As Pitas Baixo a Choiva - CEIP Plurilingüe Conmeniño
Beatriz Pestonit García
Created on May 6, 2020
More creations to inspire you
ANCIENT EGYPT FOR KIDS PRESENTATION
Presentation
CIRQUE DU SOLEIL
Presentation
YURI GAGARIN IN DENMARK
Presentation
EIDIKO JEWELRY
Presentation
PRODUCT MANAGEMENT IN MOVIES & TV SHOWS
Presentation
A GLIMPSE INTO CAPE TOWN’S PAST
Presentation
VEGETARIANISM
Presentation
Transcript
Ricardo Carvalho Calero
Cando eu era un cativo, outros galos nos cantaban. Eran unhas aves ergueitas, lanzais, majestosas.
Non. Digades o que queirades, os galos non son agora tan formosos como nos tempos da miña nenez. Os galos que hoje vejo, son brancos, grises; as cristas, pequeneiras e moradas; as colas, como de galiña, curtas, raquenas.
Cristas vermellas que pandeaban co pesadume, feros peteiros, ollos acesos, colo tornasolado de lene e fonge plumaje, podentes asas, esporas douradas; e a cola un chafaris de lumes e de sombras, con aquelas longas penas, corvas como cajados, como báculos de pegureiros, de bispos orientais.
O meu pai viña os sábados. Era novo, e bicaba-nos con lediza.
Así era o galo máis antigo que lembro. Se vivese agora, tería trinta e cinco anos de idade, se cadra. Reinaba no curro daquela casa onde pasábamos o verán.
Merendábamos torradas de pan con manteiga e azúcar. Tiñamos unha cabuja tan garimosa e terna, que saía connosco e ia atrás de nós, como un cadeliño, polas corredoiras, cando andábamos a cazar grilos. Moito quería eu aos animais.
No curro pasaba unha grande parte do meu tempo ollando para as galiñas.
Via-as escarabellar na terra en procura de vermes e miñocas.Botaba-lles o millo. Recollia os ovos que anunciaban co seu alporizado cacarejar
Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre min e elas, que cheguei a coidar que nos comunicábamos co pensamento, e sostiña longos diálogos mentais coas bulidoras pitas e o seu formoso e acougado rei.
A terra seca bebeu arelosamente as primeiras águas. Logo encheita, rejeitou beber máis. Pozas e miúdos regueiros xurdiron entre a lama. Alampou un lóstrego. Como se un carro de patacas emborcase a sua cárrega, a rolar, polo teito do ceu, o trebón retumbou.
Unha lufada de vento, de sócato, conmoveu o ar. E unha nube moura esbarou polo céu. Laiaron-se as árboles docemente, e agiña se velou o sol. E a chuvia comezou a cair. Era unha chúvia de verán, torrencial, esmagadora.
Non había poleiro acaroado ao curro. Recollían-se as pitas pola noite dentro da casa, nun rocho ajeitado. Aquel serán, detrás de unha fiestra, eu ollaba chover. E de súbito vin as pitas. ¡Malpocadas! Coas colas baixas, a cabeza afundida, arrechegadas ao muro, nos recantos, esmaecidas, murchas, tristeiras, a água escorregaba por riba delas, teimosa, cruelmente.
Mais cando chegaba cabo de unha ave, esta fugia-me, e alongaba-se máis cada vez. Así, mollado eu mesmo até non poder máis, puxe-me a berrar e a chorar con desconsolo.
E sain ao curro, atafegado, para conducir a grea a teito.
Non o puden aturar. Baixei como un lóstrego e abrin-lles a porta da casa. Mais as galiñas non se moveron. Chamei-nas en van. “Churras, churras”.
O meu pai dicia que as suas plumas eran impermeábeis, mais isto non o podia eu crer. Seguín correndo detrás das pitas, como tolo.
Na casa foi notada a miña manobra. O meu pai ordenou desde a fiestra a miña retirada. Mais ¿Cómo ia deixar que a auga apodrecese os osos dos pobres animais? ¿Quizá os catarros, as pulmonías, o reuma non existían para as galiñas?
Entón a miña aboa saiu con un paráguas e pretendeu recoller-me. Eu non a ouvia nen a via, sempre a chorar e a correr atrás das cativas aves. Agiña estiveron no curro a miña nai, as criadas, o meu pai, a miña tia, todos os guardachuvas da casa. Corria eu tras as pitas. Corrian os paráguas detrás miña.
Até que cambiou a táctica da perseguizón. Convencidos de que non regresaría a casa se as galiñas ficaban fora, os maiores, escindidos en patrullas, adicaron-se a cazar as aves. Pouco a pouco, mentres a chúvia apouvigaba os paráguas, as galiñas foron caindo nas mans das persoas e foron sendo postas ao abrigo.
Só entón, ja ceibes da chúvia os animaliños, me acollin a teito eu, e todos os que interviñeran na cazata. Mália os paráguas, estábamos todos mollados como pitos.
Muito nos deu que facer o galo. Por fin, a miña aboa atingiu-no pola cola. Mais ao se botar a el, esbarou e caiu. Ficou a carón do chan con todo o corpo. Perdeu o paráguas, mais non perdeu o galo.
Agradecementos
Grazas a todos aqueles que participáchedes coas vosas obras de arte para a ilustración deste conto. Foi unha tarefa moi difícil escoller só uns poucos.
Texto de Ricardo Carvalho CaleroIlustrado polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Conmeniño.
Curso 2019/2020
CEIP Plurilingüe de Conmeniño - O Grove -