Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
COVID
Mavi
Created on July 9, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
CEIP CABADA VÁZQUEZ
MOBILIARIO E AFORO
EMPRÉSTITO
A QUEN LLE AFECTA?
MEDIDAS DE PROTECCIÓN
QUE É A COVID 19?
O CORONAVIRUS-COVID 19
- Os coronavirus son unha extensa familia de virus que poden causar enfermidades tanto en animais como en humanos, o que se descubriu máis recentemente é a COVID-19
- Transmítese principalmente polo contacto directo coas pingas que expulsa ao tusir, esbirrar, cantar, gritar, etc, unha persoa infectada, así como ao tocar superficies contaminadas e a continuación, tocar a cara, o nariz ou os ollos.
QUE É?
Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizando unha solución hridroalcohólica.Cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado ao tusir ou esbirrar e evitar tocar a cara.Manter a distancia de seguridade de 1,5 metros ou utilizar máscara cando isto non sexa posible.
MEDIDAS DE PROTECCIÓN
Pode afectar a persoas de todas as idades. A maioría das persoas infectadas desenvolven síntomas de leves a moderados: febre, cansazo, tose seca e/ou sensación de falta de aire.Algunhas persoas tamén poden experimentar dores e molestias, conxestión nasal, perda de olfacto e de gusto, dor de garganta e/ou diarrea.Cando unha persoa se infecta co virus, os síntomas tardan en aparecer en termo medio de 5 a 6 días, pero poden tardar ata 14 días.
A QUEN LLE AFECTA?
- Os libros emprestados deberán devolverse introducíndoos nunha caixa habilitada que estará disposta na entrada á biblioteca, o empréstito e devolución levarase a cabo por mediación do titor ou titora.
- O empréstito de libros realizarase na hora de biblioteca que lle corresponda a cada curso.
- Cada alumno/ alumna terá asignado un número de lector pero desaparecerán os carnets físicos.
- O alumnado escollerá previamente o título que desexa levar a través do Catálogo de opacmeiga e informará ao seu mestre.
EMPRÉSTITO
- Debido á situación na que nos atopamos, a Biblioteca pasará a formar parte dos contextos( pola falta de espazo para estes), polo que se desenvolverá en ela o Contexto Humanístico.
- O mobiliario colocarase de forma que os usuarios que empreguen este espazo para desenvolver dito contexto manteñan a distancia de seguridade permitida,polo que o formato Biblioteca desaparece.
- Disporase dun buzón na entrada da biblioteca onde poderán deixar por escrito as súas suxestións e dúbidas.
MOBILIARIO E AFORO
- Todas estas accións quedarán supeditadas a modificacións segundo as instruccións dadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.