Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
20 DE NOVEMBRO - DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
estibaliz_84
Created on November 20, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Visual Presentation
View
Vintage Photo Album
Transcript
Día Universal da Infancia
20 de Novembro
Hoxe celebramos o Día Universal da Infancia, unha xornada que se aproveita para organizar actividades co fin de concienciar sobre os dereitos dos/das máis pequenos/as.Pero, sabedes desde cando se celebra e cales son as principais situacións de desigualdade que podemos denunciar durante esta xornada?
A primeira referencia sobre esta data atopámola na Declaración dos Dereitos Humanos de 1948, na que estaban implícitos os dereitos das nenas e dos nenos, aínda que non o suficientemente explicados. Isto levou a que os integrantes da ONU crearan o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os Nenos e as Nenas (UNICEF) e que, máis adiante, se comprometeran a precisar os dereitos específicos dos e das menores.
En 1954, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou a todos os países que destacasen un día no calendario para adicalo á promoción dos dereitos das pequenas e dos pequenos, organizando actividades para promover o seu benestar social. Cinco anos máis tarde aprobouse a Declaración dos Dereitos dos nenos e das nenas, un texto que garante aspectos fundamentais da vida dos e das menores. .
En 1975, iniciouse unha nova discusión para actualizar os principios establecidos na primeira declaración e 14 anos máis tarde, en 1989, entou en vigor a Convención Sobre os Dereitos do Neno e dos protocolos facultativos para o seu desenvolvemento, os cales foron actualizados no ano 2000 coa entrada do novo século. .
1948 - Declaración dos dereitos humanos
2000 - Actualización da Convención sobre os dereitos da infancia
1954 - Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU)
Datas importantes
1959 - Declaración dos dereitos dos nenos e das nenas
1989 - Convención sobre os dereitos da infancia
A pesar de que cada país elixiu un día diferente para celebralo, tómase como referencia a data de publicación deste texto para a súa celebración internacional e de aí que o 20 de novembro sexa o Día Internacional da Infancia. .
Non esquezas anotalo na túa axenda!!
PARA REMATAR, DÉIXOVOS UNS VÍDEOS MOI ESPECIAIS. ENTRE OS TERREOS ÁRIDOS E ABRASADOS POLO SOL DE UGANDA ATÓPASE "MASAKA KIDS AFRICANA", UN REFUXIO ONDE DAN COMIDA, ROUPA, EDUCACIÓN E ATENCIÓN SANITARIA A NENOS E NENAS ORFAS. EN UGANDA A FAME NON É ALGO EXTRAORDINARIO...MÁIS DUN TERZO DA PROBLACIÓN VIVE POR DEBAIXO DO LÍMITE DA POBREZA. nO MEDIO DE TODO ISTO, OS CONFLITOS E O DESAMPARO, ESTES PEQUENOS ATOPAN UNHA RAZÓN PARA SORRIR: BAILAR!!! CREAN COREOGRAFÍAS ANIMADAS E MOI PEGADIZAS PARA COLGALAS NAS REDES E CONSEGUIR RECURSOS PARA QUE NINGÚN NENO E NINGUNHA NENA DE UGANDA PASE FAME NUNCA MÁIS. ESTES PEQUENOS/AS ESTÁN FEITOS UNS YOUTUBERS!! A MOVERSE!!! E, SOBRE TODO, A SORRIR!!!
MASAKA KIDS AFRICANA
"Abrígales la infacia y no pasarán frío el resto de su vida"