Sementando Igualdade
CEIP Plurilingüe Rubiáns - Curso 25/26
Índice
Día das uñas de cores
Ruralgram
Sementando ciencia
Visitas
8M: As flores do bo trato, rural-golden e charla sorpresa
25N : "Sementa o bo trato"
Día de Rosalía
Polo Día da Muller Rural, fixemos este Ruralgram. cada clase investigou sobre unha muller do rural que tamén está nas redes sociais. Descubrimos gandeiras e traballadoras que comparten o seu día a día e rompen estereotipos. Algunhas incluso nos enviaron vídeos, que podedes ver escaneando os códigos QR do mural.
árbore do bo trato
Polo 25N sementamos en vasos reciclados o que serían as flores violetas para o 8M, como símbolo do bo trato. Tamén creamos a árbore dos coidados: un talo negro que representa a violencia e mans violetas con mensaxes que amosan que o respecto e o coidado son o camiño para acabar con ela.
Animamos a toda a comunidade educativa a pintar as uñas como mostra de apoio e liberdade para expresarse. Ademais, volvemos ver o conto ¡Vivan las uñas de colores!, que o profesorado xa contara nun vídeo polo Día do Libro 2020. Foi unha forma de responder aos insultos a Borja Iglesias e de reforzar un cole de respecto e diversidade.
Horta no Peto
Charla Científicas
Charla Matemáticas
Visita Médicas
Poema
Polo Día da Muller e a Nena na Ciencia, descubrimos referentes femininos e aprendemos que as nenas tamén teñen lugar na ciencia, espertando curiosidade e novas vocacións. Ademais, fixemos un mural cun poema colectivo, un verso por clase, para lembrar que as mulleres do rural tamén fan ciencia.
8M
Plantamos as flores que agromaron das sementes do bo trato!
Rural-golden
Charla sorpresa
No 8M conmemoramos a igualdade bailando Golden, vestímonos de mulleres rurais con panos e delantais, e plantamos as nosas flores no Xardín de Rosalía. A profe Tania contounos a súa historia de superación, explicando como compaxinou os estudos co traballo nunha granxa familiar xunto á súa nai e á súa avoa, amosándonos o esforzo e a forza das mulleres do rural. Grazas Tania!
Visita Médicas
Horta no Peto
Charla Científicas
Charla Matemáticas
Realidades LGTBIQ+ : Iso non se pregunta... ou si?
Consentimento, bo trato e convivencia
Día do Pobo Xitano
Bo trato e prevención de violencias
Obradoiros de Educación afectivo-sexual
Charla 8M
Premios Irene
Ao longo do curso recibimos moitas visitas que nos axudaron a aprender sobre ciencia, saúde, igualdade, respecto e diversidade. Viñeron matemáticas, científicas, médicas, persoas expertas en educación afectivo-sexual e en prevención de violencias, así como voces que nos achegaron á diversidade e ás realidades do colectivo LGTBIQ+. Grazas a todas elas seguimos construíndo un cole máis xusto, informado e respectuoso.
Polo Día de Rosalía todo o cole traballou o poema Caldo de Gloria. Cada nena e neno levou para casa un mantel co poema e coa receita, que conseguimos da Casa de Rosalía. Ademais, fixemos unha dramatización na que representamos a Rosalía escribindo o poema e preparando o caldo. O profe Borja converteuse en chef e cociñou Caldo de Gloria para todo o cole, que puidemos probar despois da obra de teatro. A través deste traballo entendemos como Rosalía deu voz ás mulleres humildes do rural, que saían adiante como podían, e como foi quen de crear poesía nun tempo no que ás mulleres non se lles permitía ter voz.
A ciencia non sempre leva bata, ás veces ten terra nas mans. Escoita a auga, mira as follas, coida a vida sen mirar atrás. Na granxa tamén hai preguntas, tamén hai ollos que saben observar. As mulleres que saben da terra tamén fan ciencia, tamén saben investigar.
Porque ciencia é coidar, é esperar, é comprender. E nenas e nenos aprendendemos que a ciencia pode nacer do pé.
Científicas do mar (CSIC)
Polo Día da Muller e a Nena na Ciencia, participamos na videoconferencia “Misión Océano”, onde Gelines Louro, Paz Fernández e Inés Viana (investigadoras do Centro Oceanográfico da Coruña) explicáronnos o seu traballo como investigadoras. Ademais de aprender sobre o mar e a súa conservación, coñecemos de primeira man o papel das mulleres na ciencia, visibilizando profesións nas que tradicionalmente estiveron menos representadas. Foi unha oportunidade para espertar vocacións científicas e romper estereotipos.
Tania Rilo e Johanna Mollier
Polo Día da Muller e a Nena na ciencia, as médicas Tania Rilo Rodríguez e Johanna Mollier achegáronnos coñecementos sobre o corpo humano e a saúde. Resolveron as nosas dúbidas e puxeron en valor a importancia dos coidados e do benestar. A súa visita tamén serviu para visibilizar ás mulleres no ámbito sanitario como referentes próximos.
Horta no Peto
Nieves Pilar Vidal González, do CSIC, ensinounos como medran as plantas a partir das sementes e como podemos crear o noso propio pequeno banco de plantas. Comprendemos a importancia do contacto coa natureza e o respecto polos seus tempos. Esta actividade tamén nos axudou a valorar os saberes ligados á terra e aos coidados, moitas veces asociados ás mulleres e pouco recoñecidos como parte da ciencia.
Aquelar Sexoloxía
Nas charlas de AquelarSexoloxía traballamos aspectos fundamentais como o consentimento, os límites persoais, a intimidade e os coidados nas relacións. Dende unha perspectiva feminista aprendemos a identificar situacións de respecto ou de falta del, fomentando relacións sans, igualitarias e libres de violencias.
Eric Dopazo
No coloquio “Iso non se pregunta… ou si?”, Eric compartiu a súa experiencia como home trans e axudounos a comprender mellor as realidades LGTBQ+ e a diversidade afectivo-sexual. Foi un espazo seguro para resolver dúbidas, romper prexuízos e promover o respecto, entendendo a diversidade como un valor dentro dunha sociedade máis xusta e inclusiva.
CromosomosX
Con Bárbara, da asociación CromosomosX reflexionamos sobre a igualdade e a prevención de violencias a través do conto “Tratámonos ben”, de Lucía Serrano. Traballamos a importancia do bo trato, entendendo que a educación en igualdade é clave para construír relacións xustas e respectuosas.
Lorem ipsum dolor
Matemáticas
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod.
Polo Día da Muller e a Nena na Ciencia, Un grupo de matemáticas, entre elas Carla Pazos, trouxo propostas lúdicas para achegarnos ás mulleres científicas e matemáticas. A través de xogos e retos descubrimos referentes que moitas veces non aparecen nos libros, reflexionando sobre a falta de visibilidade das mulleres neste ámbito. Esta actividade axudounos a entender que o talento non depende do xénero e que é importante que as nenas se vexan capaces de formar parte do mundo científico.
Lorem ipsum dolor sit
- Lorem ipsum dolor sit amet.
- Consectetur adipiscing elit.
- Sed do eiusmod tempor incididunt ut.
- Labore et dolore magna aliqua.

Con motivo do Día do Pobo Xitano recibimos a visita de tres mulleres que nos axudaron a coñecer mellor a súa cultura e a romper prexuízos. Compartiron as súas experiencias e achegáronnos referentes positivos, destacando a importancia de que as nenas e nenos xitanos poidan estudar e decidir o seu futuro. Foi unha actividade moi importante para reflexionar sobre o respecto, a igualdade de oportunidades e a loita contra o racismo e o machismo, especialmente significativa para construír un cole máis inclusivo.

Sofía Fernández
Created on March 15, 2026
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Business Proposal
View
Project Roadmap Timeline
View
Step-by-Step Timeline: How to Develop an Idea
View
Artificial Intelligence History Timeline
View
Mind Map: The 4 Pillars of Success
View
Big Data: The Data That Drives the World
View
Momentum: Onboarding Presentation
Explore all templates
Transcript