Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

EDIFICIOS E LUGARES EMILIA PARDO

letrasgalegaseminari

Created on March 31, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Create Your Story in Spanish

Microcourse: Key Skills for University

Microcourse: Learn Spanish

History Timeline

Education Timeline

Body Parts Game

Resource Bank

Transcript

EDIFICIOS CORUÑESES

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

FOTOS: MANOLO BOUZÓN

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

Do 8 de abril ao 19 de xuño

COMEZAMOS!

RESULTADO DAS VOTACIÓNS

A TORRE DE HÉRCULES

340

PASEO MARÍTIMO

270

PRAZA DE MARÍA PITA

252

CASTELO DE SAN ANTÓN

245

MONTE DE SAN PEDRO

235

GALERÍAS DA MARIÑA

139

AQUARIUM FINISTERRAE

135

MILLENIUM

131

DOMUS

120

ESTADIO ABANCA RIAZOR

110

CASA DAS CIENCIAS

107

CONTINUAMOS?

Clica no nome e podes ver a foto que queiras

Torre de Hércules

Aquarium Finisterrae

Paseo Marítimo

Millenium

Praza de María Pita

Domus

Castelo de San Antón

Estadio Abanca Riazor

Monte de San Pedro

Casa das Ciencias

Galerías da Mariña

Vemos todas as fotos?

Torre de Hércules

Paseo Marítimo

Praza de María Pita

Castelo de San Antón

Monte de San Pedro

Galerías da Mariña

Aquarium Finisterrae

Millenium

Domus

Estadio Abanca Riazor

Casa das Ciencias

A HISTORIA DE CADA IMAXE

Clica sobre a foto e xa vas á información!

A Torre de Hércules é un faro moi antigo. Mide cincuenta e cinco metros de altura. Foi construída polos romanos a finais do século I e principios do século II. Antes do século XX a Torre de Hércules era coñecida como Faro de Brigantia. É o único faro de orixe romana que segue a funcionar no mundo e o faro máis antigo de todos. Está declarado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Ocupa o terceiro lugar entre os faros máis altos de España, só superado polo de Chipiona, en Cádiz, con 72 metros e o de Maspalomas, en Gran Canaria, con 56 metros.

Voltamos?

O Paseo Marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa, con máis de quince quilómetros á beira do mar. Foi construído por tramos. O primeiro, polas praias de Orzán e Riazor, foi construído polo Concello da Coruña e o Ministerio de Fomento e inaugurouse en 1992 e o último, que une O Portiño con Bens, inaugurouse en 2011, dezanove anos despois. Este paseo ten moitos puntos de interese: as illas de San Pedro, o ascensor panorámico, o castelo de San Antón, o Millenium...

Voltamos?

A praza de María Pita foi proxectada polo arquitecto Juan de Ciórraga no ano 1877 e nela está a Casa do Concello, o Pazo de María Pita. Inicialmente a praza levou o nome de Xeneral Alesón, capitán xeneral de Galicia, que loitou na Guerra da Independencia contra os franceses. A praza ten forma de rectángulo. Mide máis de 10.000 metros cadrados, presidida pola estatua de María Pita, mirando para a Casa do Concello, e arrodeada por edificios porticados con galerías típicas da arquitectura galega.

Voltamos?

O castelo de San Antón foi construído no século XVI e xunto co castelo de Santa Cruz, en Oleiros, e o castelo de San Diego, en Oza, defendían a cidade da Coruña. Estaba situado nun illote e tiña unha capela dedicada a San Antón na que se confinaba aos mariñeiros que tiñan ergotismo, unha enfermidade coñecida como «lume de San Antón». Dende o ano 1968 o castelo alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

Voltamos?

O Parque Municipal do Monte de San Pedro ten unha extensión de case 80.000 metros cadrados. Inaugurouse no ano 1999. Anteriormente fora un espazo militar con baterías que protexían a entrada da ría e que aínda se conservan. No parque podemos atopar un labirinto inglés confeccionado con plantas italianas, un estanque con parrulos, unha sala con pezas militares, zonas de xogos infantís, un ascensor panorámico esférico acristalado, un miradoiro acabado en cúpula semiesférica...

Voltamos?

As galerías da avenida da Mariña son balcóns pechados de carpintería de madeira e cunha gran superficie de vidro que funcionan como miradoiros. As galerías son as fachadas posteriores das casas e permiten a entrada da luz do sol nas vivendas evitando a entrada da choiva. Os soportais utilizábanse para gardar as lanchas, reparar as redes, vender o peixe... xa que o mar chegaba ata alí mesmo. As primeiras galerías foron deseñadas polo mestre de obras Gabriel Vitini Alonso, que tamén foi o autor do deseño do Obelisco.

Voltamos?

O Aquarium Finisterrae, tamén coñecido popularmente como A Casa dos Peixes, é un centro dedicado á divulgación de todo o que teña que ver co mar. Foi inaugurado no ano 1999 e dende aquela leva recibidos máis de seis millóns de visitantes. As súas piscinas exteriores están conectadas co océano Atlántico e teñen un sistema que as fai sensibles ás mareas e nelas están os once exemplares de foca común: Fermín, Hansi, Deneb, Lara, Sabela, Paula, Lucía, Altair, Vega, Antía e Petra.

Voltamos?

O Millenium é un monumento situado no Paseo Marítimo da Coruña que ten forma de obelisco. Foi inaugurado no ano 2000. A súa altura é de 46 metros. O monumento está feito en aceiro e ten un peso de dúas toneladas. Un total de 145 cristais de rocha deseñados por Gerardo Porto forman a súa decoración. Nos primeiros trece metros estes cristais están tallados coa historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña. Á noite ilumínase con 142 focos repartidos en doce tramos.

Voltamos?

A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo sobre o ser humano inaugurado en abril de 1995. Ten mil cincocentos metros cadrados de exposicións e unha sala de proxeccións de cine. As exposicións ofrecen douscentos módulos interactivos e con diferentes áreas temáticas: Eu, Nós, Paisaxes, Bioquímica e Xenética... En 2015 inaugurouse a Sala Maker, dedicada á robótica. Como homenaxe á expedición que levou a vacina da variola a América colocouse un monumento na balconada do museo.

Voltamos?

O Estadio Abanca Riazor deseñouno o arquitecto Santiago Rey Pedreira e foi inaugurado no ano 1944 cun partido de fútbol entre o Deportivo e o Valencia. Ten capacidade para 32.490 espectadores e espectadoras sentados e é o estadio de maior capacidade de Galicia. Está destinado á práctica do fútbol, tanto masculino como feminino. O seu terreo de xogo mide 105x68 metros. Antes era coñecido como Estadio Municipal de Riazor e dende o ano 2017 denomínase Estadio Abanca Riazor.

Voltamos?

A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. É un edificio de planta octogonal que se comezou a construír en 1950 para funcionar como emisora de radio, pero non se chegou a rematar. O proxecto foi rematado en 1985 polo arquitecto Felipe Pena e inaugurado en xuño dese mesmo ano polos Reis de España. Foi o primeiro museo interactivo público do país, con catro salas dedicadas a exposicións interactivas máis un planetario.

Voltamos?

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN A CORUÑA

Voltamos?