Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Diyarbakir 2026

Equipo 2026

Created on April 26, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Microsite

Essential Microsite

Akihabara Microsite

Essential CV

Akihabara Resume

Momentum: Manager Guide

Momentum: First Operational Steps

Transcript

Mobilidade combinada etwinning-erasmus+

Diyarbakir

Durante 6 meses, tres grupos de alumnado da EOI de Ourense estiveron traballando nun proxecto eTwinning baixo a supervisión das profesoras Patricia Conde (coordinadora), Vania Rodríguez e Nancy Casielles. O título do proxecto ´foi Roman Footprint Across Borders e a temática foi a investigación do legado romano en dúas provincias situadas a 4.000 km de distancia: Ourense e Diyarbakir (Turquía). Os socios do proxecto foron a propia EOI e dous centros educativos de persoas adultas de Diyarbakir: Kayapınar Halk Eğitimi Merkezi e Diyarbakir Olgunlasma Enstitusu .

Continúa

Continúa

O noso equipo

  • Sheila Iglesias
  • Marta Pérez
  • Franciso Sotelo
  • Javier Pato
  • María José Fernández
  • Miguel Ángel Rodríguez
  • Rosalía Pena
  • Aurora Salgado

Continúa

A viaxe

24/04/2026 Saída de Ourense ás 23.0025/04/2026 Madrid-Estambul-Diyarbakir 26-28/04/2026 Diyarbakir 29/04/2026 Mardin 30/04/2026 Diyarbakir 01/05/2026 Sanliurfa-Göbekli Tepe 02/05/2026 Diyarbakir 03/05/2026 Volta: Diyarbakir-Estambul-Madrid-Ourense

Continúa

Chegada a Diyarbakir

Tras unha longa viaxe de case 24 horas, por fin chegamos ao noso destino: a milenaria cidade de Diyarbakir

Continúa

Continúa

Día 1: coñemos aos nosos socios e a máxica cidade de Diyarbakir

10.00 - 12.30 Reunión de benvida e presentación do programa. 15.00 - 18.00 Visita guiada pola cidade para descubrir como chegar á escola e que medios de transporte usar. Coñecer as zonas verdes de Diyarbakir e como a cidade aborda a preservación do medio ambiente.

Continúa

Día 2: Coñecemos as escolas socias no proxecto

09.30 - 10.00 Diyarbakır Olgunlaşma Enstitüsü: coñecemos esta institución socia 10:00-12:30 Os nosos estudantes divídense e e grupos e asisten a diferentes leccións para aprender todas as etapas de como se talla e se lle dá forma a unha pedra semipreciosa e como se transforma en xoias e accesorios. 13:30-14:00 Reunión co profesorado do Centro de Educación Pública Kayapınar. 14.00-16.00 O alumnado divídese en grupos e asiste a clases nos campos das artes visuais, lingua estranxeira, indumentaria e música

Continúa

Día 3: Coñecemos a escola SUR e visitamos a Dirección de Educación Nacional de Diyarbakir

10:00-12:30 O alumnado da EOI de Ourense continúa a súa formación en Diyarbakır Olgunlaşma Enstitüsü 13:00-14:00 Visitamos o Centro de Educación Pública Sur. Os estudantes coñecen a outros estudantes adultos e intercambian experiencias sobre a aprendizaxe ao longo da vida en diferentes contextos: España e Turquía. 14:00-15:30 Visita á Dirección de Educación Nacional de Diyarbakır. Reunión con Şirine ERONAT, subdirectora de Educación Nacional de Diyarbakır, responsable da Educación de Persoas Adutas.

Continúa

Día 4: En busca do legado romano no sureste de Turquía

09:00 - 21::00Visitamos:

  • Mardin, (patrimonio medieval islámico e siríaco)
  • O Mosteiro de Deyrulzafaran (mosteiro siríaco-ortodoxo)
  • A antiga cidade de Dara (restos de murallas e fortificacións romanas, cisternas de auga avanzadas e sistema de enxeñaría),
  • O Castelo de Zerzevan (guarnición fronteiriza romana).
  • O Santuario de Mitra (un dos templos mitraicos mellor conservados de Oriente).

Continúa

Día 5: Traballando a artesanía tradicional de Diyarbakir

10.00-12.30 O alumnado da EOI aprende con estudantes turcos no Centro de Educación Pública Kayapınar como eleborar diferentes tipos de artesanía. 14.00-16.30 Visita ao casco antigo de Diyarbakir: -Visita ás murallas da cidade -Igrexa asiria da Virxe María -Mansión de Cemil Pasha -Pousada Deliller -Castelo interior -Mesquita de Süleyman -Museo de Arqueoloxía de Diyarbakir

Continúa

Día 6: Göbekli Tepe e Şanlıurfa

09.00 - 22.00Visitamos:

  • Göbekli Tepe (un dos templos máis antigos do mundo-período neolítico)
  • Balıklıgöl (vinculado ás tradicións do profeta Abraham, foi habitado durante a época romana como a antiga Edessa)
  • Şanlıurfa: foi un importante centro relixioso, comercial e cultural en Mesopotamia, clave para pobos como os arameos, os romanos e os otománs.

Continúa

Día 7: Reflexión final, avaliación e despedida

10.00-15.00Sesión colaborativa final entre estudantes e persoal dos tres centros educativos implicados neste proxecto eTwinning para compartir experiencias e presentar resultados. Avaliación do programa e reflexión sobre o Europass para revisar os resultados da aprendizaxe, as competencias adquiridas e o progreso persoal de cada estudante durante a mobilidade. Xantar de despedida e evento de intercambio cultural.

Continúa

Moitísimas grazas ao alumnado da EOI, aos nosos socios e aos programas Erasmus e eTwinning

eoi.ourense.erasmusplus@edu.xunta.gal

Volver