Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Anaegf

Created on April 2, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Which Country Quiz

Watercolors quiz

History quiz

House of Cards Quiz

Blackboard Quiz

Animated chalkboard quiz

Magnetic Board Quiz

Transcript

Begoña Caamaño Rascado

Letras Galegas 2026
Ana Elisa González

Este ano, adicamos o día das Letras Galegas á escritora Begoña Caamaño Rascado. Demostra o que sabes da súa vida e obra. Adiante!

  • 1000
  • 120
  • 20
  • 2500
01/15
Begoña Caamaño naceu no barrio chamado "O Calvario", de que cidade galega?
Filla de Carmen Rascado Rodríguez e Roberto Caamaño Cabanes, vivían na casa da avoa, pero sabes cantos irmáns eran?
02/15
Eran sete irmáns e ela a única muller
Era a segunda de 4 irmáns: Beatriz, Begoña, Roberto e Javier.
Era a menor de dúas irmás: Beatriz e Begoña
Fonte: Arquivo de Begoña Caamaño
03/15
A que escritor/a lembraba Begoña Caamaño ter a sorte de ler xa de pequena?
Pepe Carreira, creador dos Bolechas
Homero, autor da Antiga Grecia
Ledicia Costas, a creadora de "Escarlatina"

E por que leo? "Tiven a sorte de ler a Homero de bastante pequecha, nesa idade na que aínda buscas nos libros un referente co que te identificar e que che faga vivir a historia en primeira persoa. E na Odisea non o tiña. Claro, o normal é que fose Ulises ou Odiseo, pero xa daquela debía ter eu un mal costume que co tempo deveu en vicio, obsesión ou, cando menos, hábito moi pernicioso: necesitaba identificarme con raparigas. E, a poder ser, com raparigas um bocadinho rebeldes".

04/15
Que persoas foron determinantes na súa paixón pola lectura?
A veciña que vendía tebeos no quiosco do seu barrio.
Unha influencer que recomendaba novelas en tik tok.
O seu avó, que inventaba historias, e a súa nai, que cada noite sentaba aos pés da súa cama e lle lía contos e poesías.
Begoña Caamaño de nena. Fonte: Arquivo de Begoña Caamaño

Begoña Caamaño foi unha lectora moi precoz dos clásicos, tamén de "Los cinco", "Los tres mosqueteros", "Oliver Twist" ... De aí, a paixón que acompañará toda a súa vida e explicará a actividade da xornalista e da escritora, a lectura: “Escribo porque leo”.

05/15
Cando estudaba no Instituto Coia 2 de Vigo, hoxe chamado IES Alexandre Bóveda, a nosa autora participou seguramente nas súas primeiras mobilizacións. Que pedían as estudantes e os estudantes naquelas protestas?
Comedores escolares
Recreos máis longos
Libros gratis
Desconto no transporte público

No Instituto Coia 2 (agora Alexandre Bóveda), foi un dos centros máis activos nas mobilizacións que reclamaban descontos no transporte público. Begoña Caamaño cursaba 3º de BUP (1º do actual Bacharelato) cando os “Pases pro bus” deron nome a unha das protestas estudantís de maior repercusión na cidade. A reivindicación de dereitos e a mobilización por causas xustas acabará por conformar un dos trazos significativos da escritora que manterá durante toda a súa vida un constante debate sobre a xustiza, a ética, os dereitos, as opresións...

06/16
Begoña Caamaño empezou a decatarse xa no instituto de que persisten as desigualdades entre mulleres e homes. Como se chama o pensamento que defende o traballo a prol da igualdade entre ambos os sexos e que ela tanto defendeu?
Feminismo
Aperturismo
Activismo
07/15
A nosa autora estudou a carreira para ser mestra, pero ao rematala axiña empezou a traballar como...
Xornalista
Analista
Oficinista

Begoña Caamaño atoparía no xornalismo radiofónico o seu lugar. Despois de rematar estudos de Maxisterio preséntase a unhas probas en Radio Noroeste. Xa non deixará a radio. En novembro de 1986 incorpórase á redacción de Radio Popular e dous anos máis tarde á delegación da Radio Galega en Vigo. Traballa nos servizos informativos, cobre rodas de prensa, fai crónicas, entrevistas, fai seguimento das mobilizacións da frota pesqueira do Banco Canario-Sahariano, as grandes manifestacións do naval... A cidade de Vigo despregábase nun combativo movemento obreiro que a xornalista seguiría a pé de rúa.

08/15
"Andando a Terra" foi un dos programas que Begoña Caamaño dirixiu na Radio Galega. Sobre que ía?
Falaba de distintas culturas e países de todo o mundo.
Entrevistaba persoas expertas no coidado da horta.
Recomendaba libros.

A información ocupará toda a súa vida laboral, na radio mais tamén en xornais e publicacións. A relevancia dos datos, o coidado na precisión da expresión, a consciencia da responsabilidade social distinguen a súa voz. Begoña Caamaño sabía de política internacional, de laboral, tiña un amplo coñecemento de historia contemporánea, das mobilizacións sociais, das loitas obreiras, dos movementos de liberación, das dinámicas da economía mundial. Unha xornalista atenta ao mundo... e incesante viaxeira.

09/15
"Circe ou o pracer do azul" (2009) é a primeira novela de Begoña Caamaño. Sobre que trata?
Conta un anaco da Odisea, un relato grego moi antigo que ten a Ulises como protagonista, pero a ela o que lle interesa é a vida e os sentimentos de dúas mulleres, Circe e Penélope.
Conta a historia dunha pintora da antiga Grecia, Circe, que pintaba case todos os seus cadros en azuis.

“Entón, por que escribo? Porque sentín a necesidade de me ler a min mesma" "Circe ou o pracer co azul" explora nos ocos da mitoloxía. É unha novela da amizade, dos amores, tamén sobre o poder, os desexos e a esperanza, a posibilidade do cambio. A dimensión política está sempre na lectura da realidade de Begoña Caamaño, tanto no xornalismo como na ficción, as estratexias da acción política para mudar a vida das persoas, o mundo.

10/15
En que dúas illas viven as protagonistas de Circe ou o pracer do azul?
Circe vive na illa de Sálvora, na ría de Arousa, e Penélope nas illas Cíes, na ría de Vigo.
Penélope vivía en Ítaca e Circe en Eea.
En Ávalon e en Creta.
11/15
Como se comunicaban Circe e Penélope e que se contaban?
Enviábanse cartas que agochaban entre as falsas plumas de cores dun paxaro máxico ao que Circe lle ensinara a falar nas que confesaban partes da súa vida, as súas penas e alegrías e os seus sentimentos.
Escribíanse cartas que transportaba unha pomba mensaxeira da corte de Ítaca nas que comentaban as últimas novas chegadas dende o Olimpo, o mítico monte dos deuses gregos.
12/15
Morgana en Esmelle (2012) é a segunda e derradeira novela de Begoña Caamaño. En que lendas se inspira?
Inspírase na lenda da Santa Compaña, que polas noites vaga polas corredoiras de Galicia.
Non se inspira en lenda ningunha, está baseada na vida de Morgana Caamaño, unha devanceira da propia escritora, muller afouta con moitos coñecementos de herbas medicinais que viviu no Vigo do século XIX.
Inspírase nas lendas da Idade Media sobre o rei Artur, coñecidas como a materia de Bretaña ou o Ciclo Artúrico.
13/15
Á procura de quen vai Morgana a Esmelle nesta novela?
Vai a Esmelle para falar co mago Merlín, quen moitos anos atrás se fixera cargo da educación do seu medio irmán Artur, chamado a ser o rei de Britania.
Vai a Esmelle falar con Merlín, creador dunhas tendas moi grandes de bricolaxe e que antes daba clases de carpintaría no seu país, Britania.
Vai a Esmelle para axudar a súa amiga Xenebra a facer a mudanza á súa nova casa.
14/15
Un dos narradores da historia de Morgana en Esmelle é Felipe de Amancia. En realidade, este é un personaxe doutra célebre novela, cal?
Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, a quen Begoña Caamaño lle rende así homenaxe.
Galván en Saor, novela na que Darío Xohán Cabana trae á Galicia actual un sobriño do rei Artur que tamén se cruzará con Merlín.
Pericles e a balea, de Xohana Torres, un referente para Begoña Caamaño.

“A vida foi tan boa comigo” A publicación de Morgana en Esmelle en 2012 coincide co diagnóstico do cancro que acabará coa súa vida. No seu arquivo figura documentación para os proxectos literarios que preparaba, o relato a partir da figura da súa bisavoa e unha novela arredor da figura de Sherezade que con Circe e Morgana culminaría a triloxía sobre os mitos.

15/15
Cando Begoña Caamaño xa é consciente de que vai morrer, cóntalle, nunha fermosísima carta, á súa amiga a música Uxía Senlle que lle gustaría deixar este mundo escoitando unha canción. Sabes cal é?
“Teño saudade”, canción que interpretaba Andrés do Barro, pioneiro da música pop galega.
“O Alalá das Mariñas”, unha canción tradicional galega que Uxía incorporou ao seu repertorio.
“Adeus ríos, adeus fontes”, baseada nun poema de Rosalía de Castro.

O Alalá das Mariñas resoa no mediodía do 27 de outubro de 2014. Begoña Caamaño Rascado falece acababa de cumprir 50 anos.

PARABÉNS!
Feliz Día das Letras Galegas!