Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TECENDO VIDA

ceipdeandrade5

Created on February 7, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

COIDANDO A VIDA

PDI 2025/26

TECENDO VIDA

UNHA VIAXE POLOS ECOSISTEMAS

Empezar

Contidos

Neste curso 2025/26, a rapazada do colexio está a pescudar información sobre os diferentes ecosistemas de Galicia . Algún destes contidos leváronos á radio ,para facer partícipe a toda a comunidade educativa, coa escoita dos diferentes programas radiofónicos elaborados. Aquí vos deixamos cos podcasts, para que gocedes deles. Premede nas imaxes!

AS rÍAS ALTAS 3º ep

OS RÍOS 1º E 2º ep

AS FRAGAS DO EUME INFANTIL

AS ILLAS ATLÁNTICAS 6º ep

AS rÍAS BAIXAS 4º ep

AS MONTAÑAS e serras 5º ep

As Fragas do Eume

A rapazada de Infantil está aprendendo moitas cousas do parque Natural das Fragas do Eume, e como presentación agasállannos cunha canción . Fragas do Eume, sagradas, templo vivo da beleza, no voso río respira a alma da natureza.

Auga doce : Os ríos

O alumnado de 1º e 2º de primaria, están a traballar os ríos de Galicia, e para presentar o seu proxecto deleitáronnos cun recitado dun poema de Manuel María. Miño, Sil, Eume, Ulla, nomes que soan a vida, fíos de auga que tecen a terra que nos abriga.

As Rías Altas

Magnífico alumnado que está a tecer vida polas rías altas da nosa terra galega, onde os ecosistemas están cheos de vida e a natureza está en estado salvaxe. Rías Altas, terra forte, de mar, de pedra e de calma, no teu peito o Atlántico bate co pulso da alma.

As Rías Baixas

A rapazada de 4º de primaria está pescudando sobre os ecositemas que están presentes nestas rías. Estupendo traballo!!! Rías Baixas, terra amada, eco de forza e beleza, no teu azul reflíctese a alma da natureza.

Montañas e Serras

Polas serras galegas está moi interesado o alumnado de 5º de primaria, pois quere aprender e coidar moito destos ecosistemas de altura. Pena Trevinca, tan alta, teito de pedra e silencio, no teu cumio o mundo cala e o corazón fica atento.

Illas Atlánticas

Aquí chega a rapazada de 6º de primaria, navegando polo océano para coñecer de preto , o patrimonio natural e ecolóxico das nosas illas. Illas Atlánticas, sagradas, refuxio da natureza, no voso eco resoa a alma da terra galega.

¡tezamos vida, para gardar o latexo do noso planeta!

Biblioteca Soños de Andel