Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Bio ilustrada José Suárez //A

ALBERTO BLANCO PENEL

Created on March 4, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Urban Illustrated Presentation

3D Corporate Reporting

Discover Your AI Assistant

Vision Board

SWOT Challenge: Classify Key Factors

Explainer Video: Keys to Effective Communication

Explainer Video: AI for Companies

Transcript

Serie La Mancha

En 1959 regresa do exilio pero volve varias veces a Xapón, como por exemplo en 1960 cando visita a Akira Kurosawa mentres filmaba Os canalas dormen en paz. Nese momento tamén realiza a serie de La Mancha.En 1967 volve de novo a Galicia e expón Mariñeiros na sala da Caixa de Aforros de Vigo. Dende 1971 participou en tertulias no hotel Miño de Ourense, sendo moi querido por escritores como Carlos Casares o os “artistiñas”. José Suárez morreu en A Guarda no 1974. “Que o meu arquivo fotográfico sirva algún día para iniciar a fototeca que terá que xurdir.” (José Suárez, 1971)

Serie Vislumbre de el Japón

A serie fotográfica Vislumbre de el Japón trataba dunha visión do país e da paisaxe a través de 156 fotografías. Semellaba a dos fotoxornalistas de moda nese momento pero manténdose sempre distante da escena que fotografaba.

Serie Nieve en la Cordillera (1942), Chile

José Suárez sempre sentiu unha gran atracción pola neve e pola práctica do esquí. Ademais de facer un álbum dedicado as súas vivencias na neve, paisaxes e fotos de amigos, no ano 1942 publica o libro Nieve en la cordillera, que amosa o seu interese pola paisaxe e a luz dos Andes.

En 1953 viaxa a Xapón como corresponsal de El Día de Montevideo, onde pasa dous anos. Aquí comeza a apreciar a forma de sentir e de relacionarse coa natureza e comeza a ter un gran interese polo teatro Noh xaponés, caracterizado pola simplificación, a estilización e o simbolismo.

Serie Mariñeiros, 1936

No 1936 comezou coa productora CIFESA a rodaxe do documental de Mariñeiros no Morrazo e en Rianxo (inicialmente iban ser catro filmes), onde os protagonistas e os escenarios eran os mesmos que na serie fotográfica. O documental describía todo o proceso de pesca dende a preparación das redes ata a clasificación dos peixes, e o home anónimo galego era o máis importante. Estreouse no 1938 en Bos Aires. Nunca se estreou en Galicia e actualmente non se atopa ningunha copia.

Estudar Dereito en Salamanca foi determinante para a súa formación intelectual. Aquí entra en contacto coa Revista Occidente e coñece as ideas artísticas de Ortega y Gasset e Miguel de Unamuno, ao que retrata en numerosas ocasións. O propio Unamuno firma o prólogo de 50 Fotos de Salamanca (1932), un percorrido ao longo da cidade. As imaxes aparecen pegadas como nun álbum de fotos familiar e nestas non acostuma haber presenza humana, ao contrario que sucede no resto das súas obras. Neste intre participa activamente na Federación Universitaria Escolar (FUE) e colabora en revistas, como a viguesa Vida Gallega, realizando reportaxes como o da romería de San Vitorio.

José Suárez co seu can Mambrino en Punta del Este

Rodando La mujer y el jockey, 1939

En 1938 participa como responsable de fotografía de exteriores no filme Los carachos de La Florida.En 1939 dirixe La mujer y el jockey. Recibe o Cóndor de Ouro da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de Bos Aires pola fotografía do filme Malambo.

Suárez retrata en repetidas ocasións a súa muller Mary Santiago de Mirat con diferentes traxes. Nestas fotografías obsérvase unha certa semellanza coa fotografía de moda. Neste mesmo ano expón algunha das súas obras no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Salon l’Office National Espagnol de Turisme en París. Na primeira metade dos anos trinta, realiza un conxunto de series de gran interés etnográfico (como A Malla, Os Oleiros, ou Beiramar -imaxe á esquerda deste texto) que lembran os traballos sobre a producción industrial que aparecen nas vangardas europeas. Podemos ver nas series que realiza certa relación coa Nova Obxectividade no tratamento dos obxectos, pero nel sempre está presente a relación destes co home: “Nas miñas fotos sempre está o home ou polo menos a súa pegada.”

Serie Beiramar

Carta escrita polo can de José Suárez, Mambrino

José Suárez en Tokushima, 1954

Esta estancia de dous anos no Xapón influíu decisivamente na súa maneira de ver a vida e o teatro Noh foi unha das manifestacións artísticas que máis o conmoveron. Este caracterízase pola simplificación, a estilización e o simbolismo, que constitúen eixos fundamentais do xogo escénico. Para el, era unha das artes que máis se correspondía coa súa forma de entender a fotografía, especialmente no que se refire á simplificación dos elementos empregados e á posta en escena da propia vida.