Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A medio camiño 1º Bach.2026

PIENSOSIENTOSOY

Created on May 28, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

A medio camiño: 1ºBacharelato

Piensosientosoy

Departamento de Orientación IES Mugardos

Promoción e titulación no Bacharelato

PROMOCIONO

  • Se supero todas as materias de 1º ou suspendo ata dúas materias.
  • No caso de repetir, debes cursar de novo o curso completo.
TITULO
  • Se aprobo todas as materias dos dous cursos.
  • Excepcionalmente, podo obter o título cunha materia suspensa na convocatoria extraordinaria se o o equipo docente o decide así cando cumpro TODAS as condicións seguintes:
a) Acadei as competencias e os obxectivos da etapa. b) Non tiven inasistencia continuada e non xustificada c) Presenteime ás probas e realicei as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria. d) Obtiven unha media aritmética igual ou superior cinco nas materias da etapa cursadas que como mínimo se requiren para a obtención do título. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

+ info

Expediente Bacharelato

A calificación media do Bacharelato condiciona o acceso aos Ciclos Superiores e os Graos. No BACHARELATO podes conseguir 6 de 14 puntos da ABAU polo teu expediente. Tamén se ten en conta: - nos premios extraordinarios, - nas matrículas de honra -en convocatorias como campus científicos, axudas de idiomas, etc

Matrícula de honra (MH)

Poderá obter MH o alumnado de 2º que: -titule na avaliación ordinaria e -acade unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os centros poderán conceder, como máximo, MH a un número de alumnas o alumnos igual ao enteiro máis próximo ao 5 % do total de alumnado matriculado en 2º curso.

A nota de acceso é importante, pero sempre hai opcións

TRANQUILIDADE!As túas posibilidades no mundo laboral e nos estudos posteriores non están determinadas unicamente polas notas de Bacharelato.

SE NON CHEGO Á NOTA DE CORTE, QUE FAGO?Podes preguntarte: -Podo acceder ao Grao que quero cursar desde outro Grao ou un Ciclo Superior? -Estou disposto/a a subir nota na PAU? -Hai algunha CCAA con nota máis baixa? -Curso por adultos outra modalidade de Bacharelato para mellorar expediente?.

+ VER MODEOS EXAME

Que é importante no mundo laboral?

Os títulos son importantes porque acreditan unha formación inicial, pero nun contexto donde todo o mundo ten titulacións o que se valora é a DIFERENCIACIÓN. Hoxe en día, nos procesos de selección se comproban dous tipos de competencias: -as HARD SKILLS: que se vinculan co título ou a experiencia profesional -as SOFT SKILLS: relacionadas coas habilidades persoais.

  • Aprendizaxes profesionais vinculadas co desempeño dun posto de traballo.
  • Habilidades interpersoais e intra persoais.
  • Aquí entraría: o liderazgo, a persuasión, a resolución de problemas, a flexibilidade, o traballo en equipo e cooperativo, a ética, a empatía, o pensamento crítico, a motivación e perseverancia, a responsabilidade, as habilidades comunicativas, etc
  • Relaciónase con competencias do curriculum escolar como a cívica; a iniciativa e o espíritu emprendedor; a lingüística; a persoal, social e de aprender a aprender.

PASIÑO A PASIÑO: BUSCANDO O CAMIÑO

Que pensas sobre esta conversa, é so un conto?

Alicia no país das marabillas - Alicia: Dime gato, cal é o camiño correcto? - Gato: a donde te dirixes? - Alicia: Non o sei. - Gato: Se non sabes donde vas, pouco importa o camiño que tomes.

O próximo curso...

1º bach

Se repito

FPB

2º Bach

1º Bach

4º Académico

C. Medio

  • Na mesma modalidade?
  • Coas mesmas materias?

C. Superior

Tres itinerarios académicos

ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL GRAO MEDIO

FP GRAO MEDIO (2 anos)

BACHARELATO (2 anos)

Se curso as materias comúns do Bacharelato e son Técnico/a consigo o título de Bacharelato

Precisan proba de acceso específica ou Bach de Artes

Proba de acceso: Con 19 anos

Sen PAU

Con PAU

Estudos superiores (4 anos)

Sen PAU

Ciclos Medios (2 anos) Ciclos Superiores (2 anos)

C. Superior 2 anos

Universidade (4 ou máis anos)

C. Superior 2 anos

Tres itinerarios académicos

RÉXIME ESPECIAL

UNIVERSIDADE

FP

Precisan proba de acceso específica

EnsinanzasDeportivas

Ensinanzas Artísticas

FP Dual Ordinaria

  • Graos
  • Dobres Graos (Programa de simultaneidade)
  • Graos Duais
  • Graos semipresenciais e virtuais

FP Dual Intensiva

FP Modular

  • Ciclos Medios
  • Ciclos Superiores
Profesionais Superiores
  • Ciclos Medios
  • Ciclos Superiores
  • Arte Dramático
  • Conservación e Restauración de bens culturais
  • Estudos Superiores de Deseño
  • Ensinanza de Música
  • Danza

Cambio de materia

CANDO E DONDE SE SOLICITA?Solicítase á dirección no momento da matrícula.

O alumnado con avaliación negativa nalgunha materia específica de modalidade u vía, ou nalgunha materia optativa, de 1º ou 2º curso, no caso de promocionar ou de repetir, poderá optar por:- recuperala ou -sustituíla por outra materia do mesmo grupo ofertada no centro. Neste caso. deberá solicitarse no momento da matrícula.

Cambio de modalidade

CANDO E DONDE SE SOLICITA?Solicítase á dirección antes de: -2º bacharelato: ao comezo do curso. -1º bacharelato: antes do 15 de outubro.

TEN EN CONTA QUE AO FINALIZAR 2º DEBES TER CURSADO- todas as materias Comúns de 1º e 2º da modalidade pola que rematas - 6 materias Específicas da nova modalidade elexida, das cales unha obrigatoria e dúas de opción serán de 1º curso, e unha obrigatoria e dúas de opción serán de 2º curso. -dúas materias Optativas, unha de 1º curso e outra de 2º curso.

DEBES SABER

MATERIAS CON CONTINUIDADESon as acompañadas dun número romano (II),

  • Bioloxía Xeoloxía
  • Física Química
A continuidade implica que para poder cursar a materia de 2º debes ter cursada a de 1º curso (materia I, Física-Química-Bioloxía-Xeoloxía e C. Medioambentais). Poderás matricularte da materia de 2º curso sen cursar a correspondente materia de 1º curso, cando se acredite que podes seguir con aproveitamento a materia de 2º. En caso contrario, debes cursar a materia de 1º como pendente

Matriculación condicionada por: - o número de alumnos/as que escollen a materia (5 ou 10 alumnos/as segundo os casos). -o número de profesores/as que nos autorizan a impartila materia.

2º Bacharelato LOMLOE

Humanidades e Ciencias Sociais

Ciencias e Tecnoloxía

  • Lingua Galega e Literatura II
  • Lingua Castelá e Literatura II
  • 1ª lingua estranxeira II
  • Hª da Filosofía
  • Hª de España
  • Lingua Galega e Literatura II
  • Lingua Castelá e Literatura II
  • 1ª lingua estranxeira II
  • Hª da Filosofía
  • Hª de España

ESPECÍFICAS DE MODALIDADE

ESPECÍFICAS DE MODALIDADE

  • Matemáticas II ou Matemáticas aplicas ás Ciencias Sociais II
  • Dúas das seguintes (no centro unha das que aparece en cursiva e outra das que aparece suliñadas):
- Bioloxía - Debuxo Técnico II - Física - Química - Xeoloxía e Ciencias Medioambientais - Tecnoloxía e Enxeñaría II
  • Latín II ou Matemáticas aplicadas ás C. Sociais II
  • Dúas das seguintes:
- Empresa e Deseño de Modelos de Negocio - Grego II - Hª da Arte - Latín II * - Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II * - Xeografía

OPTATIVA (escoller 1):

OPTATIVA (escoller 1):

- Métodos estatísticos e numéricos - Psicoloxía - Segunda Lingua Estranxeira II. - Tecnoloxías da Información e da Comunicación II - Xeografía, historia, arte e patrimonio de Galicia - Materia propia de modalidade non cursada de calquera das catro modalidades de Bacaharelato ofertada polo centro: *Bioloxía *Tecnoloxía e Enxeñaría II *Xeografía *Debuxo artístico II ou Deseño *Hª da música e da danza

- Métodos estatísticos e numéricos - Psicoloxía - Segunda Lingua Estranxeira II. –Tecnoloxías da Información e da Comunicación II - Xeografía, historia, arte e patrimonio de Galicia - Materia propia de modalidade non cursada de calquera das catro modalidades de Bacaharelato ofertada polo centro: *Bioloxía *Tecnoloxía e Enxeñaría II *Xeografía *Debuxo Artísitcioo II ou Deseño *Hª da música e de danza

PAU

Cada Grao Universitario pertence a unha Rama

Cada Rama está vinculada cunha/s modalidade/s e materias de 2º Bach

As materias de 2º están vinculadas coa FASE VOLUNTARIA DA PAU

Artes e Humanidades

Ramas Universitarias

Enxeñaría e Arquitectura

Ciencias da Saúde

Ciencias Sociais e Xurídicas

Ciencias

Parámetros de ponderación, que son?

Non acabo de entender o dos parámetros de ponderación!

Pode parecer compricado pero en realidade é sinxelo. Son os valores (0,1 e 0,2) que se multiplican pola nota que obtés nas materias da fase VOLUNTARIA da PAU

0,2

0,1

E todas as materias teñen o mesmo parámetro de ponderación?

Non, e aí é donde está o quid da questión. É recomendable escoller, preferentemente, materias de 0,2 para mellorar a puntuación

PODEN CAMBIAR OS PARÁMETROS DUN ANO PARA OUTRO? Si, aínda que normalmente cambian para mellorar as posibilidades do alumnado.

SON OS MESMOS PARA TODAS AS UNIVERSIDADES?En Galicia si, pero se queres acceder a outra comunidade autónoma tes que consultar os seu parámetros no seu portal educativo.

A MESMA MATERIA TEN O MESMO PARÁMETRO PARA DIFERENTES GRAOS?Non. Tes que consultar os parámetros da materia para cada Grao.

Se vas a estudar fóra

Consulta os parámetros doutras CCAA!

Parámetros de ponderación en Galicia e noutras CCAA 2026

  • DOUTRAS COMUNIDADES: debes consultar os parámetros de ponderación de cada comunidade autónoma (preme no enlace)

EXPEDIENTEMultiplico a miña nota media de Bach (NMB) sen relixión por 0,6(máximo 6 puntos)

Nota de Acceso

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE BACH

FASE OBRIGATORIA PAUMultiplico a miña nota por 0,4(4 puntos)

FASE VOLUNTARIA PAU(4 PUNTOS)Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de ponderación

EXPEDIENTENota media de expediente (máximo 10 puntos)

Nota de Acceso

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE C. S

FASE VOLUNTARIA PAU(4 PUNTOS) Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de ponderación

MATERIAS PAU

FASE VOLUNTARIA

FASE OBRIGATORIA

Ponderacións

  • Lingua Castelá e lit II
  • Lingua Galega e lit II
  • 1ª Lingua Estranxeira II
  • Hª de España ou Hª da Filosofía II
  • Materia de modalidade (xeral troncal):
-Matemáticas II/Matemáticas aplicadas ás ciencias Sociais II (Ciencias e Tecnoloxía)-Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II/Latín II (C.Socs e Humanidades) -Ciencias Xerais (Xeral) -Debuxo Artístico II (Artes Plásticas, Imaxe e Deseño) -Análise Musical II, Artes Escénicas II (Música e Artes Escénicas)
  • Podes examinarte ata de 3 materias+ Lingua (Segunda Lingua Estranxeira)
  • Terán en conta as 2 materias con mellor nota vinculadas a cada Grao que solicitas.
  • A materia de modalidade da F. Obrigatoria conta tamén nesta fase (4+1).
  • Revisa os parámetros de ponderación para escoller materia. Escolle as que teñen parámetro de ponderación de 0,2 a non ser que non se che dea ben.
  • Se aprobas esta fase pero suspendes a obrigatoria, tes que volver a realizar a PAU.
  • Se suspendes esta fase, non suspendes a PAU.
  • Podes presentarte de materias non cursadas, incluída a 2ª lingua extranxeira que debe ser diferente da 1ª.

Validez: 3 anos

Validez: indefinida

CALIFICACIÓN PAU

FASE VOLUNTARIA

FASE OBRIGATORIA

Ponderacións

  • MEDIA ARITMÉTICA das calificacións das materias desta fase.
  • Se suspendo unha materia non suspendo necesariamente a PAU.
  • Debes obter un mínimo de 4 puntos. Se esta nota xunto coa nota media do Bacharelato te permite obter un 5, tes aprobada a PAU.
  • A redacción será un 10% da calificación de cada tarefa con redacción de texto.. Valorarase a: coherencia, correción grramaticas, léxica e ortográfica
  • Lembra que non é obrigatoria, polo que se suspendes as materias desta fase non suspendes a PAU, unicamente non engades puntuación.
  • Non te presentes ás materias que non puntúan para o Grao que queres facer, non ten sentido.

Validez: 3 anos

Validez: indefinida

Exames de PAU na convocatoria de 2026

Cada exame consta de 4 preguntas obrigatorias: -1º: obrigatoria de carácter competencial -2ª, 3ª e 4ª: con posibilidade de elección de apartados. Non se terá en conta máis preguntas respondidas das permitidas. So se teñen en conta as catro primeiras.

Rama: Ciencias

Rama: Artes e Humanidades

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Bioloxía
  • Biotecnoloxía
  • Bioquímica
  • Ciencias Ambientais
  • Ciencias do Mar
  • Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos
  • Física
  • Matemáticas
  • Nanociencia e nanotecnoloxía
  • Química

Bacharelatos cos que se relaciona

Estes Graos relaciónanse coa modalidade de: -Ciencias e Tecnoloxía As materias que máis ponderan para a maior parte dos Graos son: Física e Química; Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e, Matemáticas. Consulta outras opcións. Se queres facer algún destes Graos, debes consultar a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

  • Belas Artes
  • Deseño
  • FiIoloxía Aplicada Galega e Española
  • Español: Estudos Lingúísticoe e literarios
  • Filoloxía Clásica
  • Filosofía
  • Galego e portugués: estudos lingúísticos e literarios
  • Historia
  • Hª da Arte
  • Inglés. Estudos lingüísticos e literarios
  • Lingua e Literatura Españolas
  • Lingua e literatura galegas
  • Lingua e Literatura Inglesas
  • Lingua e Literaturas Modernas
  • Linguas Estranxeiras
  • Tradución e Interpretación
  • Xeografía e Historia
  • Xestión Cultural
  • Xestión Dixital da Información e Documentación

Case todas as materias que puntúan na PAU son das modalidades de: - Humanidades e Ciencias Sociais -Artes -Dependendo do que escollas, o Xeral tamén pode ser unha opción. Se queres facer algún destes Graos, debes consultar a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

Rama Ciencias Sociais e Xurídicas

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Administración e Dirección de Empresas
  • Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Ciencias Política e da Administración
  • Ciencias Empresariais
  • Comercio
  • Comunicación Audovisual
  • Creación Dixital, Animación e VIdeoxogos
  • Criminoloxía
  • Dereito
  • Dirección e Xestión Pública
  • Economía
  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Social
  • Empresa e Tecnoloxía
  • Mestre en Educación Infantil
  • Mestre en Educación Primaria
  • Pedagoxía
  • Publicidade e Relacións Públicas
  • Relacións Internacionais
  • Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Socioloxía
  • Traballo Social
  • Turismo
  • Xeografía e Ordenación do Territorio
  • Xestión de empresa hostaleiras
  • Xestión Industrial d e Moda
  • Xornalismo

Estes graos relaciónanse con materias dos Bacharelatos: - Humanidades e Ciencias Sociais (a que máis opcións abre) -Artes (algúns graos) -Ciencias e tecnoloxía -Xeral (algúns graos) Segunda lingua estranxeira puntúa en tódolos graos menos nun. Consulta os parámetros de ponderación.

Rama Ciencias da Saúde

Rama de Enxeñaría e Arquitectura

Bacharelatos cos que se relaciona

Estes Graos relaciónanse principalmente coa modalidade de:-Ciencias e Tecnoloxía -consulta outras opcións. Bioloxía e Matemáticas contan para tódolos graos. Física, Química e Mats aplicadas contan para moitos dos graos. Consulta a táboa de ponderacións para ver que outras materias e modalidades poderían ser boa opción

  • Enfermaría
  • Farmacia
  • Fisioterapia
  • Logopedia
  • Medicina
  • Nutrición humana e dietética
  • Odontoloxía
  • Óptica e optometría
  • Podoloxía
  • Psicoloxía
  • Terapia Ocupacional
  • Veterinaria
  • Arquitectura Técnica
  • Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Enxeñaría Aeroespacial
  • Enxeñaría Agraria
  • Enxeñaría agrícola e agroalimentaria
  • Enxeñaría biomédica
  • Enxeñaría Civil
  • E. da automoción con mención dual
  • E. de Enerxía
  • E Obras Públicas
  • E,. de procesos químicos industriais
  • E. de tecnoloxías da telecomunicación
  • E Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • E. eléctrica
  • E electrónica industrial e automática
  • E. en deseño industrial e desenvolvemento do produto
  • E. en organización industrial
  • E. en química industrial
  • E en tecnoloxías Industriais
  • E. Forestal
  • E. Forestal e do medio natural
  • E. Informática
  • e. Mecánica
  • E Naval e Oceánica
  • E. Química
  • Estudos de arquitectura
  • intelixencia Artificial
  • Máquinas Navais
  • Náuitica e transporte Marítimo
  • Paisaxe
  • Robótica
  • Tecnoloxías da E. Civil

Bacharelatos cos que se relaciona

Estes graos relaciónanse con materias dos Bacharelatos: - Ciencias e Tecnoloxía (a mellor opción) - Humanidades e Ciencias Sociais (so nalgún grao) -Xeral (dependendo das materias que escollas) -Artes ( so nalgún grao) As materias de Debuxo Técnico, Tecnoloxía e enxeñaría, Física e Química, Matemáticas son unha base importante para estes Graos. Consulta a táboa de ponderacións para ver que outras materias ponderan e cales ponderan máis para cada grao.

EXEMPLO: ESCOLLER MATERIAS E MODALIDADES SE QUERO CURSAR ...

Grao Belas Artes

- MATERIAS QUE CONTAN para a FASE VOLUNTARIA da PAU: Artes Escénicas II, Debuxo Técnico II, Deseño, Fundamentos Artísticos, Historia da Arte, Debuxo Artístico II, Técnicas de expresión gráfico plástica, Movementos culturais e artísticos, Debuxo Técnico aplicado ás artes plásticas e ao Deseño II. - PARÁMETROS DE PONDERACIÓN: agás a última, TODAS ponderan 0,2. Se queres ter opción á máxima puntuación, é recomendable escoller as que ponderen con 0,2. - RELACIÓN MATERIAS DE 2º COAS DE 1º BACH: as que teñen II implica superar a I en 1º curso.

TOMA DE DECISIÓNS

Cantos opcións debes ter en mente?

Ciclos Ordinarios (Dual Xeral)

Universidade

10

ACCESO Á UNIVERSIDADE

GRAO(FORMACIÓN BÁSICA) 4 ANOS salvo excepcións

UNIVERSIDADE

MÁSTER(ESPECIALIZACIÓN) 1-2 anos

DOCTORADOInvestigación e docencia

PLAN DE ESTUDOS. UNIVERSIDADE (240 créditos)

1º cuadrimestre:Setembro-Decembro (6 créditos por materia (caso xeral)

2º cuadrimestre: Xaneiro/Febreiro-Maio (6 créditos por materia (caso xeral)

Xaneiro EXAMES (sen docencia)

Maio/Xuño EXAMES (sen docencia)

SEGUNDA OPORTUNIDADE

ORGANIZACIÓN DUN CURSO ESCOLAR

CRÉDITO ECTS=25 horas60 créditos por cursoCURSOS: 4 (de forma xeral) TRABALLO FIN DE GRAO en último curso

Requisitos específicos para acceso a Graos no SUG

Requisitos de Idiomas: acreditación nivel Inglés

  • Relacións Internacionais.
  • Xestión Industrial de Moda.

Proba de acceso

  • Ciencias da actividade física e do deporte (pódese facer proba en 1º Bach, válida durante 2 cursos nas dúas universidades galegas ).

REQUISITOS ESPECÍFICOS DE ACCESO A GRAOS

RELACIÓNS INTERNACIONAIS E XESTIÓN INDUSTRIAL DE MODA (Ferrol)

SÓ terá que acreditar o nivel B1 de Inglés aquel alumnado que:

  • cursase o Bacharelato en centros privados de Galicia.
  • cursase o Bacharelato en centros públicos e privados de calquera outro punto de España (e resto do mundo).
  • non dispoña dunha nota media igual ou superior a 7 na materia de inglés (Expediente de Bacharelato).
A documentación acreditativa presentarase NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRÍCULA ante a UXAI Esteiro (Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social).

Como podo acreditar o meu nivel de inglés? Mediante a presentación de calquera dos seguintes xustificantes:
  • Certificación oficial de Nivel B1 de inglés (só se admitirán aqueles certificados recoñecidos pola Asociación de Centros de Linguas na Ensinanza Superior -> https://acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_OCTUBRE2021.pdf
  • Cualificación en inglés cunha nota media dos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 7 (expediente académico).
  • Ter cursado, en sistemas educativos de fala inglesa, 4º curso de ESO ou un curso do bacharelato.
  • Diploma de asistencia e aproveitamento de nivel B1.2 ou superior de inglés, ou diploma de dominio de nivel B1 ou superior de inglés do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Tamén se admitirán certificados similares expedidos por outros centros de linguas de universidades españolas.

REQUISITOS ESPECÍFICOS DE ACCESO A GRAOS

Novidade dende 23-24: a superación das probas específicas de acceso nunha universidade galega dá acceso na outra.

Ciencias da actividade física e do deporte (INEF A Coruña)

Ciencias da actividade física e do deporte (Pontevedra)

Probas e inscrición

Probas e inscrición

DATAS DE MATRÍCULA E CELEBRACIÓN DAS PROBAS CORUÑA:Exame 25 de abril: inscrición do 23 de febreiro ao 17 de marzo de 2026. Exame 15 de xuño: dende o 08 de maio ao 26 de maio de 2026.

DATAS DE MATRÍCULA E CELEBRACIÓN DAS PROBAS PONTEVEDRA:Inscrición: Dende 03 marzo ao 6 de abril de 2026. Realización das probas: 1º data: 14 de maio 2ª data: 10 de xuño

Prazas Reservadas Universidade

Cota Discapacidade

Estudantado do colectivo xeral con discapacidade ou con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade (mínimo dun 33% de discapacidade; presentación do certificado): reservarase o 5 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria. Esta reserva tamén se realizará nos dobres graos e graos abertos.

Deportista de Alto Nivel ou de Alto Rendemento

Para os/as deportistas de alto nivel ou de alto rendemento que acrediten esta condición, reservarase o 3 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria, agás nos casos das ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e grao en Fisioterapia en que se reservará un 8 por 100 do total. As prazas reservadas para este colectivo adxudicaranse tendo en consideración o descrito no artigo 2 do Real Decreto 971/2007, de 13 de xullo, BOE do 25 de xullo de 2007, nomeadamente 1º) Deportistas de Alto Nivel incluídos nas resolucións adoptadas ao efecto polo Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes (Artigo 2.2. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento). Dentro deste grupo a prelación será a Nota de Admisión. 2º) Deportistas de Alto Rendemento (Artigo 2.3. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel y alto rendemento). Dentro deste grupo, terán preferencia, de acordo co citado artigo, os deportistas incluídos no apartado a) sobre os do b), os o b) sobre el c), os do c) sobre os do d), e así sucesivamente. Dentro da mesma letra a prelación será a Nota de Admisión. Para poder inscribirse na cota de Deportistas de alto Nivel e Alto Rendemento é necesario entregar a seguinte documentación xustificativa: - Deportistas de Alto Nivel: copia da resolución do "Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes que recoñeza a súa condición de deportista de alto nivel indicando a data de publicación de dita resolución no «Boletín Oficial do Estado». -Deportistas de Alto Rendemento: acreditación da cualificación de deportista de alto rendemento realizada polo Consello Superior de Deportes ou a comunidade autónoma, segundo corresponda, indicando na mesma en base a que "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. están acreditados como deportistas de alto rendemento. - os/as Deportistas de Alto Rendemento que xustifiquen tal condición pero que non xustifiquen no prazo establecido a "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. pola que están acreditados" serán incluídos dentro da letra g).

Deportista Galego

Cota Deportistas Galegos: Persoas deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo: Reservarase unha porcentaxe do 2 por 100 das prazas nas ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para as persoas que sexan recoñecidas en base o Decreto 165/2020 do 17 desetembro de 2020 (DOG de 29 de setembro) Os/As deportistas da cota e) e da cota f) estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Campus Universitarios

  • Pontevedra
  • Vigo
  • Ourense
  • A Coruña
  • Ferrol
  • Santiago
  • Lugo

OFERTA SUG (SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO)

PREME nos enlaces para coñecer a oferta de: -Graos -Graos Abertos -Programas de simultanedade (dobre titulación) -Graos Duais -Graos semipresenciais ou virtuais

Dende 18-19 ata hoxeEnxeñaría Biomédica -ADE+ E. Informática -E.Biomédica + E. Electronica Industrial e Automática -E. Biomédica + E. Mecánica. -E. Mecánica e E. electrónica industrial e automática -Turismo+Xeografía e Historia -ADE+Dereito -ADE+E.Informática -Deseño -Intelixencia artificial

Dende 18-19 ata hoxe-Paisaxe.UDC/USC-Xestión Industrial de moda -Creación en edición dixital, animación e videoxogos -Ciencia e exeñaría de datos -Xestión Dixital de información e documentación -Enxeñaría Industrial. Dual -Nanociencia e nanotecnoloxía -Grao Aberto C.Socias e xurídicas -Grao Aberto Enxeñaría Industrial -Relacións Internacionais -Intelixencia Artificial

Dende 18-19 ata hoxe-Criminoloxía -Paisaxe UDC/USC -Robótica -Empresa e tecnoloxía -Bioquímica -Grao Aberto: 5 USC Enxeñarías -Xestión en empresas hostaleiras -Intelixencia Artificial

  • Os DOBRES GRAOS e PROGRAMAS DE SIMULTANEIDADE permiten obter dúas titulacións da mesma rama de coñecemento en menos tempo (cinco ou seis anos). Estudarás un programa que inclúe as materias de dous GRAOS. 9
  • Normalmente teñen unha nota de corte máis alta

Dobre Grao

USC

UDV

UDC

  • Física e Química
  • Matemáticas e Física
  • Química e Bioloxía
  • Farmacia e Optica
  • Dereito e Relcacións Laborais e Recursos Humanos
  • Educ Infantil e Educ Primaria
  • Xornalismo e Comunicación Audiovisual
  • E. Agrícola e Agroalimentaria e E.Forestal e do Medio Natural
  • E.Informática e Matemátricas
  • ADE e Dereito
  • ADE e E.Informática
  • E. Biomédica e E.Electrónica Industrial e Automática
  • E Biomédica e E.Mecánica
  • E.Mecánica e E.Electrónica Industrial e Automática
  • Turismo e Xeografía e Historia
  • ADE e Dereito
  • Turismo e C.Empresariais
  • Español: estudos lingúísticos e literarios e Galego e portugués: estudos lingúísticos e literarios
  • Inglés: estudos lingúísticos e literarios e Galego e Portugués: estudos lingúísticos e literarios
  • Inglés: estudos lingúísticos e literarios e Español: estudos lingúísticos e literarios
  • E. Mecánica e E.Naval e oceánica
  • Os GRAOS ABERTOS son a opción cando che interesan varios graos, ou tes grande incertidume e che custa decidir. Combinan materias de varios graos da mesma rama durante un ano ou dous, para que logo poidas ter máis claro con que Grao continúas no 2º ou 3º curso.
  • Comezaron no curso 20-21.
  • Nota de corte: tense en conta a nota de corte máis alta entre os Graos que forman o Grao Aberto.

GraosAbertos

UDV

USC

UDC

  • C. Sociais e Xurídicas
  • E. Industrial
  • 5 USC Enxeñarías
  • Desde hai uns anos a oferta de formación universitaria a distancia e telemática aumenta progresivamente adaptándose a tódalas necesidades.

Semipresenciais, virtuais

UDV

UDC

USC

  • Dirección e Xestión pública
  • Xestión Cultural (semipresencial)
  • Empresa e Tecnoloxía
  • Turismo
  • Ao igual que na FP, os Graos DUAIS ofertan parte da súa formación nunha empresa.
  • No 2023, aprobouse un plan común ás tres universidades galegas que reguiará a implantación destes grados polo que é probable que a partir do curso 24-25 a oferta aumente.

Universidade + Empresa

GRAOS DUAIS

UDC

UDV

USC

  • Enxeñaría eléctrica
  • Enxeñaría da automoción
Xestión Industrial de Moda

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

Relacións Internacionais

IDIOMAS

UDC

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 50%)

USC

UDV

Notas de corte

Todas as comunidades

Galicia

Xestión Industrial de Moda

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

Relacións Internacionais

IDIOMAS

UDC

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 50%)

USC

UDV

ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL

Títulos e Accesos Directos

CICLOS GRAO BÁSICO

CICLOS GRAO SUPERIOR

CICLOS GRAO MEDIO

Técnico Superior

Técnico Medio

Técnico Básico

Curso de especialización

Curso de especialización

Especialista

Máster profesional

A NOVA FP: CAMBIOS MÁIS DESTACADOS

DUAL
Módulos
Outros
5 Grados

Toda a FP é dual, isto significa que dende o 1º curso a formación realizarase de forma combinada no centro educativo e no centro de traballo. Según o tipo de Dual, a presenza na empresa será maior ou menor. Cotizarase o tempo de formación en empresa. Haberá a posibilidade de formarse en máis dunha empresa.

Ademaís dos módulos profesionais de cada perfil profesional todos os ciclos terán os seguintes módulos: Módulos troncais 1. Itinerario persoal para a empregabilidade I e II. 2. Dixitalización aplicada ao sistema produtivo 3. Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 4. Inglés profesional 5. Proxecto intermodular Módulo optativo 6. Un por ano ou dous cuatrimestrais.

GRAO A: Acreditación parcial dunha competencia. GRAO B: Certificado da competencia. GRAO C: Certificado profesional. GRAO D: Ciclos Formativos: -Nivel 1: CFGB. Título técnico básico. - Nivel 2. CFGM. Título de Técnico - Nivel 3. CFGS. Título de técnico superior GRAO E: cursos de especialización ou mestrados de FP. -FPGM: Título de técnico especialista -FPGS: Máster de FP

Maior colaboración entre a Universidade e FP. Posibilidade de contar con ciclos con maior duración. Impulsaránse as dobres titulacións (xa existen)

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican Dual xa non tes opción no resto de réximes.

NOVA LEI DE

FP Ordinaria

FP a Distancia o virtual

  • Matrícula de curso completo
  • Dous anos.

FP Presencial

FP Semipresencial

FP Presencial

FP Modular

Modalidades FP

  • Matrícula por módulos,
  • Máis de tres anos.

FP Acelerada

FP Dual Intensiva

FP Dual Xeral

FP Presencial

  • Matrícula por módulos para a cualificacion e emprego máis rápido en sectores clave con necesidade de traballadoras/es
  • 4-6 meses.
  • Duas matriculacións: setembro e xaneiro

Réximes FP

Oferta

Novidades

Dende o curso 25-25 TODA A FP É DUAL

FP Dual Curso Completo

DOUS TIPOS DE FP DUAL

INTENSIVA: - Entre o 35-50% das horas do ciclo realízanse en empresa (700-1000 horas).-Remuneración económica (700 euros aproximadamente) -Cotízase no período de formación en empresas -En principio para maiores de 18 anos. No caso de haber prazas dispoñibles podería acceder alumnado a partir de 16 anos. -As empresas realizan entrevista e seleccionan ao alumnado.

XERAL (ORDINARIO): -Entre o 25 e 35% das horas dos ciclos medios realízanse en empresa (500-700 horas)-Cotización no período de formación en empresas

Dende o curso 24-25 TODA A FP É DUAL

Dual XERAL (ordinaria) Formación en empresa

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

CICLOS DE GRAO MEDIO

NOVA FP 700 horas: -1º curso: 200 -2ºcurso: + 500

NOVA FP 700 horas: -1º curso: 200 -2º curso: + 500

FP ANTERIOR 384 horas: -2º curso. FCT

FP ANTERIOR 410 horas: -2º curso. FCT

Acceso a Ciclos Superiores desde un Bacharelato

Dende o proceso de admisión de 2024:- Deixa de existir o vínculo entre as modalidades de Bacharelato e os Ciclos superiores, é decir, non haberá preferencias na admisión por ter cursado unha modalidade o materias determinadas. Aínda así é moi recomendable a efectos de formación, consultar o perfil e módulos dos Ciclos (ver enlace) para decidir que modalidade e materias cursar. -Entre un 75-85% das prazas repartiranse entre o alumnado procedente dun ciclo medio e o alumnado procedente do Bacharelato. No caso do alumnado procedente dun Ciclo Medio ten preferencia no Ciclo Superior se cursou un Ciclo Medio da mesma familia profesional.

Prioridades no acceso (ORDINARIA)

Notas de corte FP e +

  • CM Aproveitamento e conservación do medio natural (1º e 2º curso)

Ciclos de FP Dual Intensiva

Curso 26-27

Que CICLOS hai e donde?

  • Oferta en Galicia.
  • Ciclos noutras comunidades. TodoFP.

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

Oferta IES MUGARDOS 26-27

Ciclos de FP Dual Intensiva

  • CM Xardinaría e floraría
  • CM Aproveitamento e conservación do medio natural

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

Folletos Ciclos 25-26

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

Calendarios

  • Lembra que podes facer unha solicitude de praza por cada tipo de oferta. No caso de que lle adxudiquen FP Dual Intensiva, finalizase a admisión no resto da oferta.

Calendarios

Calendarios

Inscrición

Video explicativo admisión
  • Aplicación CiclosAdmisión para solicitar praza
  • Instrucións Xerais para cada tipo de oferta
  • Currículo Europeo (so se pides FP Dual Intensiva)
FP DUAL INTENSIVA: So podes escoller un ciclo. FP DUAL ORDINARIA XERAL: Podes escoller 4 ciclos: o mesmo ciclo en diferentes centro e/ou varios ciclos. Ordealos por preferencia.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:1. Utilizar o ASISTENTE INFORMÁTICO PARA XERAR A SOLICITUDE WEB. Unha vez cuberta a solicitude pode darse 3 casos: - Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, e dirixida ao centro escollido en primeiro lugar. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión. 2. CREAR ALARMAS COAS DATAS DO CALENDADIO DE ADMISIÓN e MATRÍCULA 3. CONSULTAR LISTAXES DE SOLICITUDES (provisional e definitiva) e AS DE ADXUDICACION nas datas sinaladas no calendario de admisión. 4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido MATRICULARSE OU RENUNCIAR (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Pasos da Admisión e Matrícula

  • Matrícula online ou no centro.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.

Matrícula

  • Matrícula no caso de ciclo liberado: en papel no centro. Importante a hora de chegada.
Podes renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia realízase polos seguintes medio: - través da aplicación informática -ou mediante impreso. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar.

Renuncia

  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online.

ALGUNHAS DÚBIDAS FRECUENTES

Que é o código persoal de consulta (CPC)?

Que tipos de centros hai?

Prazas liberadas

Cando un ciclo non ten lista de espera, a Consellería abre un prazo para matricularse directamente aínda que non se teña feito previamente a solicitude de admisión neste ciclo. As plazas adxudicanse por orde de chegada.

Nos listados non aparecerán os vosos nomes se non un código alfanumérico único e persoal. Consulta no enlace como obtelo.

Na solicitude figuran:-IES -CIFP centros integrados de FP. So imparten ensinanzs vinculadas con FP -CPR: Centro Privado Concertado (consulta se ten precios engadidos)

Nota de Acceso

EXPEDIENTE(10 puntos)

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE C. S

FASE VOLUNTARIA(4 PUNTOS) Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

Validez: 3 cursos seguintes

  • As validacións entre módulos de FP e materias dos Graos poden ser diferentes en cada unha das Universidades porque os plans de estudo non son exactamente iguais. Consulta sempre as validacións en cada universidade no seguinte enlace.

Validacións FP- Universidade

Guía rápida Admisión FP Dual Ordinaria

Guía rápida Admisión FP Dual Intensiva

Guías rápidas

Guía rápida Admisión FP Acelerada

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Na FP poderás participar en experiencias únicas:-Mobilidade: podes facer prácticas noutros países-Concursos: Galicia Skills -Programas de emprendemento: Viveiros de empresa, Simula, Idea, Avanza, Actúa, Miniempresas, cooperativismo, etc

Saber + das Ensinanzas de Réxime Especial

Ciclos Superiores (III)

Ensinanzas dep rtivas

  • CS Esquí Alpino
  • CS Esquí de Fondo
  • CS Snowboard
  • CS Fútbol
  • CS Fútbol Sala
  • CS Atletismo
  • CS Baloncesto
  • CS Hípica
  • CS Salvamento e Socorrismo •

Ciclos Iniciais (I e II) ou Medios

Guía Básica

Proba de acceso: datas de inscrición

  • CM Esquí Alpino
  • CM Esquí de Fondo
  • CM Snowboard
  • CM Fútbol CS Fútbol
  • CM Fútbol Sala
  • CM Atletismo CS Atletismo
  • CM Baloncesto CS Baloncesto
  • CM Balonmán
  • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo
  • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre
  • CM Salvamento e Socorrismo
  • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
  • CM Vela con Aparello Fixo
  • CM Vela con Aparello Libre
  • CM Judo e Defensa Persoal
  • CM Piragüismo de Augas Tranquilas
  • CM Piragüismo de Augas Bravas
  • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas
  • bloque común actividades de formación federacións deportivas
  • Sustitutiva do requisito de titulación de acceso a Ciclos Superiores : ata o de maio. (con 19 anos cumpridos antes de rematar este ano 2026).
  • Proba Específica:

Datas realización das probas

  • Sustitutiva do requisito de titulación Bacharelato: maio.
  • Proba Específica: do ao de xullo (segundo especialidade deportiva).

Modelos probas

Exención proba de acceso específica.

Oferta. Centros que imparten estas ensinanzas

Especialidades

-Escultura-Pintura -Arqueoloxía

Modelos de Probas de acceso

Grao Conservación e restauración de bens culturais

Solicitude de praza por vía directa ou con proba específicaTelemática: https://www.edu.xunta.gal/eas -Data: ata o 5 de xuño -Guía inscrición: /https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_proceso_de_inscricion_acceso_superiores_2026.pdf

Data e lugar da proba específica:-17 xuño -Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Pontevedra. -Partes da proba: 1ª PARTE: análise de texto. 40% 2ª parte: aptitude plástica (tres probas). 60%

Normativa Acceso 26-27

Guía explicativa

Escolas de Arte e Superior de Deseño

Pablo Picasso (A Coruña)

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (4 anos, equivalente a Grao)

Mestre Mateo (Santiago)

Antonio Faílde (Ourense)

Ramón Falcón (Lugo)

Oferta-Deseño GRÁFICO (A Coruña, Lugo. Ourense) -Deseño de INTERIORES (A Coruña, Lugo, Ourense) -Deseño de MODA (Santiago) -Deseño de PRODUTO (Santiago)

Inscrición nas Probas de acceso Específicas:-Datas: ata o 05 de xuño. -Telemática: https://www.edu.xunta.gal/eas/ -Guía de inscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_proceso_de_inscricion_acceso_superiores_2026.pdf

Normativa de acceso 26-27

Calendario

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Normativa de acceso 26-27

Oferta

  • CM Serigrafía (Ourense, Lugo))
  • CM Procedementos Xoiaría artística (Santiago)
  • CS Arquitectura efémera (Santiago)
  • CS Cerámica artística (A Coruña)
  • CS Dourado, prateado e policromía (A Coruña, Santiago)
  • CS Ebanistería artística (Ourense)
  • CS Escultura aplicada ao espectáculo (A Coruña)
  • CS Fotografía (nas 4 escolas)
  • CS Gravado e técn. de estampación (Lugo)
  • CS Ilustración (Ourense, A Coruña)
  • CS Serigrafía Artística (lugo)
  • CS Técnicas Escultóricas (Santiago)
  • CS Xoiaría Artística (A Coruña)

Escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Mestre Mateo (Santiago) Antonio Faílde (Ourense) Ramón Falcón (Lugo)

Inscrición: Telemática en EAS: https://www.edu.xunta.gal/eas. Permite a achega electrónica da documentación.

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Escola de Arte Dramático

3 especialidades

Interpretación

Escenografía

Dirección escénica e dramaturxia

Normativa acceso 26-27

4 anos, equivalente a Grao

Probas de acceso específica

Arte Dramático

Inscrición-Telemática: https://www.edu.xunta.gal/eas -Data: do 28 abril ata o 16 de xuño -Guía inscrición: https://esadgalicia.com/wp-content/uploads/2026/04/guia_proceso_de_inscricion_acceso_superiores_2026-1.pdf Lugar de realización da proba ESADG, rúa Poza Cabalo, s/n, Vigo Calendario

OPCIÓNS SEN TÍTULO

PROBA LIBRETÍTULO DE BACHILLER

INICIAR UN CICLO MEDIO

REPETIR 2º

PROBA DE ACCESO A C.SUPERIORES

PROBA DE ACCESO A C.SUPERIORES

  • Para quen? Para as persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Excepcionalmente, para maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.

Educación de adultos

  • Donde? Consulta o enlace
  • Como podes cursalo? Por curso completo ou por materias. Se fas un Ciclo podes cursar as materias soltas para obter o Título de Bachiller.
  • Que modalidades hai?
-presencial -semipresencial: asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia 1 hora/semana. -a distancia: de forma telemática. IES San Clemente
  • Quen se pode presentar: as persoas que cumpran 20 anos no ano no que se celebra a proba, e non estean/estiveran matriculadas en Bacharelato no mesmo ano.
  • Partes da proba (ver enlace convocatoria):
-1º exercizo: consta de cinco exames correspondentes a materias comúns a todas as modalidades de bacharelato. -2ºexercizo: consta de tres exames correspondentes a materias específicas de cada modalidade. As persoas que non superen a proba na súa totalidade manterán a cualificación obtida nos exercicios e exames superados.

Proba Libre Título de Bachiller

  • Convocatoria (ver enlace)
  • Inscrición: do 26 de febreiro ao 11 de marzo de 2026 nos EPA.
  • Exames convocatoria 2026: 23 e 24 de abril de 2026 no IES San Clemente.
  • Validacións: terase en conta as materias aprobadas no Bacharelato correspondentes a cada exercizo e os títulos profesionais de música e danza.
  • Quen se pode presentar: as persoas que cumpran 19 anos no ano no que se celebra a proba. Permite o acceso ao 10% das prazas dos Ciclos Superiores.
  • Partes da proba (ver instrucións):
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas. - Parte específica(escolles unha opción e dúas materias). Cada opción está vinculada cuns ciclos concretos: Opcion A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía. Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física. Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.

Proba de Acceso a Ciclos Superiores

  • Convocatoria (ver enlace). Adoita publicarse en xaneiro.
  • Partes superadas da proba: Se superas unha parte pero non a proba completa, conservas a cualificación da parte aprobada nos dous anos seguintes.
  • Exencións: existen diferentes posibilidades par solicitar exención dunha parte da proba Consultar coa orientadora.
  • Inscrición online

Becas e axudas

BECAS E AXUDAS

Ministerio

Como solicitala (telematicamente)

Debes cumprir requisitos:- xerais- económicos- académicos(preme no enlace)

Documentación

Nesta convocatoria o prazo remata o 18 de maio.LEMBRA facer os cambios que se dean (donde estudarás e que, etc) no mes de setembro

Cantos cartos poden darme?

Créditos universitarios a aprobar para non devolver beca: -50% créditos: nas ramas de Artes e humanidades, Ciencias da Saúde, C.Sociais e Xurídicas -40% creditos: Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura

BECAS E AXUDAS

Universidades

As universidades teñen tamén as súas propias axudas, entre outras para (seguinte pantalla):

  • Comedor
  • Transporte
  • Mobilidade
  • Excelencia académica
  • Deportistas
  • Idiomas
  • Inclusión,etc

Xunta de Galicia

  • Situacións sobrevidas que dificultan a continuidade de estudos universitarios.
  • Bolsas Digi Talent de prácticas en empresas do sector TIC.

BECAS E AXUDAS propias de cada Universidade

Becas e xudas propias UDC

Algunhas das BECAS E AXUDAS PROPIAS das Universidades

  • Coruña

Comedor

  • Santiago

Transporte

  • Coruña

Excelencia académica

  • Coruña
  • Vigo
  • Vigo

De estudo

Bolsas inclusión

  • Coruña
  • Vigo
  • Vigo

Residencias

ALOXAMENTO ESTUDANTES

Residencias Universitarias

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

Buscador de Residencias en todas as Comunidades

Residencias e Colexios Maiores (Santiago)

Para alumnado de FP. Se hai prazas vacantes se abre a universitarios. PREZO: hai varios tramos, pode saír gratuíta, o prezo maís alto está preto de 200/mes. Pagos trimestrais

Residencias Públicas da UDC (Ferrol, A Coruña)

Aloxamentos Vigo, Ourense, Pontevedra)

+ CREDO VIGO

+ CREDO A CORUÑA

+ CREDO OURENSE

IMPORTANCIA DOS IDIOMAS

B1 PARA SER TITULADO/A UNIVERSITARIO

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 40%)

NA FP ESTÁ PREVISTO INCREMENTAR A FORMACIÓN EN IDIOMAS

  • Xestión Industrial de Moda
  • Relacións Internacionais
  • No curso 23-24 todas as FP Duais de Galicia terán formación en idiomas.
  • En 2025 toda a FP incorporará módulo de idiomas en todos os ciclos de calquera réxime.

Recursos para orientarse

RECURSOS PARA ORIENTARSE

PÁXINAS OFICIAIS DE FP

Galicia

Ministerio

ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

PÁXINA OFICIAIS UNIVERSIDADES GALEGAS

UVigo

UDC

CIUG

USC

UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS UNISCOPIO

UNIGOW

DICIONARIO DE PROFESIÓNS EDUCAWEB

GRADOMANÍA

BLOG

CANAL WHATSAPP

CANAL TELEGRAM

Xa estás chegando á meta

  • Mantén a ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexa as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
  • Podes, logo...a por todas!

75%

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • Web do IES (orientación)
  • Aula virtual. Titoría 1º Bach.
  • https://t.me/piensosientosoy (Canal telegram)
  • Canal Whatsapp
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com