Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

REVISTA ESCOLAR CHORIMA Nº 25

ALMUDENA CABANELAS RIVEIRO

Created on March 22, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Startup Presentation

Black and White Presentation

Marketing Presentation

Dynamic Visual Presentation

Corporate Christmas Presentation

Customer Service Manual

Business Results Presentation

Transcript

REVISTA ESCOLAR CHORIMA Nº 25

CEIP PLURILINGÜE XOÁN DE REQUEIXO

Comezar

Coa colaboración especial de Lolo Xermolo

INTRODUCIÓN

Había unha vez unha pequena semente que vivía enterrada na terra dun campo moi fértil. Un día preguntouse: —Que haberá máis alá desta terra? Entón chegou a choiva, o sol quentou a terra e… a pequena semente comezou a medrar. Mentres saía da terra descubriu que o campo estaba cheo de vida. Así comezou unha gran aventura polo mundo da agricultura.

ÍNDICE

02

PRODUTOS DO CAMPO

- O MILLO (1º E.P.) - OS PRODUTOS DA HORTA (2ºE.P.) -A PATACA (3º E.P.) - GRELOS,NABOS E NABIZAS (4ºE.P.) - AS CABAZAS (5º E.P.) - AS CASTAÑAS (6º E.P.)

OS ANIMAIS DO CAMPO

01

- O BURRO (4ºEd. Infantil) - A OVELLA (5º Ed. Infantil) - A VACA (6º Ed. Infantil)

AS HORTAS DO COLE

- A BIBLIOTECA - CREANDO EN POLOS - CORPO EN FORMA (E.F.) - MENTE SÁ (D.O.) - CONVERSAMOS E FESTEXAMOS - O GALEGO PRESENTE (EDLG) - FALAMOS INGLÉS -SOMOS ARTISTAS (ART) - COÑECEMOS OS TESOUROS DA NOSA CONTORNA (RELIXIÓN)

06

O TRABALLO DOS/AS AGRICULTORES/AS

03

- O horto escolar -Fabricamos tractores

04

DO CAMPO Á MESA

- Alimentación saudable (E.F.)

XOGOS E PASATEMPOS

07

05

AGRICULTORES/AS VIAXEIROS/AS

DESPEDIDAS

08

- Saídas

01

OS ANIMAIS DO CAMPO

A pequena semente viu algo moverse preto da granxa. Era un burro moi tranquilo que estaba comendo herba. —Ola! —dixo o burro—. Eu vivo aquí na granxa e axudo ás persoas a traballar no campo. Deste xeito coñeceu: - O BURRO - A OVELLA - A VACA A pequena semente decatouse de que os animais tamén son moi importantes para a agricultura.

- O BURRO (4º Ed. Infantil)

- O BURRO (4º Ed. Infantil)

- A OVELLA (5º Ed. Infantil)

- A OVELLA (5º Ed. Infantil)

+info

- A OVELLA (5º Ed. Infantil)

Contos de ovellas:

- A VACA (6º Ed. Infantil)

- A VACA (6º Ed. Infantil)

Experimentamos...

- A VACA (6º Ed. Infantil)

Pintamos as nosas vacas, eliximoslle nome, ordeñámolas e ata fixemos catas de leites varios...

- A VACA (6º Ed. Infantil)

Cow Parade

Somos uns artistas. Traballamos movementos artísticos, decoramos portas e ata facemos manualidades!

Pulsa enriba dos produtos da horta para ver todo o que aprendemos deles!

02

PRODUTOS DO CAMPO

Cando a semente seguiu a súa viaxe polo campo, viu moitas plantas diferentes.Queredes saber cales?

-A CABAZA(5ºEducación Primaria)
- O MILLO(1ºEducación Primaria)
-A PATACA (3ºEducación Primaria)
-GRELOS, NABOS E NABIZAS (4ºEducación Primaria)
- PRODUTOS DA HORTA(2ºEducación Primaria)
-A CASTAÑA(6ºEducación Primaria)

- O MILLO (1º EP)

- O MILLO (1º EP)

- PRODUTOS DA HORTA (2ºEP)

Pulsa enriba dos produtos da horta para ver todo o que aprendemos deles!

- PRODUTOS DA HORTA (2ºEP)

- PRODUTOS DA HORTA (2ºEP)

E os sementeiros logo deron os seus froitos!

- A PATACA (3ºEP)

Pulsa enriba da información para vela en grande!

- A PATACA (3ºEP)

Pulsa enriba da información para vela en grande!

- A PATACA (3ºEP)

- GRELOS , NABOS E NABIZAS (4º EP)

- GRELOS , NABOS E NABIZAS (4º EP)

- GRELOS , NABOS E NABIZAS (4º EP)

Pulsa enriba da información para vela en grande!
Pulsa enriba da información para vela en grande!

- A CABAZA (5ºEP)

- A CABAZA (5ºEP)

Pulsa enriba da información para vela en grande!

- A CABAZA (5ºEP)

Pulsa enriba da información para vela en grande!
Pulsa enriba de cada foto para vela en grande!

- A CASTAÑA (6ºEP)

Pulsa enriba de cada foto para vela en grande!

- A CASTAÑA (6ºEP)

03

O TRABALLO DOS/AS AGRICULTORES/AS

A semente logo de descubrir tantos tesouros que nos dá a terra, deuse conta que non existirían sen o esforzo dos agricultores e a maquinaria actual, así que aprendeu cos nenos/as como converterse nun verdadeiro agricultor e como construir un tractor para poder facer máis levadeiro o seu traballo.

- O horto escolar

- Fabricamos tractores

O horto escolar:

Coa chegada do bo tempo os nenos e nenas de 4 anos puxémonos a traballar no horto do cole:
Cun pouco de axuda,preparamos a terra dos bancais para poder prantar neles.

Decidimos que productos queríamos prantar: millo (para flocos), xirasois,leitugas e un montón de prantas medicinais (menta,herba luisa,tomillo,romeu...)

Pouco a pouco cada un dos nenos e nenas ían facendo un buraquiño e ían prantando cada unha das cousas. Deste xeito no primeiro bancal prantamos o millo,no segundo os xirasois,no terceiro as leitugas e no cuarto e último bancal as prantas medicinais.

Regamos todo moi ben. Esta última misión é moi importante,sobre todo agora que vai moita calor, Por iso cada día da semana turnámonos as aulas de 4 anos para regar todo moi ben.
Agora xa só nos queda agardar para gozar da nosa colleita!

Fabricamos tractores:

Os/as nenos/as de 4º de Educación Primaria, vannos ensinar a montar un tractor con material de refugallo. Anímaste a probar ti? Toma nota:

O primeiro que tes que facer é converter unhas simples caixas de cartón na base do teu tractor. Para iso, colle as tesoiras e… ¡mans á obra! Corta unha abertura no centro para poder meterte dentro comodamente e conducir o teu “super tractor” sen perder nin unha roda polo camiño 😄🚜

Chega o momento de darlle vida ao noso tractor. Saca as pinturas acrílicas e ponte a traballar como un auténtico mecánico e pintor profesional. Pinta o teu John Deere dunha fermosa cor verde e o asento de negro, para que quede ben elegante e preparado para desfilar polos campos!😄🚜🎨

Fabricamos tractores:

Agora toca crear unhas rodas ben molonas para que o noso tractor poida “arrincar motores". Para as rodas traseiras usa pratos grandes, que quedan xenial, e para as dianteiras aproveita anacos das caixas que recortaches antes, facendo unhas máis pequenas e igual de chulas. E non poden faltar os detalles,ponlle llantas de cartulina amarela que quedan de película! 😄🚜🛞

Chega un dos pasos máis importantes de todos… porque, sinceramente, ¿como iamos conducir un tractor sen volante? 😄 Así que ponte mans á obra e crea o teu propio volante pintando pratos de cores. Despois pégaos a un tubo de papel hixiénico para facer a barra do volante. E listo! Xa estabamos preparados para conducir os nosos tractores como auténticos granxeiros e granxeiras!

O noso tractor xa empeza a coller forma, pero aínda lle faltaban os detalles máis divertidos. Así que crea as chemineas usando tubos de papel da cociña pintados de negro, que quedan súper auténticos. Ademais, terás que facer un farol moi orixinal cun pincho mouro e tapóns de suavizante. Con tantos detalles, o teu tractor xa está listos para iluminar todo ao seu paso.😄🚜💡

Fabricamos tractores:

E por último… toca poñer ben bonito o noso tractor! 🚜✨ Engade unhas tiras de cartulina amarela imitando o deseño dos auténticos John Deere, coloca unha pegatina coa velocidade máxima permitida, o logo do tractor, os freos,os focos con botellas, e, por suposto, a parte máis especial: a nosa matrícula personalizada co teu nome.

Se seguiches todos os pasos, quedarache un tractor ben vistoso como os que nos ensinaron os nenos e nenas de 4ºEP no desfile de Entroido. Grazas rapaces/as, por ensinarnos a facer estas manualidades tan chulas!!.

04

Do campo á mesa

Xermolo non saía do seu asombro, os produtos estaban riquísimos, o traballo do campo encantáballe e agora acababa de enterarse que ademais todos eses alimentos eran importantísimos e moi sans e, ao igual que el, as persoas precisaban nutrientes para vivir.

05

AGRICULTORES/AS VIAXEIROS

Ao igual que a nosa semente, os nenos e nenas do noso cole tamén somos uns viaxeiros. Este curso participamos en varias saídas das que desfrutamos e aprendemos. Botade un ollo ás fotos!

Pulsa enriba da imaxe para ver as fotos correspondentes!

Educación Infantil

Educación Primaria

Saídas Educación Infantil:

Visita dos alumnos/as de quinto de Infantil a Mariñeiras Daveiga (Chantada).

Saídas Educación Infantil:

Saída de Educación Infantil a Fervenza Aventura.

Saídas Educación Primaria:

Andaina "Camiño de Inverno" (1º e 2º Ed. Primaria)

Saídas Educación Primaria:

Saída a Acougo (Villamarín) 1ºEd. Primaria
Saída a Marcelle (Lugo) 2ºEd. Primaria

Saídas Educación Primaria:

Saída a Base Aérea de Doade e Base de Helicópteros de Marroxo. (3º Ed. Primaria)
Xornada de convivencia no "Somos Música" en Ourense. (4º Ed. Primaria)

Saídas Educación Primaria:

Excursión a Lucus Aventur e Avifauna. (3º e 4º de Ed. Primaria)

Saídas Educación Primaria:

Visita a Bande para representación teatral no festival de teatro (5º Ed. Primaria)
Saída á Coruña (5º Ed. Primaria)
Visita a Apípolis (5º Ed. Primaria)

Saídas Educación Primaria:

Excursión fin de etapa a Madrid (6ºEd. Primaria)
Excursión fin de etapa a Madrid (6ºEd. Primaria)

AS HORTAS DO NOSO COLE

06

O noso cole tamén está ateigado de hortas, nelas non en todas se cultivan produtos, pero si cultivamos aprendizaxes, momentos, vivencias... en fin, todo aquilo que precisamos para seguir medrando, como o está a facer o noso Xermolo.

- O GALEGO PRESENTE (EDLG) - FALAMOS INGLÉS -SOMOS ARTISTAS - COÑECEMOS OS TESOUROS DA NOSA CONTORNA (RELIXIÓN)

- A BIBLIOTECA - CREANDO EN POLOS (POLOS CREATIVOS) - CORPO EN FORMA (E.F.) -MENTE SÁ (D.O.)

- A BIBLIOTECA - CREANDO EN POLOS (POLOS CREATIVOS) - CORPO EN FORMA (E.F.) -MENTE SÁ (D.O.)

A BIBLIOTECA:

Que sería de nós sen as Bibliotecas, uns lugares que ademais de acoller os mellores libros, recollen moitas outras cousas. Nelas podemos atopar todo canto a nosa curiosidade poida precisar: historias, contos, visitas, valores e moito máis. Pasade e vede por que son tan importantes para nós! Son unha caixa de sorpresas!

A BIBLIOTECA:

A BIBLIOTECA:

A BIBLIOTECA:

Subtitle

A BIBLIOTECA:

Subtitle

Inicio | Avesribeirasacra

A BIBLIOTECA:

A BIBLIOTECA:

CREANDO EN POLOS (POLOS CREATIVOS):

Outro dos nosos sitios preferidos é Polos Creativos. Nese recuncho escondido do cole, podemos atopar os mellores entretementos e máis variadas actividades para deixar voar a nosa creatividade. Aprendemos xogando, de aí o chulo deste lugar!

CORPO EN FORMA (Educación Física)

Xermolo quere estar en forma e pasalo xenial, así que vai aprender cos rapaces de 5º e 6º de Ed. Primaria a facer Acrosport. Que pasada!!

MENTE SA (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN) :

E se algo precisamos de verdade para medrar e aprender é estar ben emocionalmente. Para iso é preciso conseguir relacionarse cos demais de xeito adecuado, estar atendidos segundo as nosas necesidades e que poidamos xestionar as emocións. Para axudarnos con todo isto está o Departamento de Orientación, que nos deixa esta reflexión:

MENTE SA (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN) :

Outra cousa que Lolo descubriu aquí en Chantada, foi que nos gusta moito conmemorar e ensinar todo o que sabemos. Aproveitando esa situación, dende o Equipo de Actividades Extraescolares, ademais de participar doutras actividades que podedes ver nesta revista, organizou tertulias onde os rapaces e rapazas poden aprender novos contidos das mans de profesionais, para que o seu desenvolvemento sexa completo. Pero se algo é moi noso, é conmemorar as datas que nos obrigan a non esquecernos do verdadeiramente importante:ser felices e facer felices aos demais!

Charla importancia dos incendios e como previlos dirixida a 3°, 4° e 5° de Primaria.

Charla importancia da Reciclaxe dirixida a 6° de Educación Primaria

harla no auditorio Municipal para conmemorar o 25 N dirixida a 5° e 6° de Educación Infantil e 1° e 2° de Educación Primaria

Charla Enxeñeiro da F1 dirixida ao alumnado de 6° de Primaria

MENTE SA (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN) :

Actividade organizada polo Concello contra o Acoso escolar no Auditorio Municipal de Chantada para 4° e 6° de Educación Primaria.

Charla Plan Director da Garda Civil dirixida ao alumnado de 6° de Educación Primaria

Charla Garda Real dirixida a 6° de Educación Primaria

MENTE SA (DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN) :

Visita do alumnado de 6° de Educación Infantil a AFA Chantada polo Nadal

Exhibición material de incendios no colexio

Mural na entrada do edificio principal para conmemorar o día Internacional contra a Violencia de Xénero

Mural na entrada do edificio principal para conmemorar o día Internacional contra a Violencia de Xénero

O GALEGO PRESENTE (EDLG) :

Ao igual que Xermolo non chegaría a existir sen que alguén o sementara, iso nos pasa aos nenos e nenas deste cole co galego. Cada día sementamos un pouquiño desta nosa lingua fermosa, para poder ter hoxe e nun futuro as mellores colleitas. Xermolo aínda non sabía falar moi ben, pero xa aprendeu a dicir: "Dígocho eu" e desfrutou das actividades que se propuxeron dende O EDLG este curso para celebrar a nosa lingua!

Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle

O GALEGO PRESENTE (EDLG) :

Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle

O GALEGO PRESENTE (EDLG) :

Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle
Subtitle
Pulsa enriba da imaxe para ver as fotos correspondentes!

O GALEGO PRESENTE (EDLG) :

Subtitle

O GALEGO PRESENTE (EDLG) :

Subtitle

FALAMOS INGLÉS :

Pero nun cole como o noso o plurilingüismo está á orde do día. Temos moitos idiomas vivos aquí. Xermolo estaba fascinado pois descubriu que as persoas podemos falar moitas linguas porque, sobre todo, entendémonos co corazón! Agora quere aprender tamén Inglés.

Subtítulo

Título 1

SOMOS ARTISTAS :

Xermolo xa coñecera moitas hortas do noso cole, pero aínda lle quedaban algunhas por descubrir. Agora tócalle o turno a ART, outra das nosas materias preferidas, nela a nosa savia creativa toma forma e permítenos expresarnos como o fan os máis grandes artistas!

Inicio | Avesribeirasacra

COÑECEMOS OS TESOUROS DA NOSA CONTORNA:

Cando pensou que xa nada máis podía descubrir cos nenos e nenas de Chantada, Xermolo descubriu que o cole estaba rodeado dunha zona natural e artística cun valor incalculable. Así que da man da profe de Relixión, puido descubrir os tesouros artísticos e patrimoniais da contorna:

Igrexa "vella" de Santa Mariña de Chantada
Igrexa de San Salvador de Asma

COÑECEMOS OS TESOUROS DA NOSA CONTORNA:

Igrexa de Santa María de Nogueira
Igrexa "nova" de Santa Mariña (Chantada)

PASATEMPOS E XOGOS:

07

PASATEMPOS E XOGOS:

07

PASATEMPOS E XOGOS:

07

Adiviñas:

PASATEMPOS E XOGOS:

07

Elixe a resposta que creas correcta e comproba:

DESPEDIDAS:

08

E pouco a pouco chegamos ao final desta viaxe. Agora despois de tanto tempo, descubrimentos, aprendizaxes e amigos que foi facendo de camiño, Xermolo converteuse nunha preciosa planta, que xa esta preparada para comezar unha nova etapa. Ao igual que a Xermolo, ao cal lle dicimos ata pronto, o mesmo imos facer cos nosos compañeiros e compañeiras de Sexto. Como o noso protagonista, comezan unha nova etapa para a cal lle enviamos os mellores desexos. A seguir florecendo rapaces e rapazas e non esquezades nunca as vosas raíces!

Sigamos cultivando a nosa lingua...

¡Ojo! En Genially utilizamos AI (Awesome Interactivity) en todos nuestros diseños, para que subas de nivel con interactividad y conviertas tu contenido en algo que aporta valor y engancha.