ECOLOXÍA DE APRENDIZAXE
Benvida/o á miña Eda
Actividades
Recursos dixitais
Interaccións
dormitorio
Identidade profesional
Motivación
Valores e crenzas
¿formación continua?
Cambio como condición
Entendo o cambio e a evolución como inherentes ao ser humano. A aprendizaxe non é un proceso puntual, senón unha construción permanente ao longo da vida que require unha actitude activa e reflexiva.
Relaciones persoais (confianza e diálogo)
As interaccións persoais configuran un espazo de aprendizaxe relacional onde se constrúe criterio, se negocian significados e se resignifican experiencias.
Construción de
Principais axentes
- Contraste de ideas
- Apoio emocional
- Revisión de posicionamentos
- Amistades doutras disciplinas
O uso destas ferramentas require pensamento crítico, selección de fontes e autorregulación.
Autodidacta e intereses
A aprendizaxe autodidacta ocupa un lugar central na miña Ecología de Aprendizaxe ao responder a unha decisión consciente de ampliar coñecementos e explorar intereses propios máis alá das esixencias curriculares. Neste tipo de actividade, son eu quen identifica necesidades formativas, selecciona contidos e regula o ritmo e as estratexias de aprendizaxe. A lectura autónoma, a escoita de podcasts, o visionado de contidos divulgativos ou a consulta de materiais especializados permiten profundar en temas de interese persoal e profesional, así como actualizar coñecementos en función das inquietudes ou retos que van xurdindo.
Autonomía e responsabilidade
A educación non consiste só en adquirir coñecementos, senón en aprender a deliberar e asumir a responsabilidade das propias decisións. Desenvolver criterio implica revisar os valores herdados e decidir cales integrar de maneira consciente.
Como sinala Fromm en "El miedo a la libertad":Cando delegamos constantemente nos demais evitamos o risco do erro, pero tamén renunciamos a construír unha vida verdadeiramente elixida.
Desde esta perspectiva, a miña Ecoloxía de Aprendizaxe oriéntase cara á autonomía crítica e á responsabilidade persoal como principios estruturadores do desenvolvemento profesional.
A pedagoXía comA responsabilidade ética ante a complexidade humana.
Educar non é fabricar individuos, senón acompañar procesos de construción libre, situada e consciente
Proxección profesional (motivación en evolución)
Conciencia crítica (orixe motivacional)
Xunto a esta convicción persoal, recoñezo tamén unha dimensión motivacional vinculada á forma en que desexo situarme profesionalmente. Aspiro a ser percibida como unha orientadora rigorosa, fundamentada teoricamente e capaz de argumentar as súas posicións desde a responsabilidade. O recoñecemento non se vincula aquí ao aplauso, senón á validación dunha práctica coherente entre pensamento e acción. Neste sentido, anticípanse elementos da miña identidade profesional, aínda que aquí se formula como parte da motivación que sostén o meu proceso formativo.
Ao revisar algúns comentarios críticos de Bacharelato, identifiquei unha constante: a defensa do pensamento crítico e o rexeitamento da ocultación como forma de manipulación. Xa entón entendía a educación como un espazo para ofrecer ferramentas que permitan construír criterio propio. A miña motivación nace desa posición ética ante a complexidade social e educativa, e da necesidade de comprender antes de intervir.
Aprendizaxe informal e reconstrución reflexiva
A aprendizaxe informal na miña Ecología de Aprendizaxe emerxe a través da reflexión posterior sobre experiencias vividas, interaccións cotiás e situacións non planificadas. Non se trata dun proceso estruturado nin necesariamente intencional no momento en que ocorre, senón dunha elaboración posterior que permite resignificar vivencias e integrar novos marcos interpretativos. Conversas espontáneas, conflitos persoais, exposición a realidades diversas ou o visionado de contidos culturais como o cine poden converterse en oportunidades de aprendizaxe cando son sometidos a análise e revisión crítica.
Interaccións profesionais
Mediación experta e estruturadora
Procuro situarme de maneira activa nas relacións profesionais, participando no diálogo con docentes, compañeiras/os e responsables nos contextos de estudo e traballo. Estas interaccións non son espazos de recepción pasiva, senón oportunidades para contrastar ideas, solicitar retroalimentación e ampliar marcos de referencia.
De maneira puntual, recorro tamén a ex docentes ou profesionais con maior experiencia para obter orientación situada e validación experta.
- Supervisión
- Orientación externa
- Profesorado, titores, mentoras
- Compañeiras de máster, prácticas, traballo
- Persoas con máis experiencia
Aprendizaxe formal como estrutura vertebradora
As actividades de aprendizaxe formal constitúen o eixo estruturador da miña Ecología de Aprendizaxe, ao proporcionar marcos teóricos, metodolóxicos e normativos que orientan o meu desenvolvemento profesional. Trátase de espazos planificados, regulamentados e acreditables que permiten dotar de coherencia e lexitimidade académica ao conxunto do meu percorrido formativo. Ademais, estes contextos non operan de maneira illada, senón que dialogan con outras experiencias de aprendizaxe, facilitando a integración de coñecementos e a súa contextualización práctica.
Aprendizaxe non formal como experiencia situada
As actividades non formais na miña Ecología de Aprendizaxe caracterízanse por xerar aprendizaxes no propio momento da experiencia. Trátase de contextos estruturados ou semiestruturados que, aínda que non sempre conducen a unha acreditación oficial, implican unha participación activa e intencional. Neste sentido, a aprendizaxe prodúcese de maneira inmediata, a través da vivencia directa e da interacción co entorno.
Estas permítenme adquirir competencias directamente a través da acción. Nestes espazos desenvólvense habilidades sociais, capacidade de adaptación a contextos diversos, apertura a culturas e realidades diferentes, así como unha maior conciencia sobre a xestión emocional e a regulación das propias respostas ante situacións complexas, así coma organización e planificación.
Un bo profesional non é quen posúe respostas pechadas, senón quen se permite dubidar, revisar crenzas e desaprender esquemas que xa non resultan funcionais. A reflexión constante convértese así nun principio estruturador do meu desenvolvemento profesional.
Non admiro figuras pasivas. Valoro profesionais que interveñen antes do silencio e non evitan o conflito cando está en xogo o benestar.
Que tipo de orientadora admiro?
Orientadoras que entenden a intervención como tarefa compartida e non como responsabilidade illada.
Intervención activa
Título
Mirada transversal
Autoridade con cercanía
Pensamento crítico
Capaces de combinar rigor técnico e vínculo humano.
Que cuestionan marcos normativos e non reproducen discursos simplificadores.
Usa esta cara para dar más información sobre un tema.
Que buscan cambios reais, non solucións puntuais.
A continuación preséntase os "ingredientes" que admiro nunha figura orientadora
Intervención sostible
Subtítulo
E ASÍ SERÍA...
A orientadora que quero chegar a ser:
Non teño que exercer todas á vez, pero sí equilibralas para un desenvolvemento profesional coherente coa miña identidade
Factores que forxaron a miña identidade incipiente
A miña identidade como orientadora foi configurándose a partir da exposición a contextos educativos diversos, tanto formais como non formais. A experiencia en diferentes espazos (centros educativos, prácticas, ámbitos comunitarios e de lecer) permitiume contrastar modelos, cuestionar inercias e ampliar a miña concepción da educación. A diversidade de realidades, perfís e situacións ás que me fun achegando obrigoume a revisar categorías previas e a diferenciar entre educación como transmisión e educación como acompañamento. Estes cambios de mirada non foron lineais, senón progresivos, e foron esculpindo unha identidade profesional máis crítica, contextual e consciente dos límites e posibilidades da intervención orientadora.
Ecoloxías
Caballero Barros Lucía
Created on February 4, 2026
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Quiz
View
Geographical Challenge: Drag to the map
View
Decisions and Behaviors in the Workplace
View
Process Flow: Corporate Recruitment
View
Weekly Corporate Challenge
View
Wellbeing and Healthy Routines
View
Planets Sorting Game
Explore all templates
Transcript