Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
LIBROS PARA VIAXAR
ies.abasella
Created on May 8, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro ( emily dickinson)
AUSTRALIA
AÑOS DE SEQUÍA DE JANE HARPERAaron Falk, policía de Melbourne volve o seu pobo natal un lugar no medio da estepa e que leva anos dunha sequía interminable. Alí decide investigar o asasinato do seu mellor amigo da infancia a súa muller e fillo pequeno porque non cre que sexa certa a versión oficial das mortes.
Marrocos
el tiempo entre costuras de maría dueñas
Sira Quiroga é unha modista que marcha de Madrid nos meses anteriores á Guerra Civil para marchar a Tanxer por amor. Tras ser traizoada, soa e chea de deudas, múdase a Tetuán, a capital do Protectorado español en Marrocos.
Persépole
de Marjane satrapi
Obra autobiográfica na que a autora narra a súa vida desde 1979 (cando tiña dez anos) até 1994. Conta o modo en que, tras nacer nunha familia progresista de Teherán, trala revolución iraniana e a chegada ao poder do réxime fundamentalista islámico marcha a estudar a Viena e despois regresa á súa cidade para estudar Belas Artes, e logo de rematar na universidade decide marchar a Estrasburgo.
OUTROS LIBROS DO AUTOR:
Cometas en el cielo
DE KHALED HOSSEINI
Conta a historia de Amir, un rapaz de Cabul. O seu mellor amigo é Hassan, un dos seus criados e que lle vai axudar a gañar unha competición de cometas. Amir non pode deter un ataque contra Hassan e os remorsos desa traizón acompañarano toda a vida, ata que, 20 anos despois intenta expiar a súa culpa rescatando ao fillo de Hassam . A historia está ambientada en Cabul e mostra moitos dos acontecementos da historia moderna de Afganistan: a caída da monarquía de Afganistán por mor da intervención militar soviética, o éxodo de refuxiados cara a Paquistán e os Estados Unidos, e o alzamento do réxime talibán. Hai un cómic e unha película baseada neste libro.
Aventuras en alasca e canadá con jack london
Buck , un can doméstico que leva unha cómoda vida, é roubado e vendido. Así chega ao Canadá para pasar a ser un can de tiro dun trineo. A brutalidade á que se enfronta faille ver que necesita o seu lado salvaxe para sobrevivir.
Vive, a través dos ollos do protagonista,as aventuras e desventuras de Colmillo blanco un can lobo desde o seu nacemento, nas duras terras do Yukón (Canadá ), ata convertirse nun can de loita pasando pola súa estancia nunha tribu de nativos americanos.
New York , New York
Viaxa á California dos anos 50
Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California
De que vaI?
Érica Esmorís
-30%
Chile e a revolución pingüina
Unha pequena escola ao sur da Alameda, na ciudade de Santiago de Chile, está tomada e desde entón todo cambiou: as clases, o patio e tamén os alumnos. Entre eles, está Nicolás,o mellor porteiro do equipo de fútbol, que escribe en su cuaderno un diario da toma. Mentras desde a casona veciña, alguén mira. Unha novela ilustrada sobre os comezos da ‘revolución pingüina de 2006
Japón
HIstoria en 1ª persoa dun rapaz que sobrevive á bomba de Hiroshima.
Toru Watanabe é un executivo que, cando escoita nun aeroporto a canción Norwegian wood dos Beatles, recorda os seus anos de estudante en Tokio nos anos 60: a perda do seu mellor amigo, a súa relación coa moza deste, o descubrimento do amor e o sexo, a aparición doutra muller na súa vida, Midori... Uns anos cheos de dúbidas e temores nos que o protagonista se fai adulto.
No século XIX, un comerciante francés viaxa repetidamente a Xapón para comprar ovos de vermes de seda. para industria textil da súa cidade. Ao chegar a Xapón queda fascinado por unha misteriosa muller .
Exipto
zoé y las joyas del nilo de ana garcía siñeriz
Muerte en el nilo de agatha christie
Nun cruceito polo Nilo, asasinan a unha moza rica durante a súa viaxe de noivos. Este será só o primeiro dos crímenes. Conseguirá Hercules Poirot resolvelos?
Unhas tranquilas vacacións en barco polo Nilo, convírtense nun dos casos máis difíciles para a banda de Zoé
Kenia
memorias de áfrica de isak dinasen
ZOÉ EN LA TIERRA DE LAS ESTRELLAS DE ANA GARCÍA SIÑERIZ
Neste libro autobiográfico, a dinamarquesa Karen Blixen narra as súas experiencias en Kenia onde vivíu 17 anos na súa facenda de café.
En Kenia, Zoé e a súa banda terán que rescatar unha cría de elefante dos cazadores furtivos antes de que sexa moi tarde.
RUSIA
Ten un dos inicios máis coñecidos da literatura universal: "Todas as familias felices son iguais. As infelices sono cada unha ao seu xeito". Narra a historia de Ana Karenina unha aristócrata da Rusia tsarista que, malia parecer ter todo (beleza, riqueza, popularidade e un fillo amado), se sente baleira até encontrar un impetuoso oficial, o conde Vronski, que se convertirá no seu amante.
aventuras ao redor do mundo
Un país nos libros
viaxa por galicia da man de carlos meixide
En Ons catro rapaces comezan as súas vacacións "Mais o primeiro día, un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel...". É o primeiro libro da serie protagonizada polos cinco amigos.
#amor #amizade #aventuras #verán #vacacións #praia #acampadas #cine #festivais
O madrid de manolito
ELVIRA LINDO
Se queres pasar un bo rato, viaxa con estes libros a Carabanchel Alto para coñecer a Manolito e compañía.
triloxía do baztán
de dolores redondo
Esta triloxía protagonizada pola inspectora de homicidios Amaia Salazar, teñen como escenario o val do Baztán. Os título que a conforman son : El guardián invisible, Legado en los huesos e Ofrenda a la tormenta.
Leer más
Así comeza a 1ª novela:
POLAS RÚAS DE BARCELONA
Andalucía
el lector de julio verne de almudena grandes
BOA VIAXE!
#VIAXANDOCONLIBROS