Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

COÑECES O NOME DOS ANIMAIS? 2

letrasgalegaseminari

Created on May 18, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Quiz

Smart Quiz

Practical Quiz

Akihabara Quiz

Pixel Challenge

Math Calculations

Piñata Challenge

Transcript

COÑECES O NOME DOS ANIMAIS?

CEIP PLURILINGÜE EMILIA PARDO BAZÁN CEIP RAMÓN DE LA SAGRA A CORUÑA A

COMEZAMOS?

Mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos, que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo.

Un

ESQUÍO

RAPOSO

RATO

Ave coa plumaxe maiormente negra, que vive normalmente agrupado en bandadas e é considerado de mal agoiro.

Dous

CORVO

LAVANDEIRA

POMBA

Ave mariña ou de auga doce, nadadora ou mergulladora, que se somerxe para conseguir o alimento. Presenta cores moi variadas.

Tres

CEGOÑA

PARRULO

PEGA

Insecto co abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade.

Catro

VAGALUME

PULGA

GRILO

Peixe duns corenta centímetros e cor variable. Vive nos ríos e regatos e é moi apreciado pola súa carne.

Cinco

XURELO

TROITA

XARDA

Macho da galiña, de plumaxe abundante de diversas cores, cabeza cunha crista vermella e cola longa.

Seis

GALO

FAISÁN

BILURICO

Mamífero macho ruminante,de corpo grande e forte, cabeza grosa con dous cornos, pel dura, pelo curto e rabo longo, que pode ser salvaxe ou doméstico.

Sete

BERTORELLA

TOURO

PAPUXA

Ave oriúnda de Asia, que se caracteriza por ter, o macho, unha plumaxe moi vistosa e porque pode abrir a cola en forma de abano.

Oito

GANSO

PAVÓN

PARDELA

Insecto saltador, duns tres centímetros de tamaño e de cor negra. O macho produce un son monótono ao fretar os élitros.

Nove

CHINCHA

GRILO

CASCUDA

10

Cría da cabra cando xa deixou de mamar.

Dez

CABALO

CABUXA

CORTA

11

Crustáceo mariño de catro a dez centímetros, co corpo comprimido lateralmente. Vive preto da costa en zonas rochosas e con moita vexetación.

Once

CAMARÓN

BOI DE MAR

NÉCORA

12

Ave de rapina diúrna de gran forza e tamaño, co peteiro curvo, garras fortes e vista moi aguda. Constrúe o seu niño en lugares escarpados das altas montañas.

Doce

RULA

AGUIA

PASPALLÁS

13

Mamífero parecido ao cabalo aínda que máis pequeno, pero coa cabeza máis grande e coas orellas máis longas.

Trece

ARMIÑO

FURÓN

ASNO

15

Pequeno mamífero carniceiro, de patas curtas, corpo alongado e pelame pardo no lombo e branco no peito e no ventre, que se alimenta de ratos, toupas etc.

Quince

LEIRÓN

TOUPA

DONICELA

16

Mamífero salvaxe moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, cos canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos.

Dezaseis

LEBRE

XABARIL

VACA

17

Molusco de cuncha dura, de pequeno tamaño, cor entre gris e branca rosada e carne comestible. Vive enterrado no lodo e na area dos fondos mariños.

Dezasete

AMEIXA

BERBERECHO

ZAMBURIÑA

18

Pequeno mamífero co lombo e os lados cubertos de espiñas, lento no andar, e que se alimenta de insectos.

Dezaoito

OURIZO CACHO

BOI

MINCHA

19

Paxaro de rabo moi longo que presenta cor branca no ventre, costados e extremos das ás e o resto do corpo negro.

Dezanove

TORCAZA

POMBA

PEGA RABILONGA

20

Insecto parasito do ser humano e doutros animais, co corpo trasnlúcido de ton amarelado, que se alimenta de sangue e vive nas zonas do corpo cubertas de pelo.

Vinte

EIRUGA

BOI

PIOLLO

21

Insecto herbívoro que está dotado dunhas patas posteriores moi longas, coas que dá grandes saltos.

Vinte e un

SALTÓN

FORMIGA

SANTIAGUIÑO

22

Ave con pernas, pescozo e bico longo e un penacho de plumas na cabeza. Vive preto dos ríos, lagos etc., onde se alimenta de peixes, anfibios e plantas acuáticas.

Vinte e dous

ANDURIÑA

CISNE

GARZA

23

Insecto semellante á abella pero máis grande, que fai moito ruído ao voar e vive no chan.

Vinte e tres

MOSCA

ABELLÓN

MOSCARDO

24

Mamífero propio dos mares fríos, semellante a un enorme peixe, coas extremidades anteriores en forma de aleta e a aleta caudal horizontal.

Vinte e catro

LIRIO

MELGACHO

BALEA

25

Molusco comestible, de cuncha tubular, alongada e algo curvada, que pola súa forma semella o obxecto do que leva o nome.

Vinte e cinco

OSTRA

NAVALLA

AMEIXA

XA CHEGAMOS AO FINAL!

PARABÉNS!

DÁMOSLLE OUTRA VOLTA?

PARABÉNS!

NON, NON VAI BEN!

Intentámolo de novo?