Want to make creations as awesome as this one?

To learn and apreciatte a litte bit more the importance of traditional music

More creations to inspire you

A2 - ABENTEUER AUTOBAHN

Horizontal infographics

STEVE JOBS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

BEYONCÉ

Horizontal infographics

Transcript

SEA SHANTIESE CANCIÓNS MARIÑEIRAS GALEGAS

SEA SHANTY. Definition

Non se pode establecer unha orixe concreta para as sea shanties. É indubidable que naceron a bordo de barcos mercantes ou pesqueiros, dada a súa temática náutica. Existen cánticos tradicionais de fala inglesa procedentes de Escocia, Estados unidos, Australia, Nova Zelanda...Definimos un Sea Shanty como un canto marítimo, onde os membros da tripulación dun barco entoaban as cancións en total harmonía para amenizar as labores que un navío pode esixir, ademais de facer que os mariñeiros foran máis produtivos. Deste xeito dicíase que un tripulante que puidera dirixir os sea shantis adecuadamente era máis valioso que catro mans dentro da nave.

As salomas desenvolvéronse como un método para aumentar a productividade a bordo, ao coordinar baixo o mesmo ritmo a grupos de homes para que traballen conxuntamente ou de xeito máis veloz. Outro efecto das salomas era reducir o aburrimento e a tensión no barco, ademais de crear vínculos entre os tripulantes, o que reducía o hastío no barco e facía longos viaxes máis amenos e reducia o risco de motín.Moitas salomas conserváronse por medio da tradición oral e seguen interpretándose na actualidade pero xa fóra do seu contexto orixinal

EN QUE TAREFAS SE EMPREGABAN:Para tarefas de tiro prolongado, por exemplo, das cordas para izar as velas. Este tipo de saloma chámase en inglés long-drag, haylard ou long-hul.Para tarefas de tiro de curta duración. Este tipo chámase en inglés short-drag o short-haulPara levar áncoras. Como esta non era unha tarefa que requería moita forza, a canción era máis suave e xeralmente incluía un coro, ademais do verso de resposta. Este tipo de saloma chámase en inglés capstan.Para formar en cuberta. Cantadas por grandes tripulacións, con todos os homes en formación e pisando con forza a cuberta da nave. Chamadas en inglés stamp-n-go.Para achicar auga mediante bombeo pola acción dos homes.Chamadas en inglés pumping.Para erguer as redes do mar nos barcos pesqueiros. lChamadas en inglés menhanden.Para momentos de ocio. Eran cantadas sen ser destinadas a ningún tipo de actividade, senón normalmente cando xa non había traballo que facer e os mariñeiros tiñan gañas de compartir, cantar, divertirse e beber. Chamadas en inglés Fo'c'sle o Forecastle; é o estilo que soe amosarse en series e películas típicas dos piratas. Exemplos famosos son Rolling Down to Old Maui e Spanish Ladies.

INFLUENCIAS ACTUAIS:O tema introductorio da serie Bob Esponxa está baseado no famoso sea shanty "Blow the man down". A canción de fondo, a miúdo asociada con don Cangarexo, o Crustáceo Crocante, ou as tramas sobre mariñeiros e piratas desta serie (tocada en acordeón, tuba e frauta) é a saloma "Drunken Sailor"

Algúns grupos de rock inspiráronse nas salomas,no chamado Pirate Rock. Un exemplo é o grupo "Alestorm"O grupo "El pony pisador" é o primeiro grupo español en cantar salomas tradicionais e en participar en festivais internacionais deste xénero.

Old maui Spanish ladies The wellerman

A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

O pobo galego empregaba a música en moitas ocasións e por numerosos motivos: para expresar as súas inquedanzas, para transmitir normas sociais, protexerse dos males e atraer os favores divinos, celebrar acontecementos vitais, facilitar o traballo, divertirse ou facer máis levadíos os momentos duros... Debido a que era raro o acontecemento que non servía como escusa para cantar, tocar ou bailar, xurdiron diversidade de xéneros musicais. Estas expresións musicais, ademais, están en moitas ocasións fortemente vinculadas as tradicións, ritos, traballos e aos saberes populares, e resulta imposible separalos.

Cancións mariñeiras

A música galega está repleta de cancións de mariñeiros, cancións de taberna, foliadas, cantadeiras, pandereiteiras, gaitas e bailes. Era a forma de divertirse despois dunha xornada de duro traballo.Galicia sempre dependeu do mar. A pesca era un medio de vida. Logo xa, en terra, tocaba xuntarse e cantar e bailar todos xuntos . E o mar, a mar, sempre estivo presente nos cantos.

as nosas cancións :

Meu amor é mariñeiroCatro vellos mariñeirosMiudiñoEu son mariñeiro...

catro vellos mariñeiros eu son mariñeiro meu amor é mariñeiro

Introduction here

Chorus. The Wellerman:Soon may the Wellerman come Pronto pode vir o WellermanTo bring us sugar and tea and rum para traernos azucre, té e ronOne day, when the tonguing is done Un día, cando o canto remateWe'll take our leave and goDiremos adeus a marcharemos

Catro vellos mariñeirosCatro vellos mariñeiros, Catro vellos mariñeiros. Todos metidos nun bote. Voga, voga, mariñeiro; Imos pra Viveiro, Xa se ve San Roque. Voga, voga, mariñeiro; Imos para Viveiro, Xa se ve San Roque. Ai lalelo, ai lalalelo. Ai lalalelo, ai lalalalá. Ai lalelo, ai lalalelo. Ai lalalelo, ai lalalalá. Ai lalelo, ai lalalelo. Ai lalalelo, ai lalalalá. O mariñeiro traballa, O mariñeiro traballa De noite coa luz da lúa. Dá gusto velos chegare Pola mañá cedo cheirando a frescura. Dá gusto velos chegare Pola mañá cedo cheirando a frescura.

Ai lalelo, ai lalalelo. ...Levo sardiña e bocarte, Levo sardiña e bocarte. Vendo xurelo pequeno. Rapaciña de Viveiro, Ven busca-lo lote do teu mariñeiro. Rapaciña de Viveiro, Ven busca-lo lote do teu mariñeiro. Ai lalelo, ai lalalelo. ...Voga, voga, mariñeiro. Voga, voga, mariñeiro. Que che hei de ir a esperare Para recollerche a pesca E levarcha toda toda a subhastare. Para recollerche a pesca E levarcha toda toda a subhastare. Ai lalelo, ai lalalelo. ...

Autora: Mari Cruz O. L.