Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ALIMENTOS DE TEMPADA
Espinheira Aldán
Created on April 11, 2021
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
ALIMENTOS DE TEMPADA
Proposta didáctica
DICIOHORTA
Alimentos por tempada
Destinatarios e obxectivos
Primavera
Verán
Inverno
Outono
Actividades I
Vídeo e actividade inicial
Actividades II
1. Reflexiona
1. Intrusos
2. Cada alimento a súa estación
2. Banco de fotografías
3. Entrevista aos avós e avoas
3. Menú saudable
4. KM nos alimentos
4. Receitario da clase
DESTINATARIOS E OBXECTIVOS
OBXECTIVOS
DESTINATARIOS
OBXECTIVOS
3. Recoñecer estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo e tamén do medio ambiente. 4. Elaborar un menú saudable con alimentos de proximidade e de tempada.
1. Describir ordenadamente o proceso de obtención dun produto ata a súa venda, valorando o impacto deste proceso no medio ambiente. 2 . Explicar as causas e consecuencias do cambio climático e actuacións responsables para frealo: alimentos de proximidade e alimentos de tempada
ESTA UNIDADE VAI DIRIXIDA AO ALUMNADO DE 3º CICLO PRIMARIA.
DICCIOHORTA: Aquí atoparás palabras relacionadas coa horta sobre as que precisamos reflexionar antes de facer os exercicios. Sabes o que significan estas palabras? Aquí cho contamos :
Alimentos kilométricos
Alimentos de tempada
Pegada de carbono
Orixe dos alimentos
QUE SON OS ALIMENTOS DE TEMPADA?
Son aqueles alimentos que se colleitan nunha determinada estación ou época do ano, cando o clima e as condicións naturais son as axeitadas para o seu crecemento completo.
QUE É A ORIXE DOS ALIMENTOS?
É o lugar onde se cultivan os alimentos que consumimos. Se un tomate se cultivou en Galicia, a súa orixe é Galicia. O lugar onde se cultivou un alimento por primeira vez é o lugar do que é ORIXINARIO. Por exemplo, o tomate é orixinario dos Andes. Pero a día de hoxe podemos atopar tomates cultivados en Galicia ou en Holanda (lugares de orixe).
QUE SON OS ALIMENTOS KILOMÉTRICOS?
Son aqueles alimentos que se cultivan noutros países diferentes ao noso, en lugares moi afastados e que percorren moitos kilómetros ata chegar ás nosas casas. Poden ser alimentos que aquí non se poden cultivar, pero tamén outros moitos que si (como patacas, laranxas ou mazás).
QUE É A PEGADA DE CARBONO?
É a cantidade de Gases de Efecto Invernadoiro que se xenera para producir un alimento ou para fabricar calquera obxecto. No caso dos alimentos inclúe todos os gases que se producen dende o momento en que se planta ata o momento en que o comemos (plantación, mantemento do cultivo, colleita e transporte ás tendas).
01
PRIMAVERA
ALIMENTOS DE TEMPADA
02
VERÁN
ALIMENTOS DE TEMPADA
03
OUTONO
ALIMENTOS DE TEMPADA
04
INVERNO
ALIMENTOS DE TEMPADA
Vídeo de FUHEM:
Agricultura de proximidade: á horta do recuncho
ACTIVIDADE
Subtítulos en galego
A PENSAR!!! LOCALIZA O INTRUSO
PRIMAVERA
VERÁN
INVERNO
OUTONO
DEMOSTRA O APRENDIDO: Arrastra cada ALIMENTO á ESTACIÓN DO ANO que lle corresponda
FROITAS
VERDURAS
Fala coas túas avoas e avós ou outra persoa maior da túa contorna e que che conten que alimentos se recollían en cada época.
Escribe unha redacción ou grava un vídeo.
ACTIVIDADE
MAPAMUNDI
REFLEXIONA!!!
En que estación estás?
Que alimentos atopas na túa neveira? Fai unha listaxe.
Cres que hai algún intruso? De ser así, pensa como é posible e que consecuencias ten isto para o medioambiente e para ti?
BANCO DE FOTOGRAFÍAS
Tíralle unha foto a un alimento de tempada e compártea no Padlet.
+ info
Elabora un menú saudable
Emprega na listaxe de alimentos produtos de tempada
LEMBRA O APRENDIDO SOBRE A PIRÁMIDE ALIMENTARIA
RECEITARIO DA CLASE
Escribe a túa receita saudable
+ info
Grazas!
Este material públicase baixo Licenza Creative Commons “Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional”
«Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido de dita publicación é responsabilidade exclusiva de AMIGOS DA TERRA e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia»