TEAconsellos: SONO E TEA
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA
Created on April 21, 2020
QUE O CORONAVIRUS NON NOS QUITE O SONO. Existe unha relación bidireccional entre o sono e o autismo. En situacións sociais habituais, aproximadamente un 80% dos nenos con TEA padecen algún tipo de problema co sono sendo a dificultade para iniciar o sono, espertares frecuentes ou o espertar moi cedo os máis frecuentes. Pero non é só a perda do contexto social a que pode alterar o sono, o estado de ansiedade xerado por esta situación e o cambio noutro dos reguladores externos como a exposición á luz (especialmente polas mañás) favorece estas alteracións. Para manexar mellor estes momentos, recomendámosvos as seguintes estratexias. Creada por www.autismogalicia.org
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
A GLIMPSE INTO CAPE TOWN’S PAST
Presentation
VEGETARIANISM
Presentation
ALTERNATIVE DIETS
Presentation
MUSIC PROJECT
Presentation
GEO PROJECT (SINGAPORE)
Presentation
Coca-Cola Real Magic
Presentation
THE LITTLE PRINCE PRESENTATION
Presentation
Transcript
SONO E TEA
QUE O CORONAVIRUS NON NOS QUITE O SONO#quedanacasa
TEAconsellos
Existe unha relación bidireccional entre o sono e o autismo. En situacións sociais habituais, aproximadamente un 80% dos nenos con TEA padecen algún tipo de problema co sono sendo a dificultade para iniciar o sono, espertares frecuentes ou o espertar moi cedo os máis frecuentes.
SONO E TEA
Siguiente
Para manexar mellor estes momentos, recomendámosvos as seguintes estratexias:
Pero non é só a perda do contexto social a que pode alterar o sono, o estado de ansiedade xerado por esta situación e o cambio noutro dos reguladores externos como a exposición á luz (especialmente polas mañás) favorece estas alteracións.
Ter unha rutina de sono. Moitas persoas con TEA debido ás dificultades de flexibilización e necesidade de anticipación, necesitan que lles ofrezamos seguridade ao longo do día, o que consiste en favorecer a súa comprensión da situación e a súa capacidade de entender e anticipar que é o que vai suceder despois con imaxes. Se a persoa non responder o uso de imaxes, pódese usar obxectos. Cada paso pódese representar cun obxecto que se utilice en cada paso.
RUTINA do sono
O obxectivo das rutinas é diferenciar o día da noite, e ensinarlle ao cerebro que a noite e o día non son iguais, para que se relaxe cando sexa a noite. Pode ser bo, manter o máximo de actividades durante o día e ir reducíndoas a medida que chega a noite
Exemplo:1. Poñerse o pixama 2. Ir ao baño3. Lavarse as mans4. Cepillarse os dentes5. Ler un conto6. Ir á cama
Se a persoa ten dificultades para comprender a necesidade de durmir. Unha historia social (desenvolvida por Carol Gray) podería usarse para explicalo. ACCEDE:
CANDO IMOS DURMIR
É importante decidir as actividades que nos tranquilizan e cales nos estimulan. Aquelas actividades tranquilizantes deben integrarse na rutina do sono, como baños, ioga, mentres que as que estimulen debémolas adiantar a unha hora máis temperá. Por exemplo, se o baño é estimulante, facelo máis pronto.Antes de durmir, débense evitar pantallas, música forte ou luces moi intensas. Será mellor evitar actividades como carreiras, saltos ou xogos moi intensos. A rutina preparatoria debe iniciarse entre 15 e 30 minutos antes da hora establecida de deitarse, sen que esta dure máis de 60 minutos
AO DESPERTAR
É moi importante que cando nos despertemos asomémonos á xanela para activarnos. Sería recomendable expoñerse á luz natural durante polo menos dúas horas ao día (xogando xunto a unha xanela ben iluminada por exemplo).Ao levantarnos cambiarnos de roupa e quitarnos o pixama coma se fósemos á rúa.
LUGAR
A cama ten que ser o lugar para durmir, non para xogar, comer,etc, para establecer unha asociación clara entre cama e durmir.É importante durmir sempre no mesmo lugar. Que o lugar non teña moita luz se non é necesario.Adaptar as condicións da habitación. A hipersensibilidad ante determinados estímulos (cores, intensidade da luz, sons, temperatura, etc) pode interferir no sono.
Un “ruído branco” ou un son de fondo moi baixo, pode relaxar. Pero polo xeral, debemos evitar ruídos. Algunhas persoas con TEA poden ter problemas sensoriais coa textura dos pixamas ou roupa de cama, ou teñamos quitar as etiquetas do pixama. É importante saber se por exemplo, prefire pixamas axustados ou soltos, sabas de determinada composición, mantas lixeiras ou pesadas.Reduza os cheiros que ingresan á habitación pechando a porta por completo ou usando aceites perfumados que a persoa atope relaxantes.Elimine as distraccións na cama, como bonecos, etc.
ALIMENTACIÓN
É importante evitar a comida pesada e os alimentos estimulantes como o chocolate e bebidas con cafeína, sobre todo ao final da tarde.
SESTA
Debemos realizar as mesmas pautas de sono que viñan realizando. Os nenos non alongar as sestas ata moi tarde.En adolescentes e adultos se se realiza sesta despois de comer, debe ser de curta duración (máximo 30 minutos) e nunca máis aló das 17 horas.
Se pode existir un trastorno grave de sono debemos recorrer a profesionais.
É IMPORTANTE
ACTITUDE
A hora de durmir ten que ser algo positivo e agradable, é importante manter unha actitude positiva, tranquila, de paciencia, constancia e calma.
www.autismogalicia.org
¡Graciñas, e en breve máis TEAconsellos