Want to make creations as awesome as this one?

Creada por www.autismogalicia.org

Transcript

ANSIEDADE E ESTRÉS.Como afrontalos? #quedanacasa

TEAconsellos

A ansiedade está de por sí presente nunha porcentaxe alta de persoas con TEA (42%-79%, Kerns, 2017).Ante esta situación, excepcional, de confinamento que estamos vivindo, persoas con TEA poden manifestar altos niveis de ansiedade e estrés. Ademais, esta situación tamén afecta o resto fa familia

que pasa nestas situaciòns?

  • Aumento de ansiedade, ou conductas que non existían antes.
  • Empeoramento de condutas que estaban presentes con anterioridade.
  • Cambios nas respostas o tratamento ou intervencións que se estaban a realizar.
  • Aumento de conductas repetitivas ou pensamentos repetitivos sobre a situación.
  • Obsesión pola rutina de limpeza ou preguntas repetitivas por medo o contaxio.
  • Aumento de conductas disruptivas ou problemas de conducta, o non comprender que non podemos que non poden saír de casa ou facer as actividades que fan no día a día.

O confinamento das persoas con TEA pode xerar alteracións como:

Pautas de utilidade:

SE ES UNHA PERSOA CON TEA

  • Coida ben o teu corpo: hidrátate ben e consume alimentos sans, evitando alcol, cafeína e tabaco o máximo que poidas.
  • Fai exercicio físico (calquera cousa: camiña, corre, baila, salta).
  • Le sobre técnicas de relaxación e poña en práctica aquelas que teñan sentido para vostede; escoita cancións, mira unha película, le algo que sexa pracenteiro, xoga con nenos ou mascotas, organiza as túas playlist, etc.

Por último, tes que ter en conta que todo estará ben se tes que empezar de novo moitas veces. Construír un novo repertorio mental para romper coa ansiedade, require moito adestramento e dedicación. Pero o sentimento de control vale a pena.

  • Fai respiracións profundas e lentas, varias veces ao día.
  • Trata de identificar aquela información (noticias, redes sociais, persoas, situacións, lugares ou accións) que desencadean ou intensifican as túas preocupacións. Elimina as que sexan posible.
  • Escolle alguén para falar dos teus medos.
  • Busca axuda profesional, se o necesitas

SE TES UN FAMILIAR CON TEA

preme aquí

Se nalgún momento a persoa con TEA se angustia ou pon nerviosa polo contexto do Coranavirus, podemos volver a explicación con recursos sinxelos, como explicacións con pictogramas, contos ou historias sinxelas, como vos citabamos no noso primeiro CONSELLOTEA.

  • Falar utilizando a forma ou método de comunicación máis eficaz con el ou ela.
  • Usa mensaxes positivos, expresarnos con calma, evita xulgar ou ridiculizar. Da tempo para procesar a información e responder.
  • Propoñer outras opcións de conversación e cambiar o foto de atención, por exemplo, falando dos seus intereses ou facer outra actividade.

Algunhas indicacións para facer fronte a isto e xestionar as posibles alteracións:

  • Manter o horario habitual na medida do posible, incluíndo actividades de exercicio, e respectando os ritmos de sono e alimentación da persoa con TEA.
  • Permitir o acceso a tempos para condutas de regulación emocional. Poder ser saltar, estereotipas de mans, movementos con obxectos...
  • Ser flexibles nas demandas en tarefas académicas, tempo que fai estereotipias ou uso de dispositivos tecnolóxicos, aínda que podemos establecer cando e durante canto tempo poden acceder.

Sempre deberemos preguntarnos a que se debe. Pode ser útil se a persoa non é capaz de verbalizar o seu enfado ou o fai de maneira pouco funcional, intentar facer unha análise da situación de esa crise, preguntarnos:

  • onde estaba?,
  • cando?
  • que pasou antes?
  • Quen estaba?
  • Que pasou?
  • Que fixen eu?.

Ante unha crise, que debemos ter en conta:

Non é o momento de ensinarlle a mellorar esa conduta.Podemos valorar o estado no que se atopa, se comezou a enfadarse podemos intentar distraelo, pero si se atopa moi alterado é o momento de deixarlle o se espazo.

A finalidade é que se esta situación se repite ter en conta esta información para decidir que facer.

Ten a man cousas que lles gusten. É un bo momento para aprender a facer relaxación, técnicas de respiración con tempos ou facer ioga ou mindfulness. Hai moitas aplicacións e videos en Youtube que vos poden axudar.Podemos ter un rincón da casa destinado a estar tranquilos, cabañas, habitacións, rincón do ordenador,etc

Propostas de actividades:

É importante falar de cómo nos sentimos e facelo xunto con toda a familia.

Axudaremos a verbalizar a emoción:

  • tristeza
  • aburrimento
  • enfado
  • agobio
  • medo,etc.
Podemos usar recursos como termómetros das emocións, etc.

Escribir preocupacións nun anaco de papel e desfacernos de el. Axudar nas tarefas do fogar e cociñar recetas pode ser unha boa idea para xerar autonomía na persoa, e estar distraídos.Realizar masaxes e dedicar máis tempo as actividades de ducha.

Utilizar estratexias sensoriomotoras

Xogar con xoguetes antiestrés ou xogos sensorias con obxectos que dispoñamos ou materiais da casa, fariña, azucre, olores, etc. Podedes facer circuítos de saltos, túneles, esconderse, golpear pelotas feitas na casa, etc.Escoitar música e bailar.Xogos manipulativos con obxectos, caixa de formas, puzzles,etc.

www.autismogalicia.org

¡Graciñas, e en breve máis TEAconsellos