Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ROSCO ADULTOS - Begoña Caamaño

ALBERTO BLANCO PENEL

Created on March 26, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Microlearning: Teaching Innovation with AI

Microlearning: Design Learning Modules

Video: Responsible Use of Social Media and Internet

Mothers Days Card

Momentum: First Operational Steps

Momentum: Employee Introduction Presentation

Mind Map: The 4 Pillars of Success

Transcript

Begoña Caamaño

Canto sabes de...?

Actualización 1406/22

Comezar

Día das Letras Galegas

Hai persoas que pasan polo mundo deixando pegada. Outras deixan algo máis difícil de explicar: deixan unha voz. A voz de Begoña Caamaño foi unha desas voces quen non falaban só por si mesmas, senón tamén por quen non tiña oportunidade de facelo. É por iso polo que o Día das Letras Galegas deste ano 2026 se lle dedica a ela.A súa historia comeza no barrio do Calvario de Vigo, un deses lugares nos que todo o mundo o se coñece, nos que as veciñas se saúdan polo nome e onde a vida se constrúe entre portais, rúas e pequenas historias compartidas. O barrio é ese primeiro mundo no que unha aprende quen é, e tamén o lugar que queda sempre dentro de nós. Alí medrou Begoña, aprendendo a observar, a escoitar e a entender as persoas que a rodeaban.

Día dasLETRAS GALEGAS

17

de Maio

De pequena xa amosaba unha personalidade difícil de esquecer: era rebelde, intrépida e moi imaxinativa. A curiosidade empuxábaa a facer preguntas e a mirar o mundo con ollos propios. Era, ademais, a irmá mediana, ese lugar no medio que ás veces obriga a aprender a facerse escoitar. Quizais por iso comezou tan cedo a buscar a súa propia voz.Na casa tamén había outra porta aberta ao mundo: a lectura. Foi a súa nai quen lle transmitiu o amor polos libros. Con só 11 anos, Begoña leu A Ilíada e A Odisea de Homero. Aqueles relatos fascinárona, pero tamén lle fixeron descubrir algo: nas grandes historias da humanidade, as mulleres case nunca tiñan voz.

Aquela idea quedou dentro dela como unha semente. Durante a adolescencia, cando chegou ao instituto, comezou a entender que moitas das cousas que se daban por normais precisaban ser cuestionadas. Naceu entón unha conciencia clara: o feminismo e o antimilitarismo convertéronse en parte da súa maneira de mirar o mundo. Co paso do tempo chegou á radio. E alí, precisamente alí, a súa voz atopou o lugar perfecto. Unha voz honesta, rigorosa, que falaba con claridade e responsabilidade. Para Begoña Caamaño, o xornalismo non era só unha profesión: era unha ferramenta para combater as inxustizas e para dar luz a aquelo que moitas veces quedaba nas sombras.

Nunca deixou de aprender. Cría profundamente na forza da palabra, na súa capacidade para explicar o mundo e tamén para transformalo. Preocupábaa o uso do idioma e defendeu sempre a importancia de falar e escribir en galego, contribuíndo á normalización da nosa lingua con compromiso.Begoña non era unha persoa que mirase para outro lado. Tiña unha forte conciencia social e unha enorme capacidade para implicarse. Participaba nas causas sociais, políticas e culturais que consideraba necesarias para mellorar a vida das persoas.

Quen a coñeceu fala tamén do valor que lle daba á amizade, á complicidade, aos fíos invisibles que unen a vida das persoas. Porque ao final, a voz de Begoña Caamaño non era só unha voz que se escoitaba na radio ou nas súas palabras escritas, era unha voz que nacía da vontade de compartir e de facer un mundo un pouco máis xusto. Quizais por iso a súa voz segue aquí, lembrándonos algo importante: que as palabras poden cambiar as cousas e que, ás veces, unha soa voz pode abrir camiño para moitas máis

Xogamos?

Xa coñeces un pouquiño mellor a historia de Begoña Caamaño. Comprobamos o aprendido? Intenta responder as preguntas deste xogo de letras tan especial dedicado a ela e á súa traxectoria. Cantas respostas acertarás?

Agrupa audioOFF para deshabilitar sonidos. Si escribes un número separado por una coma, podrás ofrecer un número de errores permitidos para darlo por correcto y obtener feedback de éxito.

  1. A
    1. Participación activa en movementos sociais e políticos, algo que caracterizou a Begoña Caamaño
    2. Activismo, Activación
  2. B
    1. Nome da escritora e xornalista homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026
    2. Begoña, Bibiana
  3. C
    1. Actitude de implicación social que marcou a traxectoria de Begoña Caamaño
    2. Compromiso,Confianza
  1. D
    1. Principios que Begoña Caamaño defendeu no seu activismo social e feminista
    2. Dereitos, Distritos
  1. E
    1. Profesión literaria de Begoña Caamaño
    2. Escritora,Economista
  1. F
    1. Movemento social que busca a igualdade entre homes e mulleres e que marcou a vida e traxectoria de Begoña Caamaño
    2. Feminismo,Feminidade
  1. G
    1. Lingua na que escribiu as súas novelas
    2. Galego, Galés
  1. H
    1. Autor da Odisea, novela da que Begoña fai unha reinterpretación das súas personaxes femininas
    2. Homero, Hércules
  1. I
    1. Valor fundamental defendido no seu activismo feminista
    2. Igualdade, Imaxinación
  1. L
    1. Profesión que exerceu na radio
    2. Locutora, Lingüista
  1. M
    1. Fonte de inspiración para as súas novelas
    2. Mitoloxía, Medo
  1. N
    1. Begoña Caamaño contribuíu á _________ da lingua galega co seu traballo
    2. Normalización, Novidade
  1. Ñ
    1. Contén a Ñ. Apelido da homenaxeada nas Letras Galegas do 2026
    2. Caamaño, Piñeiro
  1. O
    1. Obra clásica da literatura que inspira parte da reinterpretación mitolóxica en Circe ou o pracer do azul
    2. Odisea, Outlander
  1. P
    1. Personaxe mitilóxica feminina da Odisea á que Begoña lle dá protagonismo
    2. Penélope, Pilar
  1. Q
    1. Apelido da escritora galega que foi mestra de francés e logo amiga de Begoña
    2. Queizán, Quesada
  1. R
    1. Medio de comunicación no que Caamaño desenvolveu gran parte da súa carreira
    2. Radio, Rotativa
  1. S
    1. Cidade onde desenvolveu parte da súa carreira profesional
    2. Santiago de Compostela, Salamanca
  1. T
    1. Elemento que Caamaño revisa e cuestiona nas súas novelas
    2. Tradición, Topografía
  1. U
    1. Nome da cantante galega amiga de Begoña e autora do libro-disco Rosalía pequeniña
    2. Uxía, Úrsula
  1. V
    1. Cidade na que naceu Begoña Caamaño
    2. Vigo, Vimianzo
  1. X
    1. Profesión que exerceu Begoña Caamaño durante gran parte da súa vida
    2. Xornalismo, Xuíza
  1. Z
    1. Contén a Z. Begoña Caamaño foi a ___ daquelas que non a tiñan
    2. Voz, Coz

$TXT QUIZ$ Este texto se reemplazará por la pregunta que haremos en cada letra

$OPT2

$OPT1

audioON

Ver respostas

Folla de respostas do A o Z

A – Participación activa en movementos sociais e políticos, algo que caracterizou a Begoña Caamaño. ACTIVISMOB – Nome da escritora e xornalista homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. BEGOÑA C - Actitude de implicación social que marcou a traxectoria de Begoña Caamaño. COMPROMISO D - Principios que Begoña Caamaño defendeu no seu activismo social e feminista. DEREITOS E - Profesión literaria de Begoña Caamaño. ESCRITORA F - Movemento social que busca a igualdade entre homes e mulleres e que marcou a vida e traxectoria de Begoña Caamaño. FEMINISMO G - Lingua na que escribiu as súas novelas Begoña Caamaño. GALEGO H - Autor da Odisea, novela da que Begoña fai unha reinterpretación das súas personaxes femininas. HOMERO I - Valor fundamental defendido no seu activismo feminista. IGUALDADE L - Profesión que exerceu na radio. LOCUTORA M - Fonte de inspiración para as súas novelas. MITOLOXÍA N - Begoña Caamaño contribuíu á _________ da lingua galega co seu traballo. NORMALIZACIÓN

Ñ - Apelido da homenaxeada nas Letras Galegas do 2026. CAAMAÑO O - Obra clásica da literatura que inspira parte da reinterpretación mitolóxica en Circe ou o pracer do azul. ODISEA P - Personaxe mitilóxica feminina da Odisea á que Begoña lle dá protagonismo. PENÉLOPE Q - Apelido da escritora galega que foi mestra de francés e logo amiga de Begoña. QUEIZÁN R - Medio de comunicación no que Caamaño desenvouveu gran parte da súa carreira. RADIO S - Cidade onde desenvolveu parte da súa carreira profesional. SANTIAGO DE COMPOSTELA T - Elemento que Caamaño revisa e cuestiona nas súas novelas. TRADICIÓN U - Nome da cantante galega amiga de Begoña e autora do libro-disco Rosalía pequeniña. UXÍA V - Cidade na que naceu Begoña Caamaño VIGO X - Profesión que exerceu Begoña Caamaño durante gran parte da súa vida. XORNALISMO Z - Begoña Caamaño foi a ___ daquelas que non a tiñan. VOZ

Rematar

Ben xogado!

Comezar de novo