O GUERNICA DE PABLO PICASSO
Ana Elisa González
O Guernica” de Picasso é unha obra que seguro que coñeces ou da que oíches falar , pero para que a entendas e a coñezas profundamente, imos explicar en que está baseado e cada un dos seus persoaxes de xeito sinxelo. Autor: Pablo Picasso (España) - Ano: 1937 - Estilo: Cubismo - Técnica: Óleo sobre lenzo.
Que é Guernica?
Guernica é un municipio situado no norte de España (Biscaia), que sufríu o bombardeo liderado polos alemáns e italianos o 26 de abril do mesmo ano da creación do cadro, durante a Guerra Civil Española.
Por que foi bombardeado o pobo de Guernica?
Existen varias teses respeto ás razóns polas que o pobo foi bombardeado: 1) A intención dos alemáns e italianos de destruir Guernica. Esta primeira tese baséase en dúas probas, a primeira é a utilización de bombas incendiarias e explosivas cuxa
explicación segundo os defensores desta tese, era a destrución da cidade. A segunda proba é que a utilización destas bombas eran para derrubar a ponte de Guernica ou impedir a retirada do exército vasco. Nembargantes, a ponte non foi alcanzada, e quedou intacta.
2) Outra das ideas expostas sobre o bombardeo é que Franco (ditador de España no devandito ano) deu o visto e prace para que alemáns e italianos fixesen probas das súas bombas incendiarias e explosivas no pobo.
A destrución foi tan grande que provocou un intenso fume, polo que os últimos bombardeiros, ao non poder ver os obxectivos, descargaron as bombas a cegas. O incendio provocado polo bombardeo non se puido apagar ata o día seguinte, en gran parte debido á inexistencia dun parrque de bombeiros.
Que atopamos na cadro?
O Guernica, con 3,5 metros de alto e 7,8 metros de ancho, é un cadro simbólico onde atopamos figuras organizadas en triángulos onde o vértice é a lámpada e como base o corpo do home morto.
É un cadro pintado con blanco e diferentes tons de negros e grises, técnica chamada “Grisalla”.
O TOURO
Símbolo moi utilizado polo pintor. Pintado por Picasso para representar a brutalidade e a escuridade. O seu aspecto aterrorizado ao ver coa súa mirada fixa e escoitar coassúas orellas puntiagudas a masacre representa o autorretrato do propioartista, quen se sente arrepiado do mesmo xeito na que quixo representalo.
Con isto, quería conseguir que a humanidade se decatase da barbarie que tivo lugar.
NAI CO SEU FILLO MORTO EN BRAZOS
Atopámola aos pés do touro, protexida por el. De igual xeito, que a crucifixión representa o sufrimento do home, a Piedade representa a inexplicable dor dunha nai ante o seu fillo morto. E é niso, no que Pablo Picasso se baseou para crear a figura que agora analizamos. el.
Á esquerda a figura de “O Guernica” de Picasso. Á dereita, “La Piedad” de Miguel Ángel.
Fíxate na cabeza do neno asasinado, está caída e os seus ollos carecen de pupilas polo que asumimos que o pequeno faleceu. Agora fíxate na cabeza da muller, os ollos en forma de bágoa representan a dor fronte á morte antinatural dun fillo.
A súa lingua puntiaguda móstranos un berro desgarrador, a súa cabeza colocada mirando cara ao ceo ou quizais mirando ao touro, representa a procura de consolo.
O SOLDADO MORTO
Sitúase na base do triangulo principal antes mencionado, o cal atopamos decapitado e co brazo mutilado. Representa a todos aqueles que combaten pola súa ideoloxía.
No brazo atopamos unha espada rota xunto a unha flor, a cal representa a esperanza dun mundo novo e mellor.
A POMBA
Case invisible atopamos a esta pomba simbolizando a paz rota. E é que Picasso trazou simplemente a súa silueta para que adquirise o mesmo cor que o fondo e deste xeito, representar unha paz ensuciada polos bombardeos.
Se observamos máis de preto a pomba, vemos que está implorando o cesamento da violencia.
O CABALO
Personaxe central da obra, debido ao tamaño que ocupa e a súa posición.
Cunha lanza atravesándoo mortalmente no lombo con forma de rombo, Picasso tenta dar importancia ao horror, dor e brutalidade vividos naquela época. Este personaxe simboliza a xente, as vítimas.
AS LUCES OU LÁMPADAS
Atopamos dúas luces no cadro, situadas no alto da pirámide antes mencionada. Por unha banda, atopamos a lámpada máis grande, a cal representa un gran ollo que todo o ve, entón poderíamos dicir que simboliza a Deus.
A outra lámpada de queroseno máis pequena é utilizada por unha muller (a cal representa a República) para observar aterrorizada o horror do bombardeo e para mostrar a masacre que alí levou a cabo.
MULLER SUXEITANDO UNHA LÁMPADA
Este personaxe representa a República, arrepiada polo desastre e iluminando o cadro. Leva a man ao peito como mostra do seu horror e o seu estado de shock, un símbolo patriótico.
MULLER COXA OU DE XEONLLOS
Á dereita do cadro atopamos unha muller que, arrastrando unha das súas pernas, parece fuxir do desastre, arrastrando a súa perna inchada nun movemento de grande lentitude.
Representa o intento dos sobrevivintes de escapar do bombardeo e do seu destino.
HOME EN CHAMAS
Á dereita do cadro atopamos tamén un home en chamas simbolizando todas aquelas persoas vítimas das bombas incendiarias. Podemos observar como alza os seus brazos implorando aos avións que cesen o horror.
Este personaxe, está inspirado no cadro de Goya “El tres de Mayo de 1808″ en Madrid.
O bombardeo de Guernica deu a volta ao mundo grazas ao cadro de Pablo Picasso, pero esta gran obra mestra é moito máis, é un símbolo universal da loita contra todos os abusos dos conflitos armados.
"No, la pintura no está hecha para decorar las habitaciones. Es un instrumento de ofensivo y defensivo contra el enemigo".
Pablo Picasso
O cadro, que foi pintado por Picasso en Paris no ano 1937, estivo na decada dos 40 (momento no que Franco mandaba en España) custodiado no Museo de Arte Moderno de Nueva York aínda que o artista expresou a súa vontade de que fose devolto a España cando volvese ao país a democracia. En 1981 a obra chegou finalmente a España ,e, dende 1992, está no Museo Reina Sofía de Madrid, onde se atopa en exhibición permanente.
ALGUNHAS CURIOSIDADES DE PABLO PICASSO!
O verdadeiro nome de Pablo Picasso é Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Crispín Crispiniano de la Santísima Trinidad Ruiz y Picasso.
A súa primeira palabra foi "lápiz" e aos 9 anos creou a súa primeira pintura "El Picador".
Foi sospechoso do roubo da "Mona Lisa" en 1911, sendo interrogado pola policía xa que tiña conexións con ladróns de arte.
Amante dos animais: tivo por mascotas cans, gatos, monos, loros. Algúns convertíronse en modelos para as súas obras.
As súas derradeiras palabras foron famosas: "Bebed a mi salud, ya que yo no puedo beber más" e inspiraron unha canción de Paul McCartney: "Drink to me".
O GUERNICA DE PABLO PICASSO
Anaegf
Created on January 31, 2026
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Terrazzo Presentation
View
Visual Presentation
View
Relaxing Presentation
View
Modern Presentation
View
Colorful Presentation
View
Modular Structure Presentation
View
Chromatic Presentation
Explore all templates
Transcript