Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Plan de Adaptación a Situación COVID - Familias
Ambassador
Created on September 8, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Actualizada 11/9/2020
croques entradas e saidas
croques comedor e aula a.
nos usamos zoom
a fórmula que nos protexe
DECLARACIÓN rESPONSABLE
AUTOEVALIACIÓN
cartel xunta
croques
cartel xunta
Cambiase o horario para adaptarse a entrada do autobús e facelo de forma mais escalonada.Educación secundaria entrará as 8:30. Educación Primaria entrará as 8:40 e non terá recreo da tarde. Educación infantil entrará as 9:30 Ver os horarios con mais detalle facendo click na foto.
CAMBIO DE HORARIO
Á entrada e saída do centro, esixencia a todas as persoas (persoal do centro, familias e visitantes) da realización da hixiene de mans con verificación visual do seu correcto cumprimento, prestarase especial atención a esta tarefa nos primeiros días do curso polo seu carácter educativo. No caso do alumnado verificarase polo profesorado a realización unha vez sentados na aula mediante a formulación de preguntas.
Salvo na etapa de Educación Infantil, ningún familiar poderá entrar no centro educativo acompañando ao alumnado. No caso de ter que realizar calquera xestión, deberá poñerse en contacto ca dirección do centro para que lle de cita.
ACOMPAÑAMENTO ALUMNADO
O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus/súas compañeiros/as. Nas aulas ou no propio pupitre deberá existir un espazo diferenciado para o material de cada alumno de xeito que non permita ser manipulado por outros compañeiros. E necesario a hixiene correcta de mans cada vez que se use material compartido.
MATERIAL DO ALUMNO
No comedor os rapaces deberán lavarse as mans á entrada (abonda con xel hidroalcólico salvo que as mans estean moi suxas, neste caso a hixiene realizarase con auga e xabón). Terán un posto fixo asinado e marcado co seu nome, ademais deberán gardar a distancia interpersoal indicada para o seu grupo. Tanto a merenda coma o xantar vai ser individualizada polo que o alumnado non poderá compartir alimentos nin utensilios.
COMEDOR
A biblioteca terá o aforo reducido ao 50% da súa capacidade, manténdose sempre entre os usuarios a distancia mínima interpersoal (1,5 m). O servizo de préstamo funcionará, preferiblemente con cita previa. O material devolto quedará, un mínimo de 4 horas, en caixas ata volver aos andeis. Evitaranse os xogos de mesa, cando estes impliquen un uso compartido.
USO DA BIBLIOTECA
Nos recreos os alumnos estarán en grupos de 30 persoas (como máximo) mantendo a distancia interpersoal de, polo menos, 1,5 metros. No período de recreo extremarase a vixilancia do alumnado.
TEMPO DE RECREO
O bus escolar deixará aos alumnos a maña na entrada do centro, mesmo lugar que os recollerá ao rematar a xornada. Para iso habilitarase o portalón de acceso a parte posterior do centro coma saída do mesmo. Os usuarios, agás infantil, deben levar posta a máscara. O persoal acompañante vixiará o uso da máscara e que os usuarios permanecen sentados.
O TRANSPORTE
As reunións ou titorías cos pais deberán ser, con carácter xeral, de xeito telemático. Só en casos extremos e de gran importancia acudirán pais ao centro. Estas visitas contarán coa autorización previa do Equipo Directivo.
REUNIÓNS VIRTUAIS
Se un alumno presenta na aula sintomatoloxía típica do Covid-19 hai que illalo (na aula disposta a tal efecto (véxase plano), avisar ao equipo covid do centro e poñerse en contacto cos seus pais para que veñan a recollelo.
XESTIÓN DUN GROMO
A imaxe contén un enlace a Guía editada pola Consellería de Educación na que inclúe os seguintes documentos:
GUÍA “VOLTA SEGURA ÁS AULAS”
Hixiene de mans: lavado frecuente e meticuloso das mans con auga e xabón, durante polo menos 40 segundos, ou con xel hidroalcohólico, durante polo menos 20 segundos, no seu defecto. Cando as mans estean visiblemente sucias debe utilizarse auga e xabón. O lavado realizarase cando menos 5 veces ao longo da xornada, particularmente na entrada e saída ao centro, antes e despois do recreo, antes e despois de comer e sempre despois de ir ao aseo.
HIXIENE
Manter a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros (existen salvedades a esta norma nas clases de Infantil e Primaria que teñen a consideración de grupos de convivencia estable). Véxase croques no enlace.
DISTANCIA DE SEGURIDADE
A máscara é obrigatoria en todo o centro educativo (nenos de 3 a 6 anos e persoas con patoloxías relacionadas co aparato respiratorio teñen a recomendación de levala pero non a obriga). Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
USO DA MÁSCARA
Para AMPLIAR a información desta Infografía visite o Plan de Adaptación á situación COVID 19 no Curso 2020-2021 pinchado na imaxe
Plan de Adaptación á situación COVID 19 no Curso 2020-2021
Normativa Familias