Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

EDIFICIOS E LUGARES DE COIRÓS

letrasgalegaseminari

Created on April 12, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Quiz

SWOT Challenge: Classify Key Factors

Geographical Challenge: Drag to the map

Decisions and Behaviors in the Workplace

Process Flow: Corporate Recruitment

Weekly Corporate Challenge

Wellbeing and Healthy Routines

Transcript

EDIFICIOS E LUGARES DE COIRÓS

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

FOTOS: MANOLO BOUZÓN

EEI DE COIRÓS (A CORUÑA)

Do 15 de abril ao 19 de xuño

COMEZAMOS!

RESULTADO DAS VOTACIÓNS

CASA GOLPE

58

IGREXA DE SANTIAGO DE OIS

57

PENA FURADA

52

MUÍÑO DO XICO

51

PONTE DOS CABALOS

51

IGREXA SANTA EULALIA

43

MUÍÑOS DE MENDE

32

MAQUÍAS DE CHELO

30

MERENDEIRO DE XORA

29

MUÍÑOS DE XORA

29

CONTINUAMOS?

Clica no nome e podes ver a foto que queiras

Casa Golpe

Muíño de Mende

Igrexa Santiago de Ois

Maquías de Chelo

Pena Furada

Merendeiro de Xora

Muíño do Xico

Muíños de Xora

Ponte dos Cabalos

Igrexa Santa Eulalia

Vemos todas as fotos?

Casa Golpe

Igrexa de Santiago de Ois

Pena Furada

Muíño do Xico

Ponte dos Cabalos

Igrexa de Santa Eulalia da Espenuca

Muíño de Mende

Maquía de Chelo

Merendeiro de Xora

Muíños de Xora

A HISTORIA DE CADA IMAXE

Clica sobre a foto e xa vas á información!

Fonte: "Descubre Coirós. Guía xeral" Manuel fiaño e Miguel Gayoso

Edificación tradicional, do século XVIII. Está catalogada como "Ben Protexido"Destaca principalmente polas súas dimensións, a cheminea e os seus muros de cantería ben traballada. A edificación albergou a primeira escola da parroquia, creada en 1918. Pertence á familia Golpe.

Casa Golpe

Voltamos?

Esta igrexa románica foi construída na segunda metade do século XII.Os muros son de granito, nunhas partes realizados con sillería perfectamente escuadrada e noutras con pezas graníticas irregulares. No interior o acceso ao presbiterio faise mediante un arco triunfal de medio punto.

Igrexa Santiago de Ois

Voltamos?

A oitocentos metros da igrexa de Santa Mariña de Lesa, nun outeiro do monte de Figueiras, atópase este santuario rupestre galaicoromano, no que destaca a presenza dun antropomorfo denominado “A Moura” que representa unha figura feminina que simboliza a fertilidade.

Pena Furada

Voltamos?

Este antigo muiño de maquía situado sobre o río Mendo foi reconstruído a finais dos anos setenta do século XX e reconvertido en vivendaunifamiliar, respectando a súa orixinaria construción. Atópase nun enclave privilexiado e nunha senda peonil que percorre o Mendo.

Muíño do Xico

Voltamos?

Situada sobre o río Mendo, que fai fronteira natural entre osconcellos de Oza Cesuras e Coirós, atópase a Ponte dos Cabalos.Foi construída no ano 1846 sendo Alcalde de Coirós José Vázquez.

Ponte dos Cabalos

Voltamos?

Santa Eulalia de Espenuca, é unha ermida románica. Carece de espadaña integrada e ten unha pequena nave e unábside rectangular. Entre os canzorros destaca un coa cabeza dun carneiro. O campanario desta igrexa atópase illado da mesma e situado no mirador.

Santa Eulalia da Espenuca

Voltamos?

A carón do río Mendo atopamos o lugar de O Mende.Antigamente neste sitio, aproveitando a forza da auga, funcionaban varios muiños de maquía, na actualidade están restaurados e reconvertidos en viviendas unifamiliares.

Muíño de Mende

Voltamos?

Os tamén coñecidos como “Muíños de Chelo” foron construídos a finais do século XIX por un industrial betanceiro. Posteriormente pasaron a mans dunha familia de Coirós que os mantivo funcionando como “muiños de maquía” até o seu peche definitivo a mediados do século XX.

Maquía de Chelo

Voltamos?

O Merendeiro de Xora, situado en la parroquia de Ois, conta con amplia zona verde, bancos e mesas a carón do río do dous nomes: Vexo ou Fervenzas, denominado así pola gran cantidade de cadoiros e ruxidoiras que ten no seu curso.

Merendeiro de Xora

Voltamos?

Os muíños de Xora forman un conxunto etnográfico cun total de sete muíños, catro deles ao principio do sendeiro que vai polo río dos dous nomes: Vexo ou Fervenzas, afluente do Mandeo.Este sendeiro, cunha lonxitude de tres quilómetros e medio, parte da Ponte Xora e é de baixa dificultade.

Muíños de Xora

Voltamos?

ESCOLA EDUCACIÓN INFANTIL DE COIRÓS (A CORUÑA)

Voltamos?