Conto Letras Galegas 2026

ALBERTO BLANCO PENEL

Creado el 12 de marzo de 2026

Comienza a diseñar con una plantilla gratuita

Descubre más de 1500 diseños profesionales como estos:

Presentación Terrazo

Presentación visual

Presentación Relajante

Presentación Moderna

Presentación colorful

Presentación Estructura Modular

Presentación Cromática

Transcripciones

Todas as voces de Begoña

De- liberada-mente rebelde

Comezar

O 17 de maio é un día moi especial para todas as galegas e galegos, xa que festexamos a nosa lingua, o Día das Letras Galegas.
Esta é a verdadeira e máxica historia de Begoña Caamaño, a homenaxeada deste ano 2026.
O día que naceu Begoña Caamaño, no ceo, reflectíronse uns enormes e moi visibles planetas, estraños, diferentes, extraordinarios…
Un deles estaba feito todo, todiño de palabras, fermosas palabras en galego que se proxectaban por todo o firmamento. Mentres pequenas e rebuldeiras letras revoaban ao seu redor como minúsculas bolboretas.
Outro dos planetas, o que máis brillaba, tiña a forma dun corazón, un corazón que parecía latexar con forza e que, ao que o miraba, acollíao e reconfortábao, como querendo reflectir o carácter da pequena que acababa de nacer.
O máis esquinado de todos os planetas era como un altofalante que parecía querer falarlles ás xentes desde as alturas. Din, os que viviron esa noite, que aquel planeta quería comunicarse e anunciar que nacera Begoña, unha nena destinada a facer grandes cousas polas letras galegas e pola VOZ de todas as mulleres.
Begoña naceu e creceu na cidade de Vigo, entre xogos e risas, facendo amigos, indo aocole e lendo, lendo moitísimo. Lendo libros para nenas pero tamén os libros dos adultos a pesar de que, neles, as mulleres non tiñan voz.
O que non sabía a Begoña nena, a mesma que se preocupaba polas voces das mulleres, é que cando se fixese maior, ela tería un traballo moi especial, converteríase nunha VOZ. Si, nunha fermosa e poderosa VOZ!
Que as mulleres non tivesen VOZ preocupaba profundamente á nena Begoña…Como era posible que habendo millóns de libros as mulleres, neles, non tivesen voz?
Begoña traballou na radio, chegando, coa súa voz, a centos, a miles de oíntes. Era coma unha súper heroína da VOZ defendendo sempre aos que máis o necesitaban.
A VOZ de Begoña soaba en galego porque, para ela, o galego era un dos seus maiores tesouros. Grazas á nosa lingua, Begoña podía describir o universo e defender as causas máis fermosas.
Mais Begoña estaba destinada a algo máis que ser unha xornalista ou unha VOZ da radio. Ela soñaba con facer soar a voz doutras moitas mulleres, mulleres que ninguén escoitara.
E Begoña púxose a escribir as historias de mulleres antigas, mulleres ás que calaran os vellosescritos, mulleres silenciadas. Mulleres que nunca tiveron a oportunidade de ter unha VOZ.
E sendo a VOZ das mulleres, Begoña Caamaño converteuse nunha grande escritora, a escritora da voz de:
Morgana, muller intelixente e sabia que se enfrontaba ao intrigante meigo Merlín.
Circe, unha deusa meiga, forte e poderosa.
Penélope, a muller valente que desafiou a todos para conservar intacta a súa lealdade.
E así remata esta historia sobre Begoña Caamaño. Pero que saibades, nenas e nenos, que non remata a historia da súa voz, a VOZ de Begoña Caamaño quedará, para sempre, na nosa memoria. Memoria que hoxe recupera O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Fin

Comezar de novo