Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
XELA ARIAS. BIOGRAFÍA. ED. PRIMARIA
letrasgalegaseminari
Created on December 31, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
XELA ARIAS
BIOGRAFÍA
CEIP JUAN FDEZ. LATORREA CORUÑA
CEIP OTERO PEDRAYOA LARACHA (A CORUÑA)
CEIP JUAN REYLOURENZÁ ( Lugo)
CEIP CIDADE VELLAA CORUÑA
CEIP RAMÓN DE LA SAGRAA CORUÑA
CEIP W. FERNÁNDEZ FLÓREZCAMBRE (A CORUÑA)
CEIP PLURILINGÜE M. MURGUÍAFEÁNS - A CORUÑA
CEIP PLURILINGÜE DE BRAGADEOZA-CESURAS ( A CORUÑA)
CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMAA CORUÑA
CEIP SOFÍA CASANOVAVILABOA-CULLEREDO (A CORUÑA)
CEIP ADR CASTELAOORDES (A CORUÑA)
CEIP MILLADOIROMALPICA (A CORUÑA)
CEIP EMILIA PARDO BAZÁNA CORUÑA
xela arias
día das letras galegas 2021
comEZAMOS?
O 17 DE MAIO
Cada ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras, o 17 de maio , a unha persoa que defendera o noso idioma e a nosa cultura. Este ano 2021 a persoa homenaxeada é Xela Arias . Queres coñecer algo da súa vida e da súa obra?
PREGUNTA 1
CANDO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
O 6 DE OUTUBRO
O 17 DE MAIO
O 25 DE XULLO
CORRECTO!
O Día das Letras Galegas celebrámolo o 17 de maio.
SEGUINTE
PREGUNTA 2
CAL É O NOME DA PERSOA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2021?
LUÍS PIMENTEL
MARÍA MARIÑO
XELA ARIAS
CORRECTO!
A persoa homenaxeada no Día das Letras 2021 é Xela Arias.
SEGUINTE
OS PAIS
Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 na Granxa de Barreiros, en Sarria (Lugo), onde seu pai era mestre. Era a primeira filla de Valentín e Amparo. Foi inscrita no Rexistro como María de los Ángeles. Todos lle chamaban Xela.
PREGUNTA 3
EN QUE MES NACEU XELA ARIAS?
EN XANEIRO
EN XULLO
EN MARZO
CORRECTO!
Xela Arias naceu no mes de marzo.
SEGUINTE
PREGUNTA 4
E EN QUE ANO NACEU XELA?
1962
2000
1954
CORRECTO!
Xela Arias naceu no ano 1962.
SEGUINTE
PREGUNTA 5
COMO SE CHAMABAN SEUS PAIS?
ANTÓN e UXÍA
VALENTÍN e AMPARO
ANXO e SABELA
CORRECTO!
Os pais de Xela chamábanse Valentín e Amparo.
SEGUINTE
PREGUNTA 6
CON QUE NOME FOI INSCRITA XELA NO REXISTRO CIVIL ?
MARÍA DE LOS ÁNGELES
AMPARO HERMINIA
MARÍA CRISTINA
CORRECTO!
Xela foi inscrita no Rexistro Civil co nome de María de los Ángeles.
SEGUINTE
OS ESTUDOS
Xela fixo os estudos de infantil e 1º de primaria no colexio Fingoi en Lugo. Rematou a primaria no CEIP vigués de Sárdoma e o bacharelato no IES Castelao, tamén de Vigo, cidade na que foi destinado como mestre o seu pai.
PREGUNTA 7
EN QUE DOUS COLEXIOS ESTUDOU PRIMARIA ?
COLEXIO VALDEXERÍA E COLEXIO DE LOURO
COLEXIO DA LARACHA E COLEXIO DE FEÁNS
COLEXIO FINGOI E COLEXIO DE SÁRDOMA
CORRECTO!
Os estudos de primaria realizounos no colexio Fingoi, de Lugo e no vigués de Sárdoma.
SEGUINTE
PREGUNTA 8
QUE PROFESIÓN TIÑA VALENTÍN, O PAI DE XELA ?
DENTISTA
ALBANEL
MESTRE DE PRIMARIA
CORRECTO!
Valetín Arias, o pai de Xela, era mestre de primaria.
SEGUINTE
O CONCURSO
Cando tiña once anos gañou o Concurso de Contos Infantís O Facho, da Coruña. O seu conto titulábase "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia". Neste conto Xela narra as aventuras dunha rapaza a bordo dun coche: un "leopardo a reacción" e a súa relación cos animais das fragas que vai visitando.
PREGUNTA 9
QUEN ORGANIZABA O CONCURSO DE CONTOS INFANTÍS QUE GAÑOU XELA ?
ABRENTE, DE RIBADAVIA
O FACHO, DA CORUÑA
PEDRÓN DE OURO, DE PADRÓN
CORRECTO!
O Concurso de Contos Infantís que gañou Xela organizouno a sociedade O Facho, da Coruña.
SEGUINTE
PREGUNTA 10
CAL É O TÍTULO DO CONTO CO QUE XELA GAÑOU O CONCURSO QUE ORGANIZABA O FACHO ?
A CASA DAS ANDORIÑAS TRISTES E OS CANS RABUDOS
O BOSQUE DOS ESQUÍOS CANTAREIROS E AS RAS ALGAREIRAS
A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES E A FRAGA LEOPARDICIA
CORRECTO!
O título do conto co que Xela gañou o concurso é A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia.
SEGUINTE
PREGUNTA 11
CANTOS ANOS TIÑA XELA ARIAS CANDO GAÑOU O CONCURSO DE CONTOS INFANTÍS?
DEZAOITO ANOS
ONCE ANOS
DEZ ANOS
CORRECTO!
Xela tiña once anos cando gañou o Concurso de Contos Infantís O Facho.
SEGUINTE
PREGUNTA 12
POR CERTO... QUE É UNHA FRAGA?
TERREO CON LIBELIÑAS DE CORES
TERREO CON MOITAS ALVARIZAS
TERREO CON ÁRBORES DE FOLLA CADUCA
CORRECTO!
Unha fraga é un terreo con árbores de folla caduca.
SEGUINTE
EN XERAIS
Ao rematar o bacharelato, e polos seus coñecementos do idioma galego, entrou a traballar en Edicións Xerais, primeiro de administrativa e despois no Departamento Comercial. Foi correctora de estilo ademais de editora da colección Xerais Universitaria e Biblioteca de Autores Galegos.
PREGUNTA 13
EN QUE EDITORIAL TRABALLOU XELA?
CORRECTO!
Xela traballou en Edicións Xerais de Galicia.
SEGUINTE
PREGUNTA 14
POR QUE ENTROU A TRABALLAR EN EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA?
PORQUE SABÍA CONDUCIR
PORQUE FALABA MOI BEN O GALEGO
PORQUE TIÑA BOA VISTA
CORRECTO!
Xela traballou en Edicións Xerais porque falaba moi ben o galego.
SEGUINTE
A POESÍA
Xela foi tamén profesora de secundaria, impartindo clases de Lingua Castelá e Literatura por varios centros galegos.Escribiu poesía. A súa obra poética está recollida, principalmente, en Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos, Intempériome e Darío a diario, dedicado ao seu fillo.
PREGUNTA 15
DE QUE MATERIA DABA CLASE XELA NO INSTITUTO?
CORRECTO!
Xela daba clases de Lingua Castelá e Literatura.
SEGUINTE
PREGUNTA 16
DE CAL DESTAS PUBLICACIÓNS É AUTORA XELA ARIAS?
CORRECTO!
Darío a diario é un libro de poemas que Xela dedicou ao seu fillo.
SEGUINTE
UN POEMA
Este poema de Xela foi publicado en 1996.
Todos os bebés son tu e ningún coma ti.Todos os nenos son tu e ningún coma ti. Todos os adolescentes son tu e ningún coma ti. Todos os mozos son tu e ningún coma ti. Todos os anciáns son tu e ningún coma ti. Todas as nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
PREGUNTA 17
A QUE LIBRO CRES QUE PERTENCE O POEMA QUE ACABAS DE LER?
Intempériome
Tigres coma cabalos
Denuncia do equilibrio
Darío a diario
CORRECTO!
Pois si, o poema pertence ao seu libro Darío a diario, dedicado ao seu fillo.
SEGUINTE
TRADUCIÓNS
Outra faceta de Xela no mundo da literatura foron as traducións ao galego de obras en portugués, inglés, castelán, francés...Pasou ao galego As bruxas, de Dalh; Contos ao teléfono, de Rodari; O gato Gaiado e a andoriña Señá..., de Jorge Amado; Drácula,de Stoker...
PREGUNTA 18
CAL DESTES LIBROS É O TRADUCIDO POR XELA?
CORRECTO!
Xela fixo a tradución de Contos ao teléfono. Foi o primeiro libro de Gianni Rodari traducido ao noso idioma.
SEGUINTE
DO INGLÉS
LE ATENTAMENTE ESTE TEXTO DUNHA TRADUCIÓN QUE FIXO XELA ARIAS DO INGLÉS AO GALEGO
Á noite seguinte, despois de bañarme, a miña avoa levoume outra vez ao salón para contarme outra historia.-Esta noite -dixo a vella- vouche contar como recoñecer a unha bruxa en canto a vexas. -Pódese estar sempre seguro? -preguntei.
SEGUINTE
PREGUNTA 19
A QUE LIBRO PERTENCE O TEXTO ANTERIOR?
Drácula
Contos ao teléfono
As bruxas
CORRECTO!
O texto corresponde a libro de Roald Dahl As bruxas, traducido por Xela e Lidia Iglesias.
SEGUINTE
DO PORTUGUÉS
LE ESTE OUTRO TEXTO DUNHA TRADUCIÓN QUE FIXO XELA ARIAS DO PORTUGUÉS AO GALEGO
ando a primavera chegou vestida de luz de colores e de alegría, arrecendente de perfumes sutís, desabotoando as flores e vestindo as árbores de roupaxes verdes, o Gato Gaiado estalicou os brazos e abriu os ollos pardos, ollos feos e malos. Feos e malos, na opinión xeral.
SEGUINTE
PREGUNTA 20
A QUE LIBRO PERTENCE O TEXTO ANTERIOR?
CORRECTO!
O texto traducido é do conto O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor, do portugués Jorge Amado.
SEGUINTE
DO ITALIANO
LE ESTE OUTRO TEXTO DUNHA TRADUCIÓN QUE FIXO XELA ARIAS DO ITALIANO AO GALEGO
-Era unha nena que se chamaba Carapuchiña Marela.-Non, Vermella! -Ah, si, Vermella. A súa nai chamouna e díxolle: escoita Carapuchiña Verde... -Que non, Vermella! -Ah, si, Vermella. Vai cabo da tía Diomira levarlle esta para de pataca...
SEGUINTE
PREGUNTA 21
A QUE LIBRO PERTENCE O TEXTO ANTERIOR?
CORRECTO!
O texto anterior é do italiano Gianni Rodari e corresponde ao seu libro Contos ao teléfono, traducido ao galego por Xela Arias.
SEGUINTE
NON É CORRECTO!
INTENTÁMOLO OUTRA VEZ?
XA SABES MÁIS COUSAS DE XELA ARIAS!
DÁMOSLLE OUTRA VOLTA?