevan, as sensacións física que tes... Trae ao "silencio da túa mente" unha árbora fermosa con raíces moi fortes. Esta árbore non ten follas e pídeche un favor: que a enchas con follas que broten do teu corazón. Nelas escribe mensaxes para ti, para os nenos/as desta clase, para a túa familia ou para o mundo. Ti tes o superpoder de facer sentir ben aos demáis coas túas palabras. Apetéceche probalo? A árbore dos desexos.

21

SAÚDOS AGARIMOSOS Colocámonos nun círculo. Comezamos unha rolda de saúdos agarimosos e de recoñecementos positivos . Cada neno/a vai establecendo contacto visual co neno/a da súa esquerda, saúda e di “Ola......os teus ollos parecen hoxe de cor…. ou "ola....os teús ollos expresan hoxe.." Para rematar expresamos un pensamento afectuoso: “espero que sexas feliz”, “que goces de saúde”, “que teñas bos amigos/as”, “que a túa vida sexa doada”.Tamen podemos facer unha rolda de recoñecementos: "encántame como debuxas", "es moi especial para min"...

23

O PAXARO DA FELICIDADE Leva a túa "lanterna de atención" ás cousas bonitas e agradables que tes na túa vida. Que é o que máis che gusta facer? Con que persoas che gusta estar? Cres que es un neno/a feliz? Que che aporta calma? Son moitas as persoas e cousas que fan valioso o teu mundo. Un paxaro chegou a túa ventá para dicirche unha mensaxe moi importante: que "sentirse ben" depende en grande parte de ti. Imos facer unha viaxe con este paxaro. O paxaro da felicidade Se che apetece podes facer un debuxo desta viaxe.

No Nadal, mellor con calma

2021

22

BAILANDO EN FAMILIA Imos explorar como o noso corpo é quen de expresarse a través do baile, ferramenta moi útil para liberar tensións e enchernos de enerxía reparadora. E se o facemos en familia aínda é mais divertido. Podedes bailar libremente cos ollos pechados, cos ollos abertos, collendo na man un trozo de tea...ao ritmo da música que soa con movementos amplos e conscientes,. De cando en vez podedes quedar "conxelados", levar a man ao corazón e percibir como latexa. Propóñovos un reto: imitar os movementos dos nenos/as de Masaka. Gozade bailando! Masaka Kids . Jerusalema Ás veces precisamos activar o noso corpo para decatarnos que non só somos mente e pensamentos. Prestade atención a cada movemento que fagades e de cando en vez levade a man ao corazón (ao voso ou ao do voso fillo/a) para decartarvos de como latexa. Activo o meu corpo

4

ASÍ É A VIDA Na vida non sempre suceden as cousas que queremos. Ás veces ocórrennos sucesos que non nos gustan e que quedan fora do noso control O único que podemos edecidir é a nosa actitude diante destos acontecementos . Lembra que "tes o superpoder" de aceptar as cousas tal e como suceden. Os adultos están para axudarte. É importante que vexas estes sucesos que non te gustan como oportunidades para adestrar a túa paciencia e a túa resiliencia. "As cousas boas virán ao que sabe esperar". Só tes que confiar. Así é a vida

6

VIVAN AS MASAXES! Escolle a un membro da túa familia e agasállao cun "instante de calma" . Mesmo podes decidirte pola túa mascota ou un peluche especial para ti. Comeza fregando as túas mans. Pásalle os teus dedos suavemente polo lombo como pequenos vermes travesos que corren a toda velocidade de arriba para abaixo. Debuxa nas súas costas unha onda, un sol, unha estrela, choiva, unha flor , ou calquera cousa que se che ocorra. Goza desta sensación de dar e recibir agarimo. Acompaña a masaxe con esta música de fondo. Canción

16

COME CON ATENCIÓN PLENA Imos adestrar a nosa capacidade de comer con atención plena. Colle algo para comer. Antes de metelo na boca explora este alimento: De que te podes decatar cando o miras con atención? Que podes notar cando o achegas ao teu nariz? Que podes sentir cando o exploras coas túas mans? Abre a boca e proba un bocado moi pequeniño. Non o mastigues. Só sínteo na túa boca e observa que pasa: Podes notar o seu sabor? Comeza a mastigalo moi paseniño e presta atención o que vai sucedendo. Trata de estar moi atento/a ao momento que o tragas. Xa estás listo/a para dar outro mosdisco. Como agasallo ao ben que o fixeches, escoita o conto do Panda feliz Panda feliz

12

TODOS/AS SOMOS CAPITÁNS Cada neno/a desta clase é unico/a no mundo: as vosas ideas, o que sentides, as vosas opinións, os vosos soños.... Todos e todas somos responsables de dirixir o nosos barco cara onde queremos chegar. Nembargantes tamen temos moitas cousas en común. Imos descubrilas. Escoita estas frases e levanta a túa man se son verdadeiras para ti: .Encántame a comida italiana: pasta, pizza.. .Cando me enfado perdo o control. .Non me gusta comer peixe. .Prefiro á praia que a piscina .Síntome nervioso/a cando teño un exame .Xogo demasiado tempo coa tablet, móbil ou ordenador .Non me agrada a miña cara. .Quixera ter outro corpo. .Prefiro aos cans que aos gatos ..... E agora imos cantar todo/as a canción de "Todos/as somos capitáns" sentindo que viaxamos todos na mesma barca. Canción "Todos somos capitáns"

10

PODES ELIXIR UNHA DAS PROPOSTAS SAÚDO AO SOL O saúdo ao sol, e é unha das rutinas máis básicas de ioga. Trátase dunha serie de 12 posturas que se realizan de forma continuada coordinando movemento e respiraciónEsta versión cantada axudarache a fortalecer e estirar todo o teu corpo dun xeito moi divertido e dinámico, sobre todo se a prácticas coa túa familia. Saúdo ao sol UN PASEO CONSCIENTE Durante o día de hoxe busca uns minutos para camiñar conscientemente, na túa casa ou, mellor se saes a dar un paseo pola Natureza coa túa familia. Presta atención á pranta dos tus pés. Camiña rápido, lento, de puntillas, cos talóns, a pata coxa, como unha rá... Observa o movemento dos teus brazos, a posición dos ombreiros... Para durante uns segundos e observa as cousas que che rodean. Descubriches algunha que nunca viras antes? Podes tocala e sentila cos ollos pechados. Volta andar outra vez , mesmo podes pechar os ollos para darte conta do movemento dos teus pes, da posición do teu corpo. Detente a escoitar os sons do arredor e a percibir olores e cores.

11

LABORATORIO DE MOVEMENTO O teu corpo é como un laboratorio capaz de producir unha manchea de movementos Sinte o teu corpo cando se move prestando atención as instrucións: diante, detrás, rápido, lento...Entra en contacto co teu corpo - máquina perfecta de facer movementos conscientes- e goza facéndoos. Conecta co teu corpo

24

PANXOLIÑA EN FAMILIA Parabéns! Chegaches ao final deste almanaque! Hoxe é un día especial: o día de Noiteboa, véspera do día do Nadal. E mentres esperas con ilusión a chegada desta Noite tan máxica, deixote, como agasallo, esta panxoliña para que a cantedes e bailedes en familia. Goza deste día coa túa familia, fálalles con amabilidade e agarimo, implícate nas tarefas e sobre todo ..... Que sexas moi feliz hoxe e sempre! Panxoliña: volver a casa por Nadal

Ceip de Chans Bembrive 2023-24

20

CARIÑOGRAMA Pensa nunha persoa especial paar ti e que che apeteza escribirlle algo bonito. Trae esa persoa a túa mente. Es quen de....? Imaxinar a súa cara? De recoñecer os seus xestos? De identificar a cor dos seus ollos? De escoitar a súa voz na túa mente? De lembrar momentos especiais cando estás con ela? Mentres escoitas a "canción do corazón" pensa en todas estas cousas e imaxina unha pequena luz que comeza a medrar no teu corazón. Cando sintas que o teu corazón está grande, forte e tranquilo repite na túa mente: "espero ter un día maravilloso, tranquilo e sereo". Canción do corazón Agora vas agasallala con mensaxes dicíndolle cousas bonitas, demostrándolle canto a queres. Podes imprimir estes corazóns e agochalos entre as sáus cousas para que se leve unha grande sorpresa ao atopalos. Corazóns para imprimir Ou podes enviarlle o teu agarimo virtualmente. Se prefires corazóns virtuais preme aqui

PARABÉNS Chegaches ao final deste almanaque! Hoxe é un día especial E mentres esperas con ilusión a chegada desta Noite máxica, deixote, como agasallo, a posibilidade de repetir a actividade que máis gozaches e estas caixas de agasallos virtuais para que as decores como queiras. Que che gustaría que tivesen dentro?? Non deixes de soñar. Que sexas moi feliz hoxe e sempre! PREME AQUI

Prepárate para disfrutar de la Navidad con este calendario de Adviento en el que te proponemos 24 ideas para disfrutar con tu familia. Cada día un plan diferente con el que compartiréis grandes momentos. ¡Empieza la cuenta atrás para Navidad!