Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
AVALIACIÓN NA ESO
gcastropico
Created on March 2, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Agenda
View
Akihabara Content Repository
View
Interactive Scoreboard
View
Correct Concepts
View
Semicircle Mind Map
View
Choice Board Flipcards
View
Team Retrospective
Transcript
NOVA AVALIACIÓN NA ESO
INFORME INDIVIDUALIZADO
Consideracións xerais
Para o alumnado que teña materias con partes sen superar logo da 3ª avaliación (6 de xuño) o equipo docente realizará un breve informe que debe servir de base para o deseño das correspondentes actividades de recuperación.
AVALIAciÓNS
A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de educación secundaria obrigatoria será continua, formativa e integradora
Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo 3 sesións de avaliación parciais.
O período comprendido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titorización. XUÑO
CUALIFICACION DEFINITIVA
A cualificación definitiva das materias ou ámbitos farase efectiva na avaliación final de curso. (23 de xuño)
PROMOCIÓN E TITULACIÓN
PROMOCIÓN
Ao finalizar cada un dos cursos da etapa, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado.
CRITERIOS DE PROMOCIÓN
Promocionará aquel alumnado que superase as materias ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias.Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción , sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias dese ano académico sexa igual ou superior a cinco. b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permiten seguir con éxito o curso seguinte. c) Que o equipo docente estime que ten expectativas favorables de recuperación. d) Que o equipo docente estime que dita promoción beneficiará a súa evolución académica. O alumnado que promocione de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha delas O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso. Poderase pernmanecer no mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio.
TITULACIÓN
Nestes dous casos: Con todas as materias aprobadas A media das materias dese curso é igual ou superior a 5 e o equipo docente considera que adquiriu as comperencias e obxectivos da etapa