LETRAS GALEGAS 2020
Rocío Rodríguez Conde
Created on May 9, 2020
BIBLIOTECA. CEIP EMILIA PARDO BAZÁN
More creations to inspire you
CHRISTMAS CAROL QUIZ - PART 2
Personalized
FISHING IN THE POND
Personalized
DECORATE A HALLOWEEN PUMPKIN
Personalized
DAY OF THE DEAD ALTAR
Personalized
THE GREAT GLOBAL SHUL CRAWL
Personalized
BUTTERFLY CYCLE
Personalized
Transcript
Pasa a páxina para coñecer ao homenaxeado...
LETRAS GALEGAS 2020
Ricardo Carvalho Calero (1910 - 1990)
EQUIPO DE BIBLIOTECA. CEIP EMILIA PARDO BAZÁN (VIGO)
Ricardo Carvalho Calero naceu no ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, trasladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política xa que se integrou no movemento nacionalista e tomou parte no activismo estudantil. Até 1932, en que ganou unha praza de funcionario municipal na súa vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando republicano, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi encarcerado, condenado por separatista e recluído no cárcere de Jaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), continuando coa escrita en galego en todos os xéneros e restablecendo aos poucos o contacto cos galeguistas que ficaran no país.
Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador -iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"- que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Tamén nesta época, en 1958, ingresou na Real Academia Galega co discurso "Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía". En 1963 obtivo por oposición a praza de adxunto no Instituto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, e en1972 superou as probas que o converteron en titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Segundo Renacemento, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego e a pesar da férrea oposición que encontrou no camiáo, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos galegos e como atento analista da realidade sociolingüística da Galiza.
Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; O silenzo axionllado, 1934; Anxo de terra, 1950; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Salerio de Fingoy, 1961; Pretérito Imperfeito, 1980; Futuro condicional,1982; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticencias..., 1990), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1951; Scórpio, 1987). Pouco tempo despois de ser nomeado Fillo Predilecto de Ferrol, faleceu en Compostela no ano 1990.
Álbum ilustrado co texto orixinal do relato "As pitas baixo a choiva", publicado por don Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952. A presente edición, ilustrada por Alberto Toval, respeta a grafía orixinaria escollida polo autor naquela altura.
"O galego ou é galego- português ou é galego- castelhano. Ou somos unha forma do sistema occidental ou somos unha forma do sistema central. Non há outra alternativa" RIcardo Carvalho Calero
Para rematar deixámosvos unhas cancións galegas que moito soaron nun programa moi especial para unha xeración "O Xabarín Club"