Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Letras Galegas 2020

A.S.S.

Created on April 28, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero

comezar.

Introdución

Nenos e nenas, despois de moito traballar e investigar, no noso colexio atopamos a casa onde vivía Ricardo Carvalho Calero, o escritor ao que van dedicadas as Letras Galegas deste ano 2020. Os membros da Real Academia Galega estaban preparando todo para celebrar a festa das Letras cando, por mor do COVID-19, tiveron que liscar para as súas casas deixando todo tal e como estaba! Como a todos nós, pillounos por sorpresa e quedou todo ciscado e sen moita orde. Serás quen de buscar os libros perdidos, axudándolles a ordenar todo para poder coñecer un pouco máis da vida e obra deste autor? Pois conectade os vosos cinco sentidos, ídelos necesitar para resolver esta misión. E lembrade, todo detalle conta. Por cada misión que realices con éxito, recibirás un número que corresponde á clave que precisas para abrir un maletín, onde está a túa recompensa. Consigue todas as cifras para dar coas obras do autor.

A CASA

PARA ENTRAR E DESCUBRIR TODOS OS MISTERIOS, DEBERÁS BUSCAR A CHAVE AGOCHADA NESTA IMAXE QUE ABRE A CASA. rICARDO TIÑA UNHA COPIA AGOCHADA POR ALGURES... axúdate da lupa para buscala. A POR ELA!

Moi ben!Xa estás dentro da casa

o PRIMEIRO NÚMERO DA CLAVE É:

Agora que estamos dentro da súa casa, debemos comezar a recoller información sobre a súa vida. O primeiro que atopamos ao entrar é un mapa. Serás quen de averiguar cal é a súa cidade de nacemento?

PROBA

EN QUE CONTINENTE PENSAS QUE NACEU?

Intenta buscar a súa cidade natal.

CONTINENTE: EuropaPAÍS: España C.AUTÓNOMA: Galicia CIDADE:

O segundo número da clave

Ferrol

Ricardo Carvalho Calero nace o 30 de outubro de 1910 en Ferrol. Ademais, volverá a Ferrol en 1931 e será nesta cidade onde traballe e viva coa súa muller.

Detrás desta porta misteriosa agóchase unha habitación que contén información valiosa! Move a lupa e busca a chave para atopar!

Real Academia Galega

Introducción

Acabas de entrar nun despacho. Hai centos de libros, e ningún de Carvalho Calero. Fíxate e le a nota para saber que debes facer...

Introducción

Cal será o autor/a favorito de Ricardo? FAI CLIC NO CORRECTO!

ROSALÍA DE CASTRO! Moi ben... Foi unha autora que inspirou ao noso escritor. E que esconderá esta escritora no seu libro?

Introducción

Introducción

Vaia, do libro de Rosalía caeu un manuscrito... E que pon?

FERROL 1916 (...) Na casa tinhamos pombas e, por suposto, un grande gato mouro; e o meu pai era novo ainda e no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha. Via o mar da minha fiestra, e chegavam cornetas da marinha. E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola, e duas vezes rubia-os de volta. (...)

Introducción

Bo traballo! Deches coas dúas cousas que lle gustaban moito ao noso escritor:

Introducción

O MAR

ROSALÍA

O terceiro número da clave

Como vedes...

Ricardo Carvalho Calero escribiu poemas que recolleu en varios libros, como Vieiros, 1931; ou Poemas pendurados dun cabelo, 1952.

Ao sair do despacho, atopas este sobre... e por suposto tes que abrilo!

UN CARNÉ COA FOTO DEL! POLA DATA PARECE DA SÚA ÉPOCA UNIVERSITARIA EN SANTIAGO, PERO ESTÁ BORROSA, PODERÁS ADIVIÑAR O QUE PON?

Fíxate

DESCIFRA E MARCA RESPOSTA CORRECTA:

a) Seminario de Estudos Galegos

b) Partido Galeguista

c) Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

INCORRECTO! Volve intentalo...

Carvalho Calero fundou o Partido Galeguista, pero o carné non é diso!

INCORRECTO! Volve a intentalo...

CORRECTO!

O cuarto número para a clave

Segues avanzando pola casa...

Xa sabes algunha cousa máis sobre este autor, pero nin rastro dos seus libros, de modo que segues buscando. Entras nun dormitorio e atopas un recorte de xornal cunha foto.

ROSALÍA DE CASTRO

01

Quen é a muller que acompaña a Ricardo?

MARÍA IGNACIA RAMOS

02

Rosalía era a súa escritora favorita, pero non é a da foto!

INCORRECTO!Proba de novo...

CORRECTO!

María Ignacia Ramos

Era a súa noiva, coa que casou en Ferrol en 1933.

COIDADO!

Debaixo da foto atopas Outras fotos e documentos, datados en 1936...

¨María moi ben, Magalí moi guapa¨

Boas ou malas novas?

INCORRECTO

Inténtao de novo!

CORRECTO

Son boas novas! María era a súa muller e escribiulle o telegrama para contarlle que xa nacera a súa filla Magalí, e que as dúas estaban ben!

O quinto número da clave

Seguimos avanzando pola casa e... Oh! Unha porta misteriosa! Decidimos entrar, pero para iso temos que buscar a chave... Onde estará? Menos mal que traemos a lupa máxica!

ESTUPENDO, PODEMOS PASAR! Pero unha vez dentro...vémonos atrapados no que parece un trasteiro que máis ben semella o cárcere!

1. No ano 1939 o bando republicano perde a guerra, e como milleiros de combatentes, Ricardo foi condenado á cadea.

2. Estivo dous anos cumprindo condea en Jaén antes de poder volver para Ferrol xunto a súa muller e súa filla.

Cal cres que pode ser a obra de teatro que recolleu no seu libro Catro pezas.

3. Este período serviulle para inspirarse e escribir unha das obras de teatro que recolleu no seu libro “Catro pezas”.

Cal cres que pode ser?

A sombra de Orfeo

Farsa das zocas

A arbre

Auto do prisioneiro

INCORRECTO!

Inténtao de novo

CORRECTO!

O SEXTO NÚMERO DA CLAVE

Segues sen ter rastro das obras orixinais de Carvalho Calero...

Pero atopas algo interesante...

FINGOI

Un maletín de profesor...

Rebuscando alí descubres que foi director do colexio “Fingoi” de Lugo entre os anos 1950 e 1965. Este era un novo centro educativo moderno e moi distinto aos que había polo resto de Galicia, xa que podían estudar xuntos nenos e nenas, e ata tiñan un grupo de teatro escolar!

CAL SERÁ?

Foi nesta época cando escribiu algunha das súas obras máis importantes e ocorreu un fito importante na historia da nosa literatura.

B. Publícase A xente da barreira, a primeira novela en lingua galega despois da Guerra Civil.

A. Créase a Real Academia Galega RAG

INCORRECTO!

Inténtao de novo

CORRECTO!

O SÉPTIMO NÚMERO DA CLAVE

Baixas unhas escaleiras e ves ao lonxe unha porta, que parece que leva ao xardín traseiro.

Para poder entrar ao xardín e resolver o seguinte misterio precisas unha chave...

a) Normativa propia

b) Normativa portuguesa

INCORRECTO!

Inténtao de novo.

CORRECTO!

O OITAVO NÚMERO DA CLAVE

PROBA FINAL

Xa tes 8 díxitos! Se os xuntas, terás unha data relacionada con Ricardo Carvalho Calero. Proba a meter esta data a ver se funciona!

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Introduce o contrasinal

Código correcto!

Error! Volve comezar!

parabéns!

CASO PECHADO

Escape Room elaborado por:

  1. Alba Carril Casanova (CPI de Vedra)
  2. Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)

Para saber máis...