Formación de usuarios
Inma Lorenzo
Created on September 30, 2021
More creations to inspire you
TOM DOLAN
Presentation
BASIL RESTAURANT PRESENTATION
Presentation
AC/DC
Presentation
ENGLISH IRREGULAR VERBS
Presentation
ALL THE THINGS
Presentation
SANTIAGOVR_EN
Presentation
WWII TIMELINE WITH REVIEW
Presentation
Transcript
CEIP MANUEL SUEIRO
FORMACIÓN DE USUARIOS BIBLIOTECA
SUPER LEO
A NOSA MASCOTA
Contareivos algunhas cousiñas que debedes saber para poder disfrutar da nosa biblioteca
Que servizos ten a biblioteca?
- Lectura e préstamo de libros a domicilio.
- Utilización de material de consulta.
- Impresión de traballos.
- Utilización de ordenador para facer traballos.
- Conexión a Internet.
- Zona multimedia para utilizar material informático: xogos educativos, enciclopedias multimedia, etc...
- Proxector. - Zona audiovisual, para visionar DVD e vídeos.
Como xa sabedes, unha biblioteca é un lugar onde temos a nosa disposición moitos fondos de lectura de diferentes materias. Hai contos, novelas, cómics, libros de historia, de ciencias, dicionarios, atlas…
Os libros están clasificados por materias seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal). Cada número e cor corresponde a unha temática. En cada andel hai un cartel que indica o número da CDU dos libros que contén.
57 CLA cue
- Cada libro leva unha etiqueta no lombo que contén unha información :
- O número indica a CDU.
- As tres primeiras letras do apelido do autor escritas en maiúsculas.
- As tres primeiras letras do título escritas en minúsculas.
Os libros de ficción pertencen ao grupo 82.
82N-G YÁÑ pla
- 82N- narrativa.
- 82P- poesía.
- 82T- teatro.
- 82C- cómic.
- Ademáis se levan unha G (82N-G), quere dicir que están escritos en galego.
- Unha C (82N-C) quere dicir que están escritos en castelán.
- Unha I (82 N-I) quere dicir que están escritos en inglés.
Os libros de ficción levan un rectángulo ou círculo de distintas cores que indica o nivel aproximado dos lectores
As obras están ordeadas alfabeticamente, polo apelido do autor, dentro de cada andel.
PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS
Só se pode usar a biblioteca se hai un responsable presenteHai que traer o carné para facer os préstamos e as renovacións. Cada alumno /a é responsable do seu.O día de préstamo é o venres . Cada aula terá unha hora asignada para acudir a bibliotecaTedes a posibilidade de coller 1 libro en préstamo durante unha semana. Se non rematas a lectura durante este tempo, podes ampliar o prazo unha semana máis ,avisando a profe de biblioteca. Cando fagas a devolución do libro unha vez rematado darasllo o encargado de biblioteca , e depositaralo na caixa de devolución.
NORMAS DA BIBLIOTECA
- A biblioteca é para disfrutar lendo, escoitando, xogando… pero sempre respectando aos demais. Por iso, temos que estar en silencio ou falar moi amodiño para non molestar a outros usuarios.
- Debes coidar os libros e os materiais da biblioteca. Evita dobralos, manchalos ou enrugalos. Ti es responsable do libro que levas e, no caso de estragalo ou perdelo, deberás repoñelo.
- Se atopas un libro “enfermo” levao ao hospital dos libros.
- Non comas nen bebas. Só está permitido devorar libros cos ollos.
- Se ordeado: deixa todo onde o atopaches.
- Así é máis doado para todos.
actividades
actividades
actividades
Formación de usuarios: actividades