Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

REVISTA HORTOCOLIÑA FEBREIRO 26

Hortocoliña

Created on February 16, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Newspaper Presentation

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Transcript

REVISTA HORTOCOLIÑA

Febreiro 26

O PELIQUEIRO

O alumnado de 1º investigou sobre o Entroido e máis concretamente sobre os Peliqueiros. Aquí vos deixamos unhas imaxes para vexades o ben que o fixeron.

Rapaces e rapazas, o entroido vai comezar e aquí os mandados que o meco vai ordenar. E ordenar, ordenou que estes mandados sexan encadeados. LUNS Para a semana empezar algo dourado terás que levar. MARTES Se os pés queres lucir os calcetíns por fóra han vir. MÉRCORES Para guapo estar sombreiro ou pano na cabeza terás que levar. XOVES Ben o pasarás e co disfrace que ti queiras virás. VENRES Chegou o día do desfile todos xuntos a gozar dunha festa sen igual.

Para a semana empezar algo dourado terás que levar.
Lazos dourados para facer visible o Día Internacional do Cancro Infantil.
Se os pés queres lucir cos calcetín por fóra terás que vir.
Cumprimos co mandado do mércores.

O MUNDO MARIÑO CHEGOU AO COLEXIO: PEIXES, MEDUSAS, CABALIÑOS DE MAR,...

Como todos os anos, no Día de Rosalía, as nenas do club de teatro de 6º foron polas aulas compartindo cos seus compañeiros e compañeiras, unha representación da vida e obra de Rosalía preparada por elas.

Na entrada do cole fixemos un xardín para Rosalía, que conta cun taboeiro en madeira coa súa imaxe gravada. Despois ao longo da semana os nenos e nenas acompañados dos mestres/mestras, foron a recitar poemas mentres plantaban a súa planta: margarida, ciclamen, gerbera, rosa, primaveras, azaleas,...

Escollemos os poemas para recitar do Herbario de Rosalía

O 23 de febreiro o noso cociñeiro Pepe preparounos un Caldo de Gloria, que estaba moi saboroso. A Fundación Rosalía de Castro agasallounos con manteis co poema.