Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ROSCO MEDIANOS - Begoña Caamaño

ALBERTO BLANCO PENEL

Created on March 26, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Business Proposal

Project Roadmap Timeline

Step-by-Step Timeline: How to Develop an Idea

Artificial Intelligence History Timeline

Corporate Fluid Presentation

Corporate Culture Presentation

Executive Presentation

Transcript

Begoña Caamaño

Canto sabes de...?

Comezar

Día das Letras Galegas

Este ano 2026, as Letras Galegas dedícanselle a ela, a Begoña Caamaño, Begoña naceu nun barrio de Vigo, no Calvario. No seu barrio as persoas coñecíanse, saudábanse pola rúa e falaban entre veciñas.Cando Begoña era pequena era moi curiosa. Gustáballe facer moitas preguntas e mirar o mundo con atención. Na súa casa había algo moi especial: os libros. A súa nai ensinoulle a querer moito a lectura.

Día dasLETRAS GALEGAS

17

de Maio

Begoña lía moitas historias. Pero un día decatouse de algo importante: en moitos contos as mulleres case non falaban. Entón pensou: as mulleres tamén teñen cousas importantes que dicir.Cando Begoña medrou, atopou un lugar perfecto para a súa voz: a radio. Alí falaba para moitas persoas. Begoña quería usar as palabras para axudar, contar a verdade e facer o mundo un pouco máis xusto. Tamén lle gustaba moito falar e escribir en galego porque era a lingua da súa terra.

A Begoña importábanlle moito as persoas, as amizades, o seu barrio e a xente que precisaba axuda. Por iso moitas persoas a lembran hoxe. Porque ás veces unha soa voz pode axudar a moitas persoas. E as palabras poden facer do mundo un lugar mellor.

Xogamos?

Xa coñeces un pouquiño mellor a Begoña Caamaño e a súa traxectoria. Comprobamos o aprendido? Intenta responder as preguntas deste xogo de letras tan especial dedicado a ela. Cantas respostas acertarás?

Comeza por A

Muller que escribe obras literarias, como as novelas que publicou Begoña Caamaño

ACTRIZ

AUTORA

Comeza por B

Nome da escritora e xornalista homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026

BEGOÑA

BIBIANA

Comeza por C

Personaxe mitolóxica protagonista da novela Circe ou o pracer do azul

CORNELIA

CIRCE

Comeza por D

Principios que Begoña Caamaño defendou no seu activismo social e feminista

DISTRITOS

DEREITOS

Comeza por E

Profesión literaria de Begoña Caamaño

EDITORIAL GALAXIA

ECONOMISTA

ESCRITORA

Comeza por F

Movemento social que busca a igualdade entre homes e mulleres e que marcou a vida e traxectoria de Caamaño

FEMINISMO

FELICIDADE

Comeza por G

Lingua na que escribiu as súas novelas

GALÉS

GALEGO

Comeza por H

Autor da Odisea, novela da que Begoña fai unha reinterpretación das súas personaxes femininas

HOMERO

HÉCTOR

Comeza por I

Valor fundacmental defendido no seu activismo feminista

IGUALDADE

IMAXINACIÓN

Comeza por L

Profesión que exerceu na radio

LOCUTORA

LUTIER

Comeza por M

Nome da protagonista da novela Morgana en Esmelle

MORGANA

MIRANDA

Comeza por N

Begoña Caamaño contribuíu á _____________ da lingua galega co seu traballo

NORMALIZACIÓN

NOVIDADE

Contén o Ñ

Apelido da homenaxeada nas Letras Galegas de 2026

PATIÑO

CAAMAÑO

Comeza por O

Obra clásica da literatura, escrita por Homero, que inspira a obra Circe e o pracer do azul

ODISEA

ORFEÓN

Comeza por P

Catástrofe ambiental protagonizada por un barco que verteu toneladas de chapapote nas costas galegas e que Begoña locutou

PRESTIGE

PATRICIO

Comeza por Q

Apelido da escritora galega que foi mestra de francés e logo amiga de Begoña

QUEIZÁN

QUEVEDO

Comeza por R

Medio de comunicación no que Caamaño desenvolveu gran parte da súa carreira

RADIO

ROTATIVA

Comeza por S

Capital de Galicia, onde desenvolveu parte da súa carreira profesional

SANTIAGO DE COMPOSTELA

SARRIA

Comeza por T

Elemento que Caamaño revisa e cuestiona nas súas novelas

TRADICIÓN

TERRA

Comeza por U

Nome da cantante galega amiga de Caamaño

UXÍA

U2

Comeza por V

Cidade da provincia de Pontevedra na que naceu Begoña Caamaño

VIMIANZO

VIGO

Comeza por X

Profesión que exerceu Begoña Caamaño durante gran parte da súa vida

XADRECISTA

XORNALISMO

Contén a Z

Begoña Caamaño foi a ___ daquelas que non a tiñan

ZAPATO

VOZ

Ben xogado!

Comezar de novo