Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Descubrindo a Rosalía de Castro
A.S.S.
Created on January 31, 2021
xogo de "escapismo" para coñecer a Rosalía de Castro
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
23 febreiro
DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO
Comezar
Búscanse
DETECTIVES
Os membros da real academia galega están preparando o "día de rosalía". están algo perdidos e volven precisar da vosa axuda...
Introdución
A nosa escritora favorita tivo unha vida moi axetreada, o cal non facilita á Real Academia Galega a investigación que están facendo.Podes axudalos? Resolve as pistas para coñecer os números secretos cos que abrir a caixa forte. Pon moita atención, calquera cousa pode ser unha pista!
RAG
R o s a l í a
Onde situarías a casa natal de Rosalía?
Camiño Novo,Conxo (Santiago de Compostela)
Monte Alto (Coruña)
Bouzas (Vigo)
CORRECTO!
RAG
o primeiro NÚMERO DA CLAVE É:
INCORRECTO!
RAG
Camiño novo, Conxo (Santiago)A súa casa natal
Exacto! Rosalía naceu no que hoxe é o concello de Santiago.Esta foi a súa casa natal. Para coñecer máis datos, deberás buscar a chave para entrar na casa!
aRRASTRA A LUPA
Agora que estás dentro... aproveita a buscar algunha pista sobre o pasado de Rosalía.
Unha foto antiga dunha nai e súa filla...Non ten nada escrito, non podemos asegurar que sexan María Teresa e Rosalía...
Sigue investigando...
En 24 de febreiro de 1836, María Francisca Martínez, veciña de San Xoán do Campo, foi madriña dunha nena que bauticei solemnemente e puxen os santos óleos, chamándoa María Rosalía Rita, filla de pais incógnitos, cuxa nena levou a madriña, e vai sen número por non ter pasado ó orfanato; e que así conste, asínoo
Parece a acta de bautismo de Rosalía. Antigamente non estaba moi ben visto ser filla de solteira...
Sigue investigando...
Tinteiro, pluma, papel...pero nada escrito. Isto non é unha pista.
Sigue investigando...
Nesta caixa só hai un montón de obxectos antigos. Creo que non nos serven de moito!
Sigue investigando...
BILLETE DE TREN
Parece que é un billete de tren dende Santiago.Polo que se ve, a nosa escritora parece que pasou pouco tempo nesta casa... e pronto se mudou para unha vila próxima. Podemos ir en tren! Imos á estación?
estación de tren santiago de compostela
Se te fixaches ben no billete que atopaches, saberás cal é o noso novo destino. De paso que investigamos sobre Rosalía podemos mercar un produto típico dese lugar, que che parece? Mercaremos...
PEMENTOS DE PADRÓN
QUEIXO DE ARZÚA
PATACAS DE CORISTANCO
Moi ben! Imos a Padrón! E coidado cos pementos, que uns pican, e outros non!
o seguinte NÚMERO DA CLAVE É:
Non! Está claro que o queixo de Arzúa é do melloriño que hai pero o billete de tren non era para alí!
Non! Non hai patacas como as de Coristanco, pero o tren que tes que coller non pasa por alí!
Padrón é unha vila situada na provincia da Coruña, na comarca do Sar. Unha vez alí non sabes por onde seguir, así que empezas a preguntarlle á xente que atopas pola rúa...
QUEN CHE PODERÁ AXUDAR?
FAI "CLIC" EN CADA PERSOA PARA SOLICITARLLE AXUDA. CANDO ESCOITES TODOS CONTINÚA NA FRECHA.
PEMENTEIRA
BIBLIOTECARIA
ALCALDE
PEREGRINO
Pero non sabes quen son? Son o alcalde de Padrón! E teño moito que facer! Agora non podo atendervos!
Bueno muller, bueno! Rosalía? En Padrón? Nunca tal se oíu! Non coñezo ningunha. Non queredes uns pementos?
Eu só estou de paso. Sabedes por onde se vai a Santiago?
Podo axudarvos! Eu son Moncha, a persoa que máis sabe sobre Rosalía de todo Padrón! Podedes seguir investigando no Pazo Arentén, en Iria Flavia. Seguro que alí atopades algo de interese.
QUEN CHE PODERÁ AXUDAR?
AGORA QUE XA SABES O QUE CHE DIXO CADA UN... QUEN CHE AXUDOU?
PEMENTEIRA
BIBLIOTECARIA
ALCALDE
PEREGRINO
ISO NON VALE DE MOITA AXUDA!
INTÉNTAO OUTRA VEZ
Pazo de Arretén, Iria Flavia (Padrón)A súa casa na infancia
Grazas ao que che dixo a bibliotecaria chegaches á súa casa da infancia!Haberá algunha chave escondida coa que poder entrar dentro?
Moi ben!Xa estás dentro da casa
o terceiro NÚMERO DA CLAVE É:
Escoitas iso? Óese música pero...de onde vén?
Entre os concellos de Santiago e Padrón pasou Rosalía unha feliz infancia. De feito as paisaxes, os costumes,as cantigas, o traballo labrego, o idioma... foron fonte de inspiración para moitos dos seus poemas.
Presta moita atención, abre ben os oídos e escoita estas cancións!
Camiño branco Najla Shami
Negra sombraLuz Casal & Carlos Núñez
Has de cantar Uxía
Adiós ríos, adiós fontes Amancio Prada
Na lingua que eu falo Najla Shami & Uxía
Bos amores Narf & Uxía
Estás segura de que escoitaches todas as cancións? Son moi importantes para continuar coa investigación!
Prefiro escoitalas outra vez...
Si, claro!
Agora que escoitaches as cancións, terás que relacionalas cos seus poemas, pero onde podo buscar información sobre eles?
A- Na feira, falando coa pementeira.
B- No despacho do alcalde de Padrón.
C- Na biblioteca, preguntándolle a Moncha.
D- No camiño de Santiago, co peregrino.
Rosalía
Díghocho eu!
Así que poemas musicados, eh? Tiña feita unha selección dos mellores poemas musicados de Rosalía! Están agochados na parte secreta da biblioteca, que se abre a través dun libro falso... Pero vouvos tan vella, que non lembro cal é! Ai! É tardísimo! Marcho que teño que marchar.
Rosalía
- Que sexa o alcalde de Padrón non quere dicir que o teña que saber todo...Por saber non sei nin en que parroquia está Castro.
-Boa teima tedes coa Rosalía esa!Mira, se non ides mercar deixade de enredar que teño moito que facer!
- Dela non vos sei ningún, pero sei un dun tal Lorca que fala de Santiago. Oíde!
"Chove en Santiagomeu doce amor..."
Xenial! Estades na zona secreta pero...onde estará a selección de poemas da que nos falaba Moncha? Recorda que debes relacionar cada poema coa súa canción!
POR AQUÍ NON HAI NADA DE INTERESE...
POEMA
A qué canción pertence este poema?
PUNTOS: 1000
HAS DE CANTAR
BOS AMORES
ADIÓS RÍOS,ADIÓS FONTES
CAMIÑO BRANCO
PUNTOS: 1000
ADIÓS RÍOS,ADIÓS FONTES
PUNTOS: 1000
Un, dous, tres, responda outra vez!
POEMA
A qué canción pertence este poema?
PUNTOS: 2000
NA LINGUA QUE EU FALO
HAS DE CANTAR
NEGRA SOMBRA
CAMIÑO BRANCO
PUNTOS: 2000
HAS DE CANTAR
PUNTOS: 2000
Un, dous, tres, responda outra vez!
A que canción pertence este poema?
CAMIÑO BRANCO
BOS AMORES
PUNTOS: 3000
BOS AMORES
PUNTOS: 3000
Un, dous, tres, responda outra vez!
A qué canción pertence este poema?
CAMIÑO BRANCO
NEGRA SOMBRA
PUNTOS: 4000
NEGRA SOMBRA
PUNTOS: 4000
Un, dous, tres, responda outra vez!
A qué canción pertence este poema?
NA LINGUA QUE EU FALO
CAMIÑO BRANCO
PUNTOS: 5000
CAMIÑOBRANCO
PUNTOS: 5000
Un, dous, tres, responda outra vez!
Falta unha canción... intenta completala!
Que así mo pediron, que así mo mandaron, que cante que cante na lingua que eu...
canto
falo
amo
BO TRABALLO!
O CUARTO NÚMERO É...
VOLVE INTENTALO!
Ao saír da biblioteca Moncha xa non está, pero hai este misterioso sobre...
Para os detectives da RAG.
Espero que con esto poidades continuar coa vosa investigación. Ide ao xeito!Moncha.
C/ Ballesta
No sobre que vos deixou Moncha hai un billete ao voso nome! Onde poderedes usalo?
Estación de tren de Padrón
Estación de bus de Lugo
Aeroporto de Santiago de Compostela
Presta máis atención nos detalles!
E cal será o voso novo destino?
Barcelona
Madrid
Palma de Mallorca
Sevilla
Santa Cruz de Tenerife
Presta máis atención nos detalles!
VIAxE EN AVIÓN
Alá imos destino Madrid!
Aproveita a viaxe en avión para obter algo máis de información sobre a autora.
chegamos!
non temos moitos cartos, como podemos chegar ao destino de xeito rápido e barato?
esa non é a mellor opción...
Volver
2021 Xaneiro
ESTE É O PLANO DO METRO, EN QUE LIÑA DEBEDES MONTAR?
Non, non! Achégate máis ao mapa para ver que liña sae do aeeroporto
Moi ben! Andando chegastes ás indicacións que vos deu Moncha. Atopas algo interesante?
Moi ben! Andando chegástedes ás indicacións que vous deu Moncha. Atopas algo interesante?
cal foi a primeira obra que esccribiu a nosa escritora?
La flor
Cantares gallegos
Follas novas
En las orillas del Sar
CORRECTO!
proba de novo...
La flor , escrita en castelán,é a primeira obra que publicou Rosalía de Castro en 1857.
MOI BEN, O SEGUINTE NÚMERO É
Un destacado escritor e periodista da época con gran prestixo fixo unha boa crítica da obra La flor no xornal La Iberia.
El e Rosalía xa se coñecían de antes, e incluso lle presentou a moitos intelectuais cos que facían tertulias, recitaban poemas...
Pero foi a partir da publicación da súa primeira obra cando a relación entre os dous se fixo cada vez máis íntima...
E o 10 de outubro de 1858 casan na igrexa de San Ildefonso en Madrid.
con quen casou?
MARCA A OPCIÓN CORRECTA!
XOÁN MANUEL PINTOS
CURROS ENRÍQUEZ
EDUARDO PONDAL
MANUEL MURGUÍA
Atinaches!
Rosalía de Castro e Murguía casaron na igrexa parroquial de San Ildefonso. Foi un amigo común o que posibilitou que ambos comezasen unha relación que finalmente acabou en voda.
Non... proba de novo!
Curros Enríquez traballou toda a súa vida como periodista, mais a súa verdadeira dimensión intelectual conseguiuna como poeta do Rexurdimento das letras galegas, xunto con Pondal e Rosalía. Están relacionados, pero non por casar!
Non... proba de novo!
Eduardo Pondal foi, xunto con Rosalía, un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, pero non casou con ela! É o autor da letra do himno galego recollido no seu libro Queixumes dos pinos.
Non... proba de novo!
Xoán Manuel Pintos foi un dos precursores do Rexurdimento, pero non foi parella de Rosalía. Publicou, entre outos, A Gaita Gallega, o primeiro libro escrito en galego moderno.
Manuel Murguía foi xornalista, historiador e escritor, impulsor do Rexurdimento galego, xunto Rosalía de Castro. Foi o creador da Real Academia Galega e o que puxo en contacto a Rosalía con Bécquer.
Tiveron 7 fillos, e a pesar de todo, dise que o seu matrimonio non fixo feliz á nosa escritora...
Incluso viviron certo tempo separados, mantendo relación a través de cartas.
Despois da voda, Rosalía e Murgía regresan a Galiza. Debido ao traballo del múdanse con certa frecuencia: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña...
A muller da morriña e da patria, tiña moita paixón pola súa terra, pero ademais diso, a nosa escritora foi unha pioneira do feminismo na literatura.
É a galega máis universal
Rosalía de
Castro
Rosalía foi unha muller adiantada á súa época.
Decidiu ser escritora, un oficio exclusivo de homes na época.
Poeta dos nosos días
ler máis
No prólogo do seu libro La hija del mar, queda reflectido o seu pensamento.
E logo non ten razón? As mulleres ao igual que os homes, podemos ser o que queiramos ser!
Fíxate ben neste artigo. Colle as lentes e atenta ao que escribiu!
Rosalía escribiu, con 21 anos, ese texto publicado no Álbum del Miño de Vigo.
Saberías dicir cómo se titula o artigo ?
lieders
riders
MIDers
+info
CORRECTO!
O próximo número é
Inténtao de novo...
Ring Riiiiiing!
RAG
E chaman por teléfono. Terás que collelo para saber que pasou, ou?
Pois haberá que ir indo para a terriña, coma na casa en ningures, por iso Rosalía debeu voltar...
IMOS
vOLVEMOS A SANTIAGO!
en que sitio de santiago podemos seguir investigando?
Praza do Obradoiro
Por aquí non hai nada...
Praza de Cervantes
Por aquí non hai nada...
Convento de San Domingos de Bonaval
Agora non é o momento...
Por aquí non hai nada...
Praza de Galiza
Por aquí non hai nada...
Seminario Menor
Parque da Alameda
Por aquí non hai nada...
Praza da Universidade
Praza da Universidade
Parece ser que foi nesta casa onde Rosalía viviu cando se publicou un dos libros máis importantes da historia da literatura galega.
Sabedes cal é?
Ou poemas intimistas como o que está soando, "Campanas de Bastabales".
Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio. Dóiome de dor feirda, que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida. Solo media me deixaron que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaran, traidores, ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... de pena me consumiron.
Coa publicación de Cantares Gallegos, deu comezo o Rexurdimento. Foi unha época histórica na que se iniciou unha recuperación da cultura, política, historia e litereratura galegas.
Ademais de Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.
Moi ben! O sétimo número é...
Para continuar coa investigación, precisades acudir á que foi a última casa na que vivíu Rosalía. Emprega algún destes obxectos para obter a información!
P4R3C3 QU3 T32 UN V1RU2!
"Google" sempre é unha boa opción para obter información que non coñeces. Pero a maneira de preguntarlle a un aparello electrónico non sempre é a mesma que para preguntarlle ás persoas... Cal cres que será a maneira máis efectiva? E recorda, que non por sair en google é certo!
Última casa de Rosalía de Castro
Ola! Por favor, poderíame dicir cal foi a última casa de Rosalía?
XENIAL! CHEGAMOS Á ÚLTIMA CASA NA QUE VIVIU ROSALÍA E... A PORTA PARECE QUE ESTÁ ABERTA!
VAIA, PARECE QUE NON SE VE MOITO
ATOPAS ALGÚN INTERRUPTOR POR AÍ? USA A LANTERNA!
Investiga por toda o cuarto. Cando esteas lista continúa para responder ás preguntas.
Se analizaches con detemento o cuarto observarías un debuxo de Rosalía. Nel está representada, nesta mesma habitación, o día no que finou, o 15 de xullo de 1885.
Pero...quen fixo ese retrato?
ALEJANDRA
OVIDIO
GALA
MOI BEN!Ovidio fixo este debuxo con tan só 14 anos. Xa se lle vían trazas de pintor, non cres?
NON!Gala estaba presente cando morreu súa nai, pero non foi a que fixo o debuxo!
NON!Alejandra tamén fixo retratos de súa nai, pero non é polo que estamos preguntando!
Seguinte pregunta: onde foi soterrada Rosalía?
No cemiterio da Almudena (Madrid)
No cemiterio de Boisaca (Compostela)
No cemiterio de Adina (Iria Flavia, Padrón)
Non, non! Seguro que buscaches toda a información na habitación do museo?
Moi ben! Xa saberás que alí só estivo entre 1885 e 1891, despois o seu corpo foi trasladado pero, a onde?
Ao Panteón de Galegos Ilustres (Santiago)
A Xoxocotlan (Oaxac, México)
Ao Taj Mahal (Agra, India)
Non, non! Proba sorte outra vez e fíxate en todos os detalles... Hai algunha pista!
O panteón de galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, (Santiago). Alí descansan os restos de grandes persoeiros galegos, como Castelao, Alfredo Brañas, Francisco Asorey... e dende o 25 de maio de 1891, Rosalía de Castro .
XENIAL! O ÚLTIMO NÚMERO É
PROBA FINAL
Xa tes 8 díxitos! Se os xuntas, terás unha data relacionada con Rosalía de Castro. Proba a escribir os números na seguinte caixa forte!
17
170
1705
17051
170518
1705186
17051863
Esta página necesita contraseña de acceso
Introduce la contraseña
Tachán!
SABÍAS QUE?
En 1979, emitiuse o último billete de 500 pesetas presentando no anverso o retrato de Rosalía de Castro.
Mira se foi alguén importante que puxeron a súa foto nos billetes!
500 pesetas serían 3€. Pero por aquel entón, con 500 pesetas podías mercar moitas máis cousas que hoxe por 3€!
Imaxínate atopar un billete destes na casa? Pregunta aos teus maiores, igual alguén gardou un!
Poeta dos nosos días
A clave era 17-05 -1863, data na que Rosalía de Castro publicou o seu libro Cantares Gallegos e do mesmo xeito se instaurou como data de celebración das nosas Letras Galegas.
parabéns!
Elaborado por:
Ana sánchez Sanmartín
ALBA CARRIL CASANOVA
CEIP Arquitecto casas novoa
cpi DE VEDRA
MÁIS RECURSOS
1) Top 9, cancións Rosalía de Castro. 2) Proposta didáctica AELG. 3) Quiz Quen quere ser millonario. 4) Agasalla flores e libro AELG.
MÁIS RECURSOS
agasalla
AULAS GALEGAS
cancións
quiz
AGRADECEMENTOS
A casa museo de Rosalía de Castro polo traballo contínuo e a gran base de datos.
Alba María, a nosa filóloga favorita, sempre disposta a botar unha man.
Familia e amigos/as, "voces en off" das nosas locuras e xogadores en probas!
Música
Narf & Uxía - Bos amores
Guadi Galego - Tecín soia
Xabier Díaz - Amor con amor se paga
Najla Shami - Camiño branco
Luz Casal & Carlos Núñez - Negra Sombra
Os d´abaixo - Valxe
10
Adaha & Ritman - Cantarte hei Galicia
Uxía - Has de cantar
11
MJ - Malaxente
Amancio Prada - Adiós ríos, adiós fontes
12
Los tamara - A Santiago voy
Najla Shami & Uxía -Na lingua que eu falo
13
Os d´abaixo - Campanas de Bastabales