Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O documento do tratado recolle o libre comercio dunha gran variedade de produtos entre ambas as zonas. Reduciranse ou eliminaranse aranceis

Maquetación (Nerea)

Created on February 26, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Timeline Lines Mobile

Major Religions Timeline

Timeline Flipcard

Timeline video

Images Timeline Mobile

Sport Vibrant Timeline

Decades Infographic

Transcript

O documento do tratado recolle o libre comercio dunha gran variedade de produtos entre ambas as zonas. Reduciranse ou eliminaranse aranceis para importar produtos desde a UE e para favorecer tamén as exportacións europeas.

1999

1991

Inicio oficial das negociacións entre a UE e o Mercosur

Creación do Mercosur

2024

2019

Acordo político

As preocupacións ambientais xeran controversias

2026

Firma oficial do acordo

Inicio oficial das negociacións entre a UE e o Mercosur

A relación entre a UE e o Mercosur remóntase a 1999, cando entrou en vigor o Acordo Marco Interrexional de Cooperación. Desde entón, as negociacións dun acordo de asociación entre a UE e o Mercosur atravesaron diferentes etapas

As preocupacións ambientais xeran controversias

O 28 de xuño de 2019, anunciouse un principio de acordo de libre comercio entre o Mercosur e a UE no transcurso do cumio do G20 de Osaka (Xapón). Nese momento, as preocupacións ambientais foron un dos puntos principais de fricción, impedindo o avance das negociacións.

Firma oficial do acordo

O 9 de xaneiro de 2026, o Consello deulle luz verde á sinatura de ambos os acordos. Posteriormente, o 17 de xaneiro, tivo lugar en Paraguai unha cerimonia de sinatura do pacto. Doce días máis tarde, o Parlamento Europeo votou a favor de remitir o acordo ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para que o revisase. Non obstante, o Alto Tribunal podería tardar ata dous anos en responder. Mentres tanto, a Comisión Europea xa expresou a súa intención de instaurar a parte comercial do pacto.

Creación do Mercosur

O Mercado Común do Sur (Mercosur) é unha alianza comercial creada en 1991 pola Arxentina, O Brasil, O Uruguai e Paraguai, e conforma a unión comercial máis grande de América do Sur. Entre estes catro países existe unha libre circulación de bens e servizos.

Acordo político

O 6 de decembro de 2024, a UE alcanzou un acordo político co Mercosur para un pacto de asociación integral que constaría de dous piares: un relativo á cooperación política e outro ao comercio e aos investimentos.