Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TEXTOS NARRATIVOS O diario 4

nivecaro

Created on February 4, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Higher Education Presentation

Psychedelic Presentation

Harmony Higher Education Thesis

Vaporwave presentation

Geniaflix Presentation

Vintage Mosaic Presentation

Modern Zen Presentation

Transcript

TEXTOS NARRATIVOS O diario

Diario final: Un día especial contado con detalle

que hacemos hoxe?

Imos escribir un texto narrativo en forma de diario no que:

  • Contedes un día especial da vida cotiá.
  • Dentro dese día debedes destacar un instante concreto con máis profundidade.
  • Empregade os sentidos (oído, tacto, olfacto, vista, gusto) nas vosas descricións.
  • Expresade os vosos pensamentos e emocións con claridade.

antes de escribir

Escolle un día:
  • Pensa nun día que recordes ben:
  • Algo importante que pasou na escola.
  • Un momento familiar.
  • Un reto superado.
  • Un día diferente ao habitual.
👉 Non ten que ser extraordinario, só significativo para ti.

instante clave

Dese día, selecciona un momento especial:

  • Unha conversa.
  • Un xogo.
  • Un erro.
  • Unha sorpresa.
  • Unha emoción forte...
💡 Este será o momento que describirás con máis detalle.

ORGANIZA O TEXTO

O texto debe ter:

  • Data
  • Inicio: presenta o día.
  • Desenvolvemento: conta o que pasou.
  • Instante clave: descrición detallada con sentidos.
  • Peche: reflexión ou pensamento final.

PREGUNTAS QUE ME PODEN AXUDAR

  • Onde estaba?
  • Con quen?
  • Que pasou antes dese momento?
  • Que pasou xusto nese instante?
  • Que sentín no corpo?
  • Que vin, escoitei, toquei, cheirei ou saboree?
  • Que pensei despois?

no MEU TEXTO :

  • Escribo en primeira persoa.
  • Uso conectores temporais: pola mañá, máis tarde, nese momento, ao final.
  • Non teño présa. Non conto todo igual: o instante clave leva máis espazo.
  • No instante clave: uso frases curtas, escribo un sentido por frase, coido as miñas palabras...
  • Expreso emocións sen dicilas directamente
En vez de:❌ “Estaba nervioso.” ✅ “O corazón latexaba rápido e non deixaba de mirar a porta.” Remato cun peche reflexivo: algo que aprendín, un pensamento tranquilo, un cambio de emoción.

tips para un diario

  • Menos é máis: mellor poucas frases ben descritas.
  • Mestura frases curtas e longas.
  • Evita repetir sempre os mesmos verbos (facer, ir, estar).
  • Non expliques todo: deixa que o lector o imaxine.
🧠 Recursos útiles
  • Lista de emocións: tranquilo, sorprendido, inseguro, orgulloso, aliviado.
  • Conectores temporais: entón, nese instante, pouco despois, finalmente.
  • Verbos sensoriais: escoitar, notar, percibir, rozar, respirar.

comproba:

Antes de entregar, comproba:
  • Hai data.
  • Escribín en primeira persoa.
  • Conto un día especial.
  • Hai un instante clave ben descrito.
  • Uso varios sentidos.
  • O texto ten inicio, desenvolvemento e peche.
  • Revisei ortografía e puntuación.

TEN EN CONTA QUE:

  • Usaremos un folio branco. Deixamos marxe á: esquerda, dereita, arriba e abaixo.
  • Cabeceira: poñemos nome, apelidos e a data.
  • Título:"... ", debe ir centrado e subliñado ou en maiúsculas.
  • O texto debe ter polo menos 15 liñas completas.
  • As frases deben estar ben ligadas con conectores.
  • Presentación: letra clara, limpa, ordenada e sen faltas de ortografía. Sen borranchos nin manchas.
  • Decoración final: engade un debuxo pequeno relacionado co texto. Tamén podes facer un marco debuxado arredor da folla.