Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
SOLUCIÓN ENIGMA 13
alba.senande.fernand
Created on May 13, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Estás preparado/a para descubrir a solución?
avda. AVENIDA
Queres saber máis sobre este tipo de comunicación?
A SOLUCIÓN É:
Para máis información
Como se crean e distinguen as abreviaturas?
Que son os acrónimos?
Que son as siglas?
Unha abreviatura é a representación escrita dunha ou varias palabras mediante unha ou varias das súas letras, a fin de que a palabra ou as palabras resulten máis curtas no texto.
Exemplos de abreviaturas
CREACIÓN E DISTINCIÓN DAS ABREVIATURAS
Para elaborar unha abreviatura, normalmente elimínanse letras, sílabas ou algunhas palabras do conxunto completo. Algúns trucos para distinguilas é que levan til, sempre e cando, algunha das letras da palabra completa a leve e se atope na abreviatura. Tamén, se pode recoñecer porque se escriben con punto final, aínda que algunhas veces este é sustituído por unha barra.
ALGÚNS EXEMPLOS DE ABREVIATURAS(documento en galego)
SIGLAS
Palabra creada a partir das iniciais de varias, como por exemplo: DNI (Documento Nacional (de) Identidade). Un truco para identificar estas palabras é que, en case todos os casos, se escriben con letras maiúsculas e as iniciais non se separan con puntos. Algún exemplo de sigla é: CD (Compact Disc) FMI (Fondo Monetario Internacional). FM (Frecuencia Modulada).
ACRÓNIMOS
Un acrónimo é un tipo de sigla que se pronuncia como unha palabra. Tamén, son aquelas palabras formadas pola conxunción de dúas palabras. Algún acrónimo pode aparecer escrito en minúsculas. Algún exemplo de acrónimo é: OVNI (Obxecto Voador Non Identificado) Renfe (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois) Ofimática (oficina + informática)
FONTES DA PRESENTACIÓN: https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/gramatica/acronimos-siglas-abreviaturas
PARA MÁIS INFORMACIÓN: