Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Recomendacións lectoras

monicavieitesageitos

Created on March 4, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Transcript

Recomendacións lectoras

Comezar

Recomendacións lectoras

Prelectores e primeiros lectores

Lectores autónomos

lectores expertos

Lectores adultos

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

SUPERHEROES DA ESCOLA

A través dunha metáfora sobre os poderes dos superheroes, mostrarannos todos os segredos que deben coñecer as nenas e nenos para poderen converterse nuns auténticos superheroes no cole. Xogando coa dualidade entre texto e imaxe, os pequenos aprenderán as principais normas que deben cumprir os superheroes no cole: traballar sempre en equipo, axudar os demais, loitar contra as inxustizas ou dicir sempre a verdade, entre outras moitas...

¡Cuánto color!

Que será ese algo negro? Un ovo? Unha mancha de cor? Unha araña? Os máis pequenos tocan, xogan, saltan, experimentan e debuxan neste libro mentras toman decisións a medio camiño entre o mundo real e un colorido universo fantástico. As ilustracións propoñen un xogo onde as nenas e nenos descobren diferentes sorpresas en cada páxina. Estimula la creatividad dos peques con este libro interactivo, basado na neurociencia.

DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS

Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.

Experimentos con agua, aire y sonido

Sabes por que flotamos mellor na auga salgada? Queres aprender a fabricar un airbag caseiro? Serías capaz de ver o son? Este libro ilustrado ensina unha morea de ideas para que experimentes coa agua, o aire e o son, e descubras en cada caso que ocorre e por que..

LECTORES AUTÓNOMOS

Illas á vista!

Prepárate para coñecer en detalle e percorrer un lugar do que seguro oíches falar moitas veces... Na costa atlántica de Galicia espérate unha maravillosa aventura percorrendo as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O único en Galicia que ten unha diversidade de flora e fauna moi particular. Coñece detalladamente todo o que teñen e podes visitar, así como as normas e materiais necesarios para facer a túa propia ruta. Cunhas lentes de mergullo poderás descubrir os seus sorprendentes fondos mariños que están cheos de vida e cor. Adéntrate na súa historia e busca a túa propia aventura ata debaixo da auga. Espérante lendas, camiñatas, natureza e moitos datos que quizais non sabías deste parque tan especial.

Academia Mascota. La guía más animal.

Academia Mascota é unha guía infantil clara, visual e moi completa para aprender a coidar correctamente de calquera mascota. Explica de forma próxima que necesitan cans, gatos, aves, peixes, roedores e outros animais domésticos, desde a alimentación e a hixiene ata a educación, a saúde e a convivenvia. Este libro axuda a que os nenos e nenas entendan que unha mascota é un ser vivo que depende deles. Para entender á túa mascota... e que a túa mascota che entenda a ti.

Queco e Kika

Queco é un can vello e roñón que vive desde hai tempo na casa de Sara e Lara. Kika é unha cadela alegre e rebuldeira que acaba de ser adoptada pola parella. Queco está aborrecido coa chegada da nova inquilina. Kika está encantada coa nova vida e fai o posible por agradar para que non a abandonen, como xa lle sucedera no pasado. Mais as boas intencións non sempre son suficientes para evitar meter a pata ante o señor Ramón, o veciño rosmón que está empeñado en botar do edificio á familia diversa que formaron Sara e Lara. Unha novela chea de humor sobre a convivencia e o amor aos animais, que mereceu o VIII Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade.

Bob & Luna. Inteligencia Artificial. Robótica y ciencia.

Bob & Luna non é só un conto; é o primeiro libro ilustrado deseñado para que os nenos e nenas entendan a Intelixencia Artificial mentres xogan. Acompaña a Bob e a Luna nunha viaxe fascinante, onde cada letra do abecedario é unha nova e divertida misión para descubrir como funciona o futuro.

LECTORES EXPERTOS

Formigas: Misión Samaín

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Samaín» as FORMIG4S entran no Alén tras os pasos dun escaravello branco. Alí atópanse coa Santa Compaña e outros personaxes estraños. Serán quen de volver ao mundo real?

Erik y Noa y la sombra de Egipto

E se atopases unha caixa enterrada no teu xardín e, ao abrila, espertases a un poder capaz de cambialo todo? Así comeza a historia de Erik e Noa, dous irmáns mellizos que non imaxinan o que lles agarda. Este libro non é só unha historia. É tamén un xogo, no cal deberás resolver desafíos e descifrar códigos secretos para avanzar ao seguinte capítulo. Comeza a aventura!

Historia de Galicia en 30 obxectos

Disque os obxectos son quen de gardar o pasado e mantelo vivo para nós. Con este libro vas coñecer como elementos tan cotiáns coma unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo nos comunican coa historia de Galicia. Polas páxinas desta obra do historiador David Gesteira pasan libros prodixiosos, ferramentas do pasado, e multitude de historias do noso pobo.

Programa tus juegos con Scratch 3.0

Atréveste a crear o teu propio videoxogo? Este libro ten todo o que precisas para deseñar xogos increíbles. Aprende todo o necesario sobre a linguaxe de programación. Mellora as túas habilidades con cada proxecto. Segue as instrucións deste libro e evoluciona de ser só un xogador a ser un creador de videoxogos!

lectores adultos

Infamia

Emma Cruz é avogada e profesora de dereito penal. Trasládase á pequena vila gallega de Merlo para dar clases na universidade, sen decatarse de que o lugar está marcado pola traxedia. Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela trepidante que atrapa o lector e o leva aos límites da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura.

Las ventanas sin rejas.

Esta é unha historia sobre a privación e a liberdade, os prexuízos e os xuízos, o rexeitamento e a comprensión. Explora todos os contrastes inherentes á humanidade, unha palabra tinguida de escuridade, a mesma escuridade que fai que as estrelas brillen aínda máis.

Educar con sentido común.

A crianza con sentido común ensínache todo o que necesitas saber desde o nacemento ata a adolescencia, esa etapa que adoita ser difícil. Unha guía práctica e completa para criar ben os fillos e con bo criterio. A chegada dos fillos trae medos e inseguridades para os futuros pais. Ademais das ansiedades típicas dos pais primerizos («Que coidados debemos ter durante o embarazo?», «Que nome debemos poñerlle ao bebé?», «Por que chora o bebé?»), está sempre presente a pregunta: «Estamos a facelo ben?». Deixa de preocuparte por todo: a súa comida, o seu rendemento escolar, a súa tranquilidade, os seus xogos constantes, o uso de internet ou do móbil, ou as súas crecentes saídas de fin de semana... É hora de aprender a criar os teus fillos con sentido común.

Boas vacacións!