Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Ares Maio 2026 4º ESO

PIENSOSIENTOSOY

Created on May 26, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

ao IES Mugardos

HORARIO

  • Luns a Venres: 08:45-14:25
  • Tardes do martes: 16:20-18:00
  • 2 recreos de 20 minutos

TRANSPORTE

  • RUTAS:
Paradas Ares: O Raso-Seselle-Chanteiro- Cervás-Ares-IES!
  • TARXETA XOVE NOVA: transporte metropolitano. Permite realizar as viaxes interurbanas de forma gratuíta ata os 20 anos.

USO DE MÓBILES

Non está permitido o uso do móbil.Practica e desfruta das conversas face to face. Se precisas chamar a casa, podes facelo en secretaría.

Cos cambios de aula, precisarás un lugar donde deixar o material. Pódense alugar por cinco euros/curso.

TAQUILLAS

CAFETARÍA

Contamos con servizo de Cafetaría que podes empregar:

  • Nos recreos
  • Os martes: se queres quedar a comer no centro (con autorización) debes reservar prato/bocata no día anterior.

ANPA

Ser socio/a da ANPA ten unha chea de AVANTAXES:

  • Prezo reducido nas excursións e saídas complementarias.
  • Coordinan o banco solidario de libros.
  • ENLACE na web do IES.
  • Email: anpaocastro@hotmail.com

CUALE

CUALE

  • 2 días á semana
  • preparación para probas EOI

1º DÍA

HORARIOS E AULAS

  • Os horarios entregaranse o 1º día e tamén aparecerán nas portas de cada aula. As familias poden consultalos na web do IES.
  • No teu horario indícase en cada hora que materia tes e en que aula se imparte.

09 setembro

MATRÍCULA

Becas e axudas

BECAS XERAIS DO MINISTERIO

Ministerio

Como solicitala (telematicamente)

Debes cumprir requisitos:- xerais- económicos- académicos(preme no enlace)

Documentación

Nesta convocatoria o prazo remata o 19 de maio.LEMBRA facer os cambios que se dean (donde estudarás e que, etc) no mes de setembro

Cantos cartos poden darme?

BECAS NEAE DO MINISTERIO

Ministerio

Como solicitala (telematicamente)

  • Para o alumnado con NEAE
  • Contactar do Departamento de Orientación no momento da matrícula

Documentación

O prazo finaliza o 10 de setembro. Precisas achegar informe do Gabinete e certificado de discapacidade de selo caso.

Cantos cartos poden darme?

Tomar decisións

ESO

FP Básica

E despois de 4º, que?

ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

CICLOMEDIO

BACHARELATO

Con PAU

ESTUDOS PROFESIONAIS (2 ANOS)

Precisan proba de acceso específica

CICLO SUPERIOR

ESTUDOS SUPERIORES (4 ANOS)

C.SUPERIOR

UNIVERSIDADE

Sen PAU

Tres itinerarios académicos

RÉXIME ESPECIAL

FP

UNIVERSIDADE

Precisan proba de acceso específica

FP Acelerada

EnsinanzasDeportivas

Ensinanzas Artísticas

FP Dual Ordinaria

  • Graos
  • Dobres Graos (Programa de simultaneidade)
  • Graos Duais
  • Graos semipresenciais e virtuais

FP Dual Intensiva

  • Ciclos Medios
  • Ciclos Superiores

FP Modular

Profesionais Superiores
  • Ciclos Medios
  • Ciclos Superiores
  • Arte Dramático
  • Conservación e Restauración de bens culturais
  • Estudos Superiores de Deseño
  • Ensinanza de Música
  • Danza

Nota media de ESO e Bacharelato

A calificación media de 3º e 4º ESO condiciona o acceso aos Ciclos Medios. Por iso é importante titular sen materias suspensas e coa mellor nota posible. No BACHARELATO podes conseguir 6 de 14 puntos da PAU polo teu expediente. Tamén se ten en conta: - nos premios extraordinarios, - nas matrículas de honra -en convocatorias como campus científicos, axudas de idiomas, etc

Saber + do BACHARELATO

  • Etapa preparatoria para outros ensinos profesionais.
  • 2 cursos pero nalgúns casos poderíase plantear un reparto de materias para facer en 3 cursos.
  • 2 repeticións: 1 por curso (salvo excepcións con informe favorable do profesorado).
  • 4 modalidades: Ciencias e tecnoloxía, Xeral, Humanidades e Ciencias Sociais, e Artes.
  • Materias: comúns, troncais, optativas, autonómicas.
  • Posibilidade de cambio dunha modalidade a outra con condicións.

Consulta condicións

Nova modalidade LOMLOE

Promoción e titulación no Bacharelato

PROMOCIONO

  • Se supero todas as materias de 1º ou suspendo ata dúas materias.
  • No caso de repetir, debes cursar de novo o curso completo.
TITULO
  • Se aprobo todas as materias dos dous cursos.
  • Excepcionalmente, podo obter o título se o o equipo docente o decide así cando cumpro TODAS as condicións seguintes:
a) Acadei as competencias e os obxectivos da etapa. b) Non tiven inasistencia continuada e non xustificada. c) Presenteime ás probas e realicei as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria. d) Obtiven unha media aritmética igual ou superior a cinco nas materias da etapa cursadas que como mínimo se requiren para a obtención do título. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

+ info

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

O Bacharelato prepara para estudos posteriores, logo debes preguntarte?

Quero facer un Grao Universitario?

Quero facer un Ciclo Superior?

Quero facer un Ciclo Superior ou ensinanza superior de réxime especial?

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

Cando non tes claro que estudar, pensa que as materias que se che dan ben...

Marcan as modalidades e itinerarios a escoller

Permiten obter un bo expediente. Lembra que o expediente permite obter ata 6 puntos sobre 14 no acceso á universidade

DEBES SABER

MATERIAS CON CONTINUIDADE SON: • as acompañadas dun número romano (I), • Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e, • Física-Química A continuidade implica que para poder cursar a materia de 2º debes ter cursada a de 1º curso. Poderás matricularte da materia de 2º curso sen cursar a correspondente materia de 1º curso, cando o profesor/a considere que podes seguir con aproveitamento a materia de 2º. En caso contrario, debes cursar a materia de 1º como pendente.

Matriculación condicionada por: - o número de alumnos/as que escollen a materia (5 ou 10 alumnos/as segundo os casos). -o número de profesores/as que nos autorizan a impartila materia.

1º Bacharelato LOMLOE

Humanidades e Ciencias Sociais

Ciencias e Tecnoloxía

  • Lingua Galega e Literatura I
  • Lingua Castelá e Literatura I
  • 1ª lingua estranxeira I
  • Filosofía
  • Educación Física
  • Relixión/Disposición do centro
  • Lingua Galega e Literatura I
  • Lingua Castelá e Literatura I
  • 1ª lingua estranxeira I
  • Filosofía
  • Educación Física
  • Relixión/Disposición do centro

PROPIAS DE MODALIDADE

PROPIAS DE MODALIDADE

  • Matemáticas I
  • Dúas das seguintes:
- Física e Química - Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais. - Debuxo Técnico I. -Tecnoloxía e Enxeñaría I.
  • Latín I ou Matemáticas aplicadas ás C. Sociais I
  • Dúas das seguintes:
-Latín I -Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I -Historia do Mundo Contemporáneo. -Economía -Grego I -Literatura Universal

OPTATIVA (escoller 1):

OPTATIVA (escoller 1):

– Anatomía Aplicada. – Antropoloxía. – Cultura Científica. - Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. – Segunda Lingua Estranxeira I. – Tecnoloxías da Información e da Comunicación I. - Tecnoloxías Intelixentes. - Materia propia de modalidade non cursada de calquera das catro modalidades de Bacaharelato ofertada polo centro.

– Anatomía Aplicada. – Antropoloxía. – Cultura Científica. - Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. – Segunda Lingua Estranxeira I. – Tecnoloxías da Información e da Comunicación I - Tecnoloxías Intelixentes. - Materia propia de modalidade non cursada de calquera das catro modalidades de Bacaharelato ofertadas polo centro.

1º BACHARELATO LOMLOE

1º Bach

Oferta IES Mugardos 1º CURSO: -Ciencias -Humanidades e Ciencias Sociais

+ Enlace folla matrícula

Cambio de modalidade

CANDO E DONDE SE SOLICITA?Solicítase á dirección antes de: -1º bacharelato: antes do 15 de outubro. -2º bacharelato: ao comezo do curso.

TEN EN CONTA QUE AO FINALIZAR 2º DEBES TER CURSADO- todas as materias xerais do bloque de materias troncais de 1º e 2º da modalidade pola que rematas - 4 materias de opción do bloque de materias troncais das que polo menos 3 deben ser da modalidade pola que rematas, das cales 2 serán de 2º curso -un mínimo de 4 do bloque de materias específicas das cales 2 serán de 1º e dúas de 2º

Cambio de materia

CANDO E DONDE SE SOLICITA?Solicítase á dirección no momento da matrícula.

O alumnado con avaliación negativa nalgunha materia específica de modalidade u vía, ou nalgunha materia optativa, de 1º ou 2º curso, no caso de promocionar ou de repetir, poderá optar por:- recuperala ou -sustituíla por outra materia do mesmo grupo ofertada no centro. Neste caso. deberá solicitarse no momento da matrícula.

PAU E UNIVERSIDADE

EXPEDIENTEMultiplico a miña nota media de Bacharelato por 0,6(máximo 6 puntos)

Nota de Acceso

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE BACH

FASE OBRIGATORIA PAUMultiplico a miña nota da fase xeral por 0,4(máximo 4 puntos)

FASE VOLUNTARIA PAU(4 PUNTOS)Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

Nota de Acceso

EXPEDIENTEA nota media do meu Ciclo Superior (máximo 10 puntos)

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE C. S

FASE VOLUNTARIA(4 PUNTOS) Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

MATERIAS PAU

FASE VOLUNTARIA

FASE OBRIGATORIA

Ponderacións

  • Lingua Castelá e lit II
  • Lingua Galega e lit II
  • 1ª Lingua Estranxeira II
  • Hª de España ou Hª da Filosofía II
  • Materia de modalidade (xeral troncal):
-Matemáticas II/Matemáticas aplicadas ás ciencias Sociais II (Ciencias e Tecnoloxía)-Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II/Latín II (C.Socs e Humanidades) -Ciencias Xerais (Xeral) -Debuxo Artístico II (Artes Plásticas, Imaxe e Deseño) - Análise Musical II, Artes Escénicas II (Música e Artes Escénicas)
  • A materia de modalidade da F. Obrigatoria conta tamén nesta fase.
  • Revisa os parámetros de ponderación para escoller materia. Escolle as que teñen parámetro de ponderación de 0,2 a non ser que non se che dea ben.

Validez: 3 anos

Validez: indefinida

Parámetros de ponderación?

Non acabo de entender o dos parámetros de ponderación!

Pode parecer compricado pero en realidade é sinxelo. Son os valores (0,1 e 0,2) que se multiplican pola nota que obtés nas materias da fase voluntaria da PAU.

0,1

E todas as materias teñen o mesmo parámetro de ponderación?

0,2

Non, e aí é donde esto o quid da questión. É recomendable escoller, preferentemente, materias de 0,2 para mellorar a puntuación

PODEN CAMBIAR OS PARÁMETROS DUN ANO PARA OUTRO? Si, aínda que normalmente cambian para mellorar as posibilidades do alumnado.

SON OS MESMOS PARA TODAS AS UNIVERSIDADES?En Galicia si, pero se queres acceder a outra comunidade autónoma tes que consultar os parámetros no seu portal educativo.

A MESMA MATERIA TEN O MESMO PARÁMETRO PARA DIFERENTES GRAOS?Non. Tes que consultar os parámetros da materia para cada Grao.

Se vas a estudar fóra

Consulta os parámetros doutras CCAA!

Quero ir a á Universidade

Fase Voluntaria da PAU(ver parámetros).

Materias de 2º Bacharelato

Modalidades e materias de 1º Bacharelato

Materias de 4º

Estas materias vincúlanse coas RAMAS nas que se organizan os Graos: Hai cinco: 1 Artes e Humanidades 2. Ciencias 3. Ciencias da Saúde 4. Enxeñaría e Arquitectura 5. Ciencias Socias e Xurídicas

Cada Grao Universitario pertence a unha Rama

Cada Rama está vinculada cunhas materias e modalidades de Bach

Artes e Humanidades

Enxeñaría e Arquitectura

Ciencias da Saúde

Ramas

Ciencias Sociais e Xurídicas

Ciencias

Rama: Ciencias

Rama: Artes e Humanidades

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Bioloxía
  • Biotecnoloxía
  • Bioquímica
  • Ciencias Ambientais
  • Ciencias do Mar
  • Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos
  • Física
  • Matemáticas
  • Nanociencia e nanotecnoloxía
  • Química

Bacharelatos cos que se relaciona

Estes Graos relaciónanse coa modalidade de: -Ciencias e Tecnoloxía As materias que máis ponderan para a maior parte dos Graos son: Física e Química; Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e, Matemáticas. Consulta outras opcións. Se queres facer algún destes Graos, debes consultar a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

  • Belas Artes
  • Deseño
  • FiIoloxía Aplicada Galega e Española
  • Español: Estudos Lingúísticoe e literarios
  • Filoloxía Clásica
  • Filosofía
  • Galego e portugués: estudos lingúísticos e literarios
  • Historia
  • Hª da Arte
  • Inglés. Estudos lingüísticos e literarios
  • Lingua e Literatura Españolas
  • Lingua e literatura galegas
  • Lingua e Literatura Inglesas
  • Lingua e Literaturas Modernas
  • Linguas Estranxeiras
  • Tradución e Interpretación
  • Xeografía e Historia
  • Xestión Cultural
  • Xestión Dixital da Información e Documentación

Case todas as materias que puntúan na PAU son das modalidades de: -de Humanidades e Ciencias Sociais e -Artes -Dependendo do que escollas, o Xeral tamén pode ser unha opción. Se queres facer algún destes Graos, debes consultar a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

Rama Ciencias Sociais e Xurídicas

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Administración e Dirección de Empresas
  • Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Ciencias Política e da Administración
  • Ciencias Empresariais
  • Comercio
  • Comunicación Audovisual
  • Creación Dixital, Animación e VIdeoxogos
  • Criminoloxía
  • Dereito
  • Dirección e Xestión Pública
  • Economía
  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Social
  • Empresa e Tecnoloxía
  • Mestre en Educación Infantil
  • Mestre en Educación Primaria
  • Pedagoxía
  • Publicidade e Relacións Públicas
  • Relacións Internacionais
  • Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Socioloxía
  • Traballo Social
  • Turismo
  • Xeografía e Ordenación do Territorio
  • Xestión de empresa hostaleiras
  • Xestión Industrial d e Moda
  • Xornalismo

Estes graos relaciónanse con materias dos Bacharelatos: - Humanidades e Ciencias Sociais (a que máis opcións abre) -Artes (algúns graos) -Ciencias e tecnoloxía -Xeral (algúns graos) Segunda lingua estranxeira puntúa en tódolos graos menos nun. Dependendo do Grao te pode vir mellor unha modalidade e materias concretas. Consulta os parámetros de ponderación.

Bacharelatos cos que se relaciona

Rama Ciencias da Saúde

Rama de Enxeñaría e Arquitectura

Estes Graos relaciónanse principalmente coa modalidade de:-Ciencias e Tecnoloxía -consulta outras opcións. Bioloxía e Matemáticas contan para tódolos graos. Física, Química e Mats aplicadas puntúan para moitos dos graos. Consulta a táboa de ponderacións para ver que outras materias e modalidades poderían ser boa opción e cales ponderan máis.

  • Enfermaría
  • Farmacia
  • Fisioterapia
  • Logopedia
  • Medicina
  • Nutrición humana e dietética
  • Odontoloxía
  • Óptica e optometría
  • Podoloxía
  • Psicoloxía
  • Terapia Ocupacional
  • Veterinaria
  • Arquitectura Técnica
  • Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Enxeñaría Aeroespacial
  • Enxeñaría Agraria
  • Enxeñaría agrícola e agroalimentaria
  • Enxeñaría biomédica
  • Enxeñaría Civil
  • E. da automoción con mención dual
  • E. de Enerxía
  • E Obras Públicas
  • E,. de procesos químicos industriais
  • E. de tecnoloxías da telecomunicación
  • E Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • E. eléctrica
  • E electrónica industrial e automática
  • E. en deseño industrial e desenvolvemento do produto
  • E. en organización industrial
  • E. en química industrial
  • E en tecnoloxías Industriais
  • E. Forestal
  • E. Forestal e do medio natural
  • E. Informática
  • e. Mecánica
  • E Naval e Oceánica
  • E. Química
  • Estudos de arquitectura
  • intelixencia Artificial
  • Máquinas Navais
  • Náuitica e transporte Marítimo
  • Paisaxe
  • Robótica
  • Tecnoloxías da E. Civil

Bacharelatos cos que se relaciona

Estes graos relaciónanse con materias dos Bacharelatos: - Ciencias e Tecnoloxía (a mellor opción) - Humanidades e Ciencias Sociais (so nalgún grao) -Xeral (dependendo das materias que escollas) -Artes (so nalgún grao) As materias de Debuxo Técnico, Tecnoloxía e enxeñaría, Física e Química, Matemáticas son unha base importante para estes Graos. Consulta a táboa de ponderacións para ver que outras materias ponderan e cales ponderan máis para cada grao.

OFERTA SUG (SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO)

PREME nos enlaces para coñecer a oferta de: -Graos -Graos Abertos -Programas de simultanedade (dobre titulación) -Graos Duais

Requisitos específicos para acceso a Graos no SUG

Requisitos de Idiomas: Coñecemento de Inglés

  • Relacións Internacionais.
Cunha media de 7 no Bacharelato xa non precisas realizar probas de acreditación de idiomas
  • Xestión Industrial de Moda.

Proba de acceso

  • Ciencias da actividade física e do deporte (pódese facer proba en 1º Bach, válida durante 2 cursos).Dende o curso 23-24 a proba realizada nunha universidade gaelga (p.ex: UDC) vale para o acceso a outra universidade galega (P.EX: UDV)

ACCESO A CICLOS MEDIOS

A NOVA FP: CAMBIOS MÁIS DESTACADOS

DUAL
Módulos
Outros
5 Grados

Toda a FP é dual, isto significa que dende o 1º curso inclúe formación no centro educativo e nun centro de traballo. Según o tipo de Dual, a presenza na empresa será maior ou menor. Cotizarase o tempo de formación en empresa. Haberá a posibilidade de formarse en máis dunha empresa.

Ademaís dos módulos profesionais de cada perfil profesional todos os ciclos terán: Módulos troncais 1. Itinerario persoal para a empregabilidade I e II. 2. Dixitalización aplicada ao sistema produtivo 3. Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 4. Inglés profesional 5. Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa 6. Módulo optativo: -Habilidades comunicativas en lingua estranxeira -Afondamento nas competencias profesionais (habilitacións profesionais, habilidads brandas, lingua estranxeira, formación propia complementaria) Desaparecen os módulos de: FOL, Empresa e iniciativa emprendedora, Proxecto integrado, FCT.

GRAO A: Acreditación parcial dunha competencia. GRAO B: Certificado da competencia. GRAO C: Certificado profesional. GRAO D: Ciclos Formativos: -Nivel 1: CFGB. Título técnico básico. - Nivel 2. CFGM. Título de Técnico - Nivel 3. CFGS. Título de técnico superior GRAO E: cursos de especialización ou mestrados de FP. -FPGM: Título de técnico especialista -FPGS: Máster de FP

Maior colaboración entre a Universidade e FP. Posibilidade de contar con ciclos con maior duración. Impulsaránse as dobres titulacións (xa existen)

Títulos e Accesos Directos

CICLOS GRAO BÁSICO

CICLOS GRAO SUPERIOR

CICLOS GRAO MEDIO

Técnico Superior

Técnico Medio

Técnico Básico

Curso de especialización

Curso de especialización

Especialista

Máster profesional

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican xa non tes opción no resto de réximes

NOVA LEI DE

FP Ordinaria

FP a Distancia o virtual

  • Matrícula de curso completo
  • Dous anos.

FP Presencial

FP Semi presencial

FP Presencial

FP Modular

Modalidades FP

  • Matrícula por módulos,
  • Máis de tres anos.

IES DE MUGARDOS

FP Acelerada

FP Dual Intensiva

FP Dual Xeral

FP Presencial

  • Matrícula por módulos para a cualificacion e emprego máis rápido en sectores clave con necesidade de traballadoras/es
  • 4-6 meses.
  • Duas matriculacións: setembro e xaneiro

Réximes FP

Oferta

Novidades

A partir do curso 24-25 TODA A FP É DUAL

FP Dual Curso Completo

DOUS TIPOS DE FP DUAL

INTENSIVA: - Entre o 35-50% das horas do ciclo realízanse en empresa (700-1000 horas).-Remuneración económica (700 euros aproximadamente) -Cotízase no período de formación en empresas -En principio para maiores de 18 anos. No caso de haber prazas dispoñibles podería acceder alumnado a partir de 16 anos. -As empresas realizan entrevista e seleccionan ao alumnado.

XERAL (ORDINARIO): -Entre o 25 e 35% das horas dos ciclos medios realízanse en empresa (500-700 horas)-Cotización no período de formación en empresas

Novidades

A partir do curso 24-25 TODA A FP é DUAL

Dual XERAL (ordinaria) Formación en empresa

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

CICLOS DE GRAO MEDIO

NOVA FP 700 horas: -1º curso: 200 -2º curso: + 500

NOVA FP 700 horas: -1º curso: 200 -2ºcurso: + 500

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

Folletos Ciclos 25-26

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

Oferta IES MUGARDOS 26-27

Ciclos de FP Dual Intensiva

  • CM Xardinaría e floraría (1º curso)
  • CM Aproveitamento e conservación do medio natural
  • Datas de cada procedemento: inscrición, publicación de solicitudes, adxudicacións, matrícula, matrícula continuada.
  • Inscrición : do .... de xuño ás 13:00 horas do .... de xullo.
  • Lembra que podes facer unha solicitude de praza por cada tipo de oferta. No caso de que te adxudiquen FP Dual Intensiva, finalízase a admisión no resto da oferta.

Calendarios

  • Datas entrevistas coas empresas (FP Dual Intensiva): do .... ao ... de xullo (consultar)

Inscrición

Video explicativo admisión
  • Aplicación CiclosAdmisión para solicitar praza
  • Instrucións Xerais para cada tipo de oferta
  • Currículo Europeo (so se pides FP Dual Intensiva)
  • Entrevistas da Dual intensiva coas empresas: entre o ...e o ....de xullo (consultar).
FP DUAL INTENSIVA: So podes escoller un ciclo. FP DUAL ordinaria XERAL: Podes escoller 4 ciclos: o mesmo ciclo en diferentes centro e/ou varios ciclos. Ordealos por preferencia.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:1. Utilizar o ASISTENTE INFORMÁTICO PARA XERAR A SOLICITUDE WEB. Unha vez cuberta a solicitude pode darse 3 casos: - Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, e dirixida ao centro escollido en primeiro lugar. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión. 2. CREAR ALARMAS COAS DATAS DO CALENDADIO DE ADMISIÓN e MATRÍCULA 3. CONSULTAR LISTAXES DE SOLICITUDES (provisional e definitiva) e AS DE ADXUDICACION nas datas sinaladas no calendario de admisión. 4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido MATRICULARSE OU RENUNCIAR (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Pasos da Admisión e Matrícula

  • Matrícula online ou no centro.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.

Matrícula

  • Matrícula no caso de ciclo liberado: en papel no centro. Importante a hora de chegada.
Podes renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia realízase polos seguintes medio: - través da aplicación informática -ou mediante impreso. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar.

Renuncia

  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online.

ALGUNHAS DÚBIDAS FRECUENTES

Que é o código persoal de consulta (CPC)?

Que tipos de centros hai?

Prazas liberadas

Cando un ciclo non ten lista de espera, a Consellería abre un prazo para matricularse directamente aínda que non se teña feito previamente a solicitude de admisión neste ciclo. As plazas adxudicanse por orde de chegada.

Nos listados non aparecerán os vosos nomes se non un código alfanumérico único e persoal. Consulta no enlace como obtelo.

Na solicitude figuran:-IES -CIFP centros integrados de FP. So imparten ensinanzs vinculadas con FP -CPR: Centro Privado Concertado (consulta se ten precios engadidos)

Notas de corte FP e +

E DESPOIS DO CICLO MEDIO, QUE?

TES MOITAS OPCIÓNS

Cursar un Ciclo Superior

Traballar

Accedes de forma directa. Tes prioridade se continúas na mesma familia profesional

Tes varias opcións:-opositar -montar unha empresa -ser contratado/a por outros/as

Cursar materias comúns do Bacharelato

Cursar un Curso de Especialización (Master de FP)

Se tes un título de FP podes cursar so as materias comúns do Bacharelato e obter o título de Bachiller. Podes intentalo por:-Proba Libre -Ensinanza semipresencial -Ensinanza presencial

Coa especialización nun Ciclo Medio, obtés o título de especialista.

IMPORTANCIA DOS IDIOMAS

B1 PARA SER TITULADO/A UNIVERSITARIO

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 40%)

NA FP ESTÁ PREVISTO INCREMENTAR A FORMACIÓN EN IDIOMAS

  • Xestión Industrial de Moda
  • Relacións Internacionais
  • Toda a FP inclúe un módulo de inglés profesional en todos os ciclos.

TODO PODE IR A MELLOR INCLUSO SEN TITULAR

PROBA LIBRE GRADUADO SECUNDARIA OBRIGATORIA

EDUCACIÓN DE ADULTOS

REPETIR 4º

FP BÁSICA

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Se tes agotadas as opcións de matrícula, temén podes presentarte ás materias suspensas das dúas convocatorias seguintes.

IES DE MUGARDOS

  • Para quen? Para as persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Excepcionalmente, para maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
  • Donde? Consulta o enlace

Educación de adultos

  • Como se organiza?
-3 ámbitos: *Comunicación (7 sesións/semana) *Social (4 sesión/semana) *Científico Tecnolóxico (8 sesións/semana) -Cada ámbito ten dous módulos en cada curso
  • Que modalidades hai?
-presencial -semipresencial: asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia 1 hora/semana. -a distancia: de forma telemática. IES San Clemente

FP BÁSICA

MÓDULOS: 1.Profesionais asociados á unidade de competencia. 2. Formativos: Comunicación e Sociedade (I e II) Ciencias Aplicadas (I e II). 3. Prácticas en empresa. 4. Tutoría.

Dirixido a alumnado SEN TITULO ESO. Idades mínima e máxima de acceso: 15 anos (mínima) e 20 (máxima). É preciso ter cursado como mínimo 2º ESO . Existe modalidade de adultos (iniciouse no curso 25-26)

Agroxardinería e floraría

Con proposta do equipo docente (so en 2º ESO + conformidade da familia.

PERMITE OBTER DOUS TÍTULOS: Graduado en Educación Secundaria+ Técnico Básico+ Certificado Básico de Prevención de Riscos

Permite o ACCESO DIRECTO A CICLOS DE GRAO MEDIO. Tes preferencia nos ciclos medios vinculados ao C.FB.

MÓDULOS PROFESIONAIS FP BÁSICAAgroxardinería e composicións florais

  • Preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos.
  • Produción e mantemento de plantas en viveiros.
  • Instalacións de xardíns, parques e zonas verdes.
  • Mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.
  • Actividades de rega, fertilización e tratamentos de cultivos.
  • Operacións auxiliares na elaboración de composicións florais e prantas.
  • Materiais de floraría.

PRAZOS DE ADMISIÓN

ADMISIÓN E MATRÍCULA

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

OFERTA

GUÍA FPB

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

Inscrición

A inscrición a realizará o centro

Recursos para orientarse

RECURSOS PARA ORIENTARSE

PÁXINAS OFICIAIS DE FP

Galicia

Ministerio

PÁXINA OFICIAIS UNIVERSIDADES GALEGAS

UVigo

UDC

CIUG

USC

UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS UNISCOPIO

UNIGOW

DICIONARIO DE PROFESIÓNS EDUCAWEB

GRADOMANÍA

BLOG

CANAL WHATSAPP

CANAL TELEGRAM

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • https://t.me/piensosientosoy (telegram)
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com

Xa estás chegando á meta

  • Mantén a ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexa as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
  • Podes, logo...a por todas!

75%

Feliz fin de etapa!